caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Premios Goya 2005
> Premios Goya 2005 <

Repasando a recén anunciada lista de nominados aos premios Goya dei en lembrar aqueles gloriosos primeiros anos nos que a Academia do Cine Español acostumaba a proponher candidaturas surrealistas: un filme dos Hombres G na categoria de melhor película de animación e cousas polo estilo. Seguen cometendo estupideces, de todos xeitos. É inxustificável que ignorasen o trabalho do actor Gael García Bernal, sexa en La mala educación, sexa en Diarios de motocicleta, filme este que si aparece na categoria de guión adaptado (aínda que non na de melhor filme de fala hispana na que tampouco sae a magnífica María llena eres de gracia). É curioso que a mesma academia que foi capaz de nominar no seu día a Nicole Kidman por The others malia o pequeno detalhe de que a sua voz obviamente estaba dobrada pase agora por completo do xenial intérprete mexicano. Intúo que Pedro Almodóvar caiu en desgraza e non volverá ser "un dos os nosos" até que volte polo sendeiro de Todo sobre mi madre e faga filmes bonitos e tenros sobre o amor universal que poidan levarse premios de xurados ecuménicos. Tamén lhe conviria ao manchego ser un pouco mais prudente nas súas declaracións e non facer caso dos rumores que circulan por internet, que a fin de contas é seguro que parte dos que votan os Goyas non escoitan a SER senón a COPE.

Pois iso, moito Mar adentro, que será a triunfadora evidente na cerimonia que terá lugar o domingo 30 de xaneiro de 2005. Cantados os galardóns de película, director e actor (espero que tenhan un arrouto de lucidez e polo menos non premien tamén a súa horrenda música), a única dúvida relevante consiste en saber en que categorias non vencerá o filme de Amenábar. A melhor actriz, por exemplo, a min chéirame a bon talante; talvez Ana Belén, talvez Pilar Bardem para que saia nas fotos co filho. Recuperado das catacumbas, Luis Varela será o melhor actor de reparto; na categoria feminina a ganhadora non pode ser outra que Mabel Rivera. Os intérpretes revelación? Oxalá que Tamar Novas e quizá Mónica Cervera, pois é probável que os académicos vexan a Belén Rueda demasiado pija e demasiado televisiva aínda (por iso, e porque a invexa sempre corroe un pouco). Espero e desexo, iso si, que se vaia coas mans vacías ese bodrio fofo e pretencioso chamado Roma que dirixiu Adolfo Aristarain, definitivamente perdido para isto do cine.

Lista completa de nominados, en the night of the hunter

2004-12-15, 01:00 | 2 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/24337

Comentarios

1
De: Frank Fecha: 2004-12-15 16:20

Concordo en que a música de Amenábar/Núñez é un bodrio, anque non tanto como oír falar ao propio Núñez de cómo a compuxo e do amiguiños que son el e Álex.



2
De: ifrit Fecha: 2004-12-15 17:50

"Perdona José Luis que te interrumpa pero disiento sobre lo de la música..." (Dicir poñendo a voz de Fernando Fernán Gómez) ;)



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.145.118.24 (5dc49f1f81)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley