caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Dez grandes bitácoras da blogocousa'04
> Dez grandes bitácoras da blogocousa'04 <

Como xa anunciei hai uns días, o próximo domingo día dezanove -último antes do Nadal- vou meter no blog unha güislís cos filmes, livros e discos que a un servidor non lhe molestaría nada posuír; así que hoxe é o momento de ponher aquí, igual que fixen o ano pasado, a lista dos meus favoritos na blogosfera. A diferencia é que desta vez non avaliei un post en especial, senón o conxunto dos textos aparecidos nelas. Nada que sorprenda aos habituais dos días estranhos: a maior parte das bitácoras citadas son as de sempre, os meus centros de gravidade permanentes na rede.

Velaí van as dez grandes bitácoras da blogocousa'04:

Una cuestión personal, by Vendell. Por suposto. The one and only.
O bazonga da kilumba, do trío Adamastor-BeZiDrÓgLiO-Mussele, polo seu espírito crítico e a súa capacidade para falar de todo o mundo lusófono con honestidade e sen paternalismo.
Carta aberta, do mestre César Valente, o grande cronista da Floripa: humor, ironía e tenrura para contar o día a día da terra na que vive.
Mifune no enikki, de Mifune, que pode ser poético ou pode ser visceral e contundente, pero que sempre é puro sentimento.
Substrato, do monstro horrendo AdamastoR. O blog ideal para todos os que gostamos de ler os xornais polas esquinas. Noticiario alternativo cheo de obxectos estranhos, imaxes astronómicas, banda desenhada, música, cine e artes plásticas. E agora, ademais, con ligazóns directas ao "Daily Show" de Jon Stewart. Quen dá mais?
Por la boca muere el pez, de Javier Armentia. Sobran os comentarios.
Os tempos que correm, de Miguel Vale de Almeida, o compromiso feito blog. Liberdade, lucidez e intelixencia a feixes nunha das melhores páxinas ao sur do río Minho.
Arroutadas, de Paco Penas de Dorvisou, a mais brilhante e fermosa combinación de fotografías e textos que pode atoparse nos blogs.
How to learn swedish in 1000 difficult lessons, de Francis Strand, un americano en Estocolmo. Unha páxina xenial tecida pola saudade.
As túas balas, do Cesare, o melhor blog en lingua galega como xa dixen noutrora.
Un toque de azufre, de Antonio Trashorras, cine, cine, cine e algunhas outras cuestións analisadas con sanísimo escepticismo e sarcasmo. Alguén que ama Vertigo de Alfred Hitchcock é, por forza, un home de fiar. Unha visita obrigada.
Catu?, de Opaco, polos seus posts tecnolóxicos
Manantial de sueños, de Somnio. Un recén chegado á rede que trae unha idea fantástica para un blog: a descrición de sonhos reais con prosa eficaz e sen adornos. Tremendamente evocador e suxerente.
Diario de Oier, de Oier, claro. E no futuro tamén coa colaboración de Begotxu, digo eu. As vivencias dun neno desde o berce até que canse. Impagável.
Long pauses blog, de Darren Hughes. Excelente. Comparta ou non a súa opinión sobre certos filmes, o que el escribe é sempre luminoso e enriquecedor.
Pensar enlouquece, pense niso, do Alexandre Inagaki, mag-ní-fi-co. Xa un clásico da blogosfera brasileira.
Sin que sirva de precedente, de Jaio la espía. Aínda que nos últimos meses a súa capacidade evacuadora decaeu de xeito considerável ninguén coma ela sabe sacarlhe proveito a unha caída da moto. Por outra parte, eu aínda me lembro daquel misterioso cabaleiro e ademais, ¡que carafio! é amiga minha.
Os "blogs africanos", da Guiné-Bissau do maravilhoso Africanidades ao Moçambique do Ma-Schamba, da Angola do Pululu ao Cabo Verde do Rui Guilherme e Matilde. Outras visións do mundo, non por distantes menos próximas. As palavras son as mesmas que as nosas: é apenas a música o que cambia.

2004-12-13, 01:00 | 21 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/24232

Comentarios

1
De: Martin Pawley Fecha: 2004-12-13 03:05

E por se estes blogs non lhes chegan, reparen nesta lista.



2
De: José Luis Fecha: 2004-12-13 04:36

Muy buena selección :)



3
De: jpt Fecha: 2004-12-13 07:31

agradeço-te a referência



4
De: Algernon Fecha: 2004-12-13 10:07

Coincide bastante con la lista de enlaces que está en la columna derecha ;-P



5
De: Oier Fecha: 2004-12-13 16:07

¿No será que te dejas influenciar fácilmente por los amigos?



6
De: Begotxu Fecha: 2004-12-13 16:08

¿Cuánto hace que no nos lees? Que algo ya he escrito, que conste.

Pero gracias de todos modos



7
De: opaco Fecha: 2004-12-13 19:04

Gracias por contarnos entre os seus favoritos, vindo de vostede... impresiona.



8
De: Cesare Fecha: 2004-12-13 22:50

trátanos demasiado ben aos amigos



9
De: Inagaki Fecha: 2004-12-13 22:59

Obrigado, muito obrigado pela citação generosa ao meu nome! =)



10
De: Martin Pawley Fecha: 2004-12-13 23:19

José Luis, concordo con você, é unha selección moi boa. :-)

jpt, a súa é unha referencia obrigada.

Algernon, pois si, claro. Como comprenderá, non vou recomendar na columna da dereita blogs dos que non goste, non lhe parece?

Oier, iso di a minha amiga Jaio, mas eu penso que é ao revés: que son os bons blogueiros os que se achegan a min, por razóns que se me escapan :-)

Begotxu: lin, lin a súa historia para non durmir, mas non me quedou claro se era unha historia "de" Begotxu ou "sobre" Begotxu.

Opaco, esixo compromiso de asistencia á próxima quedada blogueira, sexa onde sexa. Con Opedriño, claro.

Cesare, xa me conhece, eu son así, amável e encantador.

Inagaki, o pracer é meu, de lelo a diario.



11
De: Begotxu Fecha: 2004-12-14 09:31

Fíjese bien señor Pawley, que servidora siempre firma sus creacciones.

¡Aaahhh, si hablo como Jaio! ;-))



12
De: Vendell Fecha: 2004-12-14 12:05

Non teño claro se é razoable agradecer xuizos esaxerados, pero sí lle agradezo a inclusión nesa lista dalgúns blogs que non lera antes.



13
De: opaco Fecha: 2004-12-14 12:15

O da próxima quedada... a ver, a ver



14
De: peke Fecha: 2004-12-14 13:23

Pois a ver a ver o da próxima quedada... con Opedriño... ¡¡¡bautizado!!!



15
De: Martin Pawley Fecha: 2004-12-14 22:49

Vendell, os xuizos son xuizos, non hai que agradecelos. Por exemplo, cando eu digo que 2046 é o melhor filme do ano non o fago coa esperanza de que Wong Kar-wai me envíe unha mensaxe de agradecemento. Pois cos blogs, o mesmo. :-)

Opaco, ben feito iso de bautizar a Opedriño: a ICAR hai que reformala/desfacela desde dentro!



16
De: Somnio Fecha: 2004-12-14 23:32

Es un gran honor para mí formar parte de esa lista. Gracias Martin.



17
De: VG Fecha: 2004-12-15 11:09

A ler no Abrupto: "APRENDER COM ROSALIA SOBRE OS RAPARIGOS"
http://www.abrupto.blogspot.com/2004_12_01_abrupto_archive.html#110294784100673086



18
De: Mifune Fecha: 2004-12-15 22:28

Aupa Martin, hasta hoy no he podido mirar blogs y me siento muy agradecido por tus palabras :)

Tengo un par de cosas para ti, una sin vuelta y la otra.. con ida, metamorfosis y vuelta. Como estoy sin teléfono estos días usaré el método añejo de nuestros abuelos: el molesto, rancio, manoseado y tardío e-mail.



19
De: Martin Pawley Fecha: 2004-12-15 23:40

Somnio, a honra é minha, de poder ler algúns deses sonhos antes de que vexan a luz.

Mifune, espero ansioso o seu correo. Pegarei a orelha ao módem a ver se son quen de oílo chegar.



20
De: Eugénio "Lobitino" Almeida (Pululu) Fecha: 2004-12-16 01:32

"Martin" obrigado pela referência. Mas para mim há um blogue que pela sua diversidade desve estar no topo. Não sei se já alguma vez foi lá. Um tal blogalia. Uma beleza. Um grande kandandu. ELCAlmeida



21
De: ylek Fecha: 2004-12-22 02:33

muy bueno esto. conocí muchos buenos blogs y re visité otros tantos que tenía tiempo sin ver :-)
saludos!



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.225.16.10 (f23115c6d6)
Comentario
¿Cuánto es: mil + uno?









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley