caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Ramona Maneiro
> Ramona Maneiro <

Valente e desenvolta, Ramona Maneiro dixo o que tinha que dicir. Mais elegante que nunca, mais fermosa que nunca, Ramona acudiu onte a un programa de televisión e confesou o que todos xa sabiamos: que foi ela quen lhe achegou a Ramón Sampedro o cianuro co que este puxo fin á súa vida. Sete anos despois da morte de Sampedro neste país non se deu un só paso adiante no tema da eutanasia. Se Ramón Sampedro estivera aínda vivo tería que facer o mesmo que fixo entón para morrer: procurarse un veneno de xeito furtivo e sufrir uns padecementos innecesarios.

E é que as leis, que só deben servir aos homes, parecen ás veces escritas para servir a uns deuses que non existen.

2005-01-11, 01:00 | 11 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/25274

Comentarios

1
De: Martin Pawley Fecha: 2005-01-11 03:20

Aquí tenhen a páxina de Informativos Telecinco que fala do asunto. Aí polo menos ponhen ben o nome dela, porque na do programa de Ana Rosa empénhanse en chamala "Ramona Madeira"...



2
De: Martin Pawley Fecha: 2005-01-11 04:10

E por se a alguén se lhe escapou, aquí está o que escribín sobre o Mar Muermo de Amenábar.



3
De: Xosé Antón Fecha: 2005-01-11 10:50

Non estou de acordo en que fose tan acertado confesalo agora xa que como dicías todo o mundo o sabiamos. O de dicilo explicitamente paréceme un certo a fán de protagonismo.



4
De: dot Fecha: 2005-01-11 12:43

Eu non vin en que termos ou en que actitude o declarou, pero si creo que pode ser unha estratéxia productiva para mudar as leis que alguén se auto-inculpe abertamente dun delicto abrsurdo.
Que o puido facer enviando unha nota de prensa, dacordo, que ás tvs só lle interesa a audiencia, tamén, pero, digánme, qué diferencia hai entre os telexornais e os programas anarrossas?



5
De: Maite Pérez Fecha: 2005-01-11 18:56

Yo no he comprendido la razón de esta "confesión", en este momento. Ni la gran difusión mediática del hecho en sí.
¿Alguien me lo puede explicar...?



6
De: Israel Barros Fecha: 2005-01-11 23:02

Grande Martin. 2004 teve dias 'estranhos' no sentido portugues da palavras. Passo para desejar um grande 2005 pra voce!
Abraços,



7
De: Xosé Antón Fecha: 2005-01-12 00:42

Como era de agardar, nesta segunda xornada xa se produciu o o bis a bis entre Ramona e a familia Sampedro. Supoño que o venres veremos a disputa en Salsa Rosa. Lamentable.



8
De: Martin Pawley Fecha: 2005-01-12 00:45

O que fagan no sucesivo non me preocupa, realmente. O ideal sería que non fixesen diso un circo, claro, mas iso non invalida o acto de onte de Ramona.



9
De: Martin Pawley Fecha: 2005-01-13 21:36

In-te-re-san-tí-si-ma para os que queiran saber mais de Ramona Maneiro, o seu encontro dixital cos leitores de El Mundo.



10
De: Galega Fecha: 2005-01-31 23:32

Como ya le dije en otro post, lo de Ramón Sampedro no es eutanasia, sino suicidio puro y duro.



11
De: Martin Pawley Fecha: 2005-01-31 23:45

Eutanasia: 1. Muerte sin sufrimiento físico. 2. Acortamiento voluntario de la vida de quien sufre una enfermedad incurable, para poner fin a sus sufrimientos



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.224.230.51 (75e616cf27)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley