Existen leis inxustas: Debemos someternos a elas e cumprilas, ou debemos intentar corrixilas? E debemos seguir obedecéndoas até que sexan admitidas as nosas correcións, ou transgredilas imediatamente? As persoas en xeral pensan que baixo un governo como este o melhor é esperar até teren persuadido á maioría da necesidade de cambialas. A súa opinión é que de se resistiren a cumprir a lei o remedio pode ser peor que a enfermidade. Mas é precisamente culpa do proprio governo que así sexa. É o governo quen fai todo mais conflitivo. Por que non é mais capaz e se anticipa a promover as reformas precisas? Por que non sabe valorar á sabia minoría? Por que berra e resiste antes de ser sequera atacado? Por que non estimula aos seus cidadáns a manterse alerta para sinalar os seus erros? Por que sempre crucifica a Cristo, excomunga a Copérnico e a Lutero, e declara rebeldes a Washington e a Franklin?
(...) Se a inxustiza forma parte da necesaria frición da maquinaria do governo, deixade que siga: quizá chegue a suavizarse co roce; a maquinaria sen dúvida ha de desgastarse. Se a inxustiza ten un resorte, unha roldana, unha corda ou unha manivela para o seu funcionamento, quizá consideredes que o remedio pode ser peor que a enfermidade. Mas se ela for de tal natureza que requira da vosa participación como axentes da inxustiza cara outros, entón anímovos a quebrantar a lei. Facede que a vosa vida sexa un contrapeso que detenha a maquinaria. O que debo facer é coidar de que de modo algún eu participe dos mesmos males que condeno.
O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.