caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > As contas da Coz
> As contas da Coz <

Leo na Coz -que, por certo, hoxe celebraba a paparota de Nadal: imaxino que desta vez aos comensais non se lhes atragantaría o menú- unha desas enquisas de alto nível coas que entretenhen os domingos escasos de noticias (xa saben, un par de centos de entrevistas por teléfono para cada cidade e con iso facemos un estudo rigoroso a mais non poder). A cousa consiste en preguntarlhe á xente se están contentos cos seus governos locais, algo que eles dan en chamar barómetro urbano de invierno. Se suponhemos que as cifras que saen no xornal son representativas da vontade popular, o que resulta é que os alcaldes de seis das sete grandes cidades conseguen sacar polo menos un aprobado na valoración dos cidadáns: todos menos o de Ferrol. Agora ben, detenhámonos no concepto "situación política de las urbes de Galicia", no que admiten cinco posibilidades convenientemente desglosadas: muy buena, buena, regular, mala e muy mala. A min ocorreuseme xuntar un pouco esas categorías, e o que sae é isto:

A Coruña:
Moi boa-Boa: 32,5
Regular: 36,0
Moi mala-Mala: 23,0
Non sabe/Non contesta: 8,5

Vigo:
Moi boa-Boa: 22,4
Regular: 31,8
Moi mala-Mala: 38,3
Non sabe/Non contesta: 7,5

Ourense:
Moi boa-Boa: 27,9
Regular: 21,4
Moi mala-Mala: 42,3
Non sabe/Non contesta: 8,5

Santiago:
Moi boa-Boa: 38,6
Regular: 26,2
Moi mala-Mala: 25,7
Non sabe/Non contesta: 9,4

Lugo:
Moi boa-Boa: 46,1
Regular: 26,2
Moi mala-Mala: 16,9
Non sabe/Non contesta: 10,9

Ferrol:
Moi boa-Boa: 14,0
Regular: 24,5
Moi mala-Mala: 53,0
Non sabe/Non contesta: 8,5

Pontevedra:
Moi boa-Boa: 32,0
Regular: 25,5
Moi mala-Mala: 39,0
Non sabe/Non contesta: 3,5

Total:
Moi boa-Boa: 30,5
Regular: 27,4
Moi mala-Mala: 34,0
Non sabe/Non contesta: 8,1

As porcentaxes de Santiago suman 99,9, e as de Lugo e Ourense 100,1 (e é que redondear é tan dificil!). En fin, iso tanto ten: o interesante é reparar ben nestas cifras que lhes oferezo e logo analisar a conclusión que o xornal pon coma titular:

Los ciudadanos están satisfechos con sus gobiernos locales

2004-12-19, 01:00 | 1 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/24523

Comentarios

1
De: Cesare Fecha: 2004-12-20 02:55

jajaajjaja



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 23.20.162.200 (d29e56c94e)
Comentario
¿Cuánto es: mil + uno?









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley