caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Católicos, imbéciles e histéricos
> Católicos, imbéciles e histéricos <

Seguindo os pasos de Vendell, un dos meus guías espirituais, hoxe ía escribir algo sobre os informativos de televisión, en especial os de Antena Tres, polos que sinto especial aprezo. Ao final non vai ser así porque antes de subir a casa parei onde o Suso, un quiosqueiro amigo do que xa lhes falei algunha vez, e pasei un anaco lendo a prensa inimiga. Niso tamén sigo as ensinanzas de Vendell: el escoita a COPE, e eu opto por botarlhe un olho de cando en cando á revista Época. No número desta semana, cunha vistosa portada que fala de tres porquinhos na que lhes aconselho que reparen, aparece unha reportaxe científica de alto nível cun título que parodia a lenda das caixas de tabaco e que di algo semelhante a isto: as prácticas homosexuais perxudican seriamente a saúde. O artigo apóiase cunha serie de afirmacións dunha profundidade analítica que asusta, entre as que destaca unha especialmente lúcida según a cal o ânus é un mecanismo de "só saída". Im-presionante.

Do mesmo grupo editorial é o semanario Alba, "de información general e inspiración católica, independiente, realizado con criterios rigurosamente periodísticos.". E é que, xa saben, "la opinión católica, acomplejada ante la ofensiva mediática en su contra, no dispone de un medio que valide su modo de vida y su visión del mundo". Si, si, acomplexados están, xa se lhes ve! En fin, o rigor periodístico do que alardean é tanto, e tan grande, que no exemplar correspondente a semana que vai do 11 ao 17 de decembro a primeira plana está ocupada por este sensacional titular: "El Gobierno oculta datos que cuestionan la eficacia del preservativo". Mais, quero saber mais! Sigo lendo: "Miles de personas podrían contraer el sida como consecuencia de la nueva campaña del Ministerio de Sanidad contra la enfermedad en nuestro país, debido a la omisión de datos sobre la eficacia del condón contra el VIH". Como consecuencia lóxica destes feitos terríveis, "Contagiados por el virus del sida podrían querellarse contra el Estado". Na web do semanario pódese ver a portada do exemplar, mas infelizmente non é posível desfrutar co texto completo que ao parecer esténdese ao longo de tres páxinas. Iso, contodo, non é o peor. O peor é que o meu amigo Suso non recibe na súa livraría o disparate este, co que me petaba a min botar unhas risas a conta destes histéricos.

2004-12-09, 01:00 | 9 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/24125

Comentarios

1
De: Martin Pawley Fecha: 2004-12-10 00:25

Agora que o penso, o título deste post evoca outro aparecido aquí o verán pasado: Mariquitas, católicos e ofendidos.



2
De: Vendell Fecha: 2004-12-10 00:49

Pois saiba que vostede tamén é un dos meus guías espirituais, así que imaxine a mugre de igrexa que habiamos montar.

Perdieron la batalla contra la masturbación, ¿de verdad piensan que van a vencer a las fuerzas del sexo?



3
De: Martin Pawley Fecha: 2004-12-10 00:52

Vendell, tranquilo: sempre habería igrexas peores. :-)



4
De: dorfun Fecha: 2004-12-10 13:22

...eu que cada vez prefiro escoitalos máis a eles (ás veces mirarse tanto o embigo, acaba por destrozar a columna!)... non deixei de sorprenderme esta semán con cousas como a do grupo risa... e é que ás veces poñémonos moi pesados...



5
De: dorvisou Fecha: 2004-12-11 04:50

Se pawley e vendell montan unha igrexa, fágome feligrés sen pensalo.
Por certo, ¿sabe vostede porque Urdangarin non usa condón?, xa estou empezando a estar preocupado.



6
De: peke Fecha: 2004-12-11 18:02

Pois xa me está amolando esa teima cos homosexuais e a apelación aos animais para demostrar que entre eles non hai homosexualidade. Os dous cans que atopei onte mentres paseaba e botaron algo así como seis ou sete quiquis non deben de estar informados de que van en contra das leis naturais. ¡Juas!



7
De: Martin Pawley Fecha: 2004-12-11 19:18

peke, se quere ver sexo nada natural, todo artificial, mire isto.

dorvisou, iso mesmo pensei eu antonte. Esa parelha... non podía ir un pouco mais ao cinema, ao teatro, etc, e deixarse de tanto foder?



8
De: indi Fecha: 2004-12-12 22:55

Aínda que lacazáns seguimos existindo e ¿sobrevindo?.
A nosa opinión colexiada decidida en asemblea democraticamente aberta é que aos curas témoslles que ter en moita consideración a súa opinión sobre a calidade do cocho e das hostias, e un algo menos sobre o vinho, que xa non o consagran como é debido.



9
De: Martin Pawley Fecha: 2004-12-13 00:03

Hehehe, certo, Indiredo. E de chiculate, que gardan moito nos caixóns.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.80.137.168 (3c7fb59706)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley