caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Gárdate dos idus de marzo
> Gárdate dos idus de marzo <

Paro a tomar uns tróspiros cun amigo (cervexa, Albarinho branco e Rioja tinto, por esa orde) e levo para casa unha novela súa debaixo do brazo, unha que verá a luz alá pola primavera. O vinho é o que ten, que anima a conversa. Sinto non poder ciscar aquí algunhas cousas que oio, aínda que seguro que os melhores contos os saberei de hoxe en sete días, que nestas datas de prenadal hailhes moito xantar e moita cea e sempre sae algún xefe asustando ao persoal cando di que vén o lobo. O caso é que a tertulia foi moi grata, e ao caminhar de volta ao fogar, mentres maldicía o ceu cuberto que nos privou do máximo das xemínidas e matinaba ao tempo no odio que supura a besta fodona -a mesma que hai dúas semanas xogaba a bater palminhas-, ocorreuseme botar unhas contas para as cales ninguén ten solución exacta:

Cantas persoas comeron o lacón con grelos o pasado antroido convencidos de que en breve serían designados para altos cargos? Cantos deron xa por feito os seus ascensos, obviando ese insignificante detalhe que representa sempre a vontade popular? Cantos habería que mesmo ousaron despedirse dos seus companheiros na certeza de que polos idus de marzo recibirían chamada de Madrid?

E cantos contaban con substituir, aquí na Galiza, a eses outros que marcharían lonxe?

2004-12-14, 01:00 | 4 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/24290

Comentarios

1
De: Teki Fecha: 2004-12-14 08:29

Jajajaja. Últimamente, no leo mucho la prensa, pero si no lo han hecho ya alguien debería haberse acordado hace mucho tiempo de los idus de marzo. Genial. Sobre todo con el punto de los que querían haber ido (¿podríamos llamarles los "idos"?) a Madrid en marzo. Se ha salido Ud, Sultán, si me permite la confianza.



2
De: FUCO Fecha: 2004-12-14 15:52

OS QUE FICARON FODIDOS FORON QUE IAN ASCENDER A FUTUROS "IDOS"



3
De: Anónimo Fecha: 2004-12-14 16:18

Fuco, manda truco.



4
De: Martin Pawley Fecha: 2004-12-16 01:38

Hai quen di que mesmo algún director de xornal contaba con ascender, así que ¡figúrense!



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.156.67.122 (20fa5e6ad8)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley