caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Turistas
> Turistas <

Ao informar sobre a colosal traxedia no Índico algúns medios de comunicación están amosando un desmesurado interese polos turistas falecidos ou feridos que a min non deixa de resultarme algo soez. Parece como se diferenciasen en dous tipos de categorías humanas: os turistas, tanto ten a súa procedencia, é dicir, xente coma nós, e os outros, que a ollos dos europeos peor informados parecen sempre unha masa indiferenciábel de individuos esfarrapados abafados por unha miseria que non sabemos ben en que consiste exactamente. Para algúns deses medios a noticia grande o domingo e o luns era a neve nas estradas españolas; o tsunami viña despois, aportando ademais unhas cifras de mortos ridículas por pequenas e por absurdamente precisas.

O meu desexo para o 2005: menos eurocentrismo, por favor.

2004-12-29, 01:00 | 9 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/24830

Comentarios

1
De: dot Fecha: 2004-12-29 14:04

Só acodín ás tvs para ver máis imaxes e din cos fociños no 'rico-centrismo'. Non volvo. :(



2
De: peke Fecha: 2004-12-29 16:22

Martin, ¿recibiu certo correo?



3
De: Pedro Lemos Fecha: 2004-12-29 18:17

Caramba, Martin! O que foi isso? 60 mil mortos e a contágem continua subindo .. Fico imaginando se um troço desses atingisse Florianópolis ..



4
De: FURA Fecha: 2004-12-29 23:46

Non coide vostede tan axinha, Martin. Eiquí tivemos a desgracia dos Prestige, e olle en que ficou: en nada. O melhor e que tamén somos terceiro mundo, e soamentes saimos nas TVs cando xurde unha desfeita. Europa ainda é unha entidade moi lonxana do Finisterre.



5
De: Vendell Fecha: 2004-12-30 02:05

Dende logo, é unha fixación que vai máis alén do servicio público.



6
De: Martin Pawley Fecha: 2004-12-30 05:06

O terrível é que falen de turistas, así, en xeral. Tanto dá que sexan australianos de vacacións no Índico (que vén sendo o seu Caribe), coma escandinavos na procura de Sol: son turistas, e iso convérteos en seres cercanos, semelhantes a nós. Nós pderíamos ter morto por ese tsunami en canto a que podíamos ter estado alí, de viaxe, por suposto. Porén, é difícil imaxinarnos a nós mesmos vivindo en cidades de Sri Lanka ou de Indonesia, a non ser que un se chame Arthur C. Clarke.

Por iso as cuestións africanas non saen nas noticias. A fin de contas, quen fai turismo en Sudán?



7
De: siloam Fecha: 2004-12-30 15:21

muy de acuerdo, estamos cubriendonos de gloria con el abotargamiento navideño.



8
De: dot Fecha: 2004-12-31 10:59

In death, imperialism lives on



9
De: Vendell Fecha: 2004-12-31 15:24

" Poor people have no consoling elsewhere to which they can be repatriated"

Grazas polo artigo, dot.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 23.20.225.97 (89e00f6a88)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley