caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > O mellor do 2004
> O mellor do 2004 <

o libro do ano:



Bolboretas, de Xabier P. Docampo e Xosé Cobas

os discos do ano:



Seven swans, de Sufjan Stevens, e A ghost is born, de Wilco

a canción do ano:

Irma, do disco "i" de The Magnetic Fields

o filme do ano:



2046, de Wong Kar-wai

o DVD do ano:



Triloxía de Apu, de Satyajit Ray

- - - - -
o mellor do 2003
libro do ano: the book of illusions, de Paul Auster
disco do ano: Diamonds on the inside, de Ben Harper
canción do ano: Blessed to be a witness, do disco Diamonds on the inside de Ben Harper
filme do ano: Bowling for Columbine, de Michael Moore

2004-12-08, 01:00 | 12 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/24066

Comentarios

1
De: Martin Pawley Fecha: 2004-12-08 18:24

O domingo doce de decembro tocará repasar o melhor da blogocousa'04 e o que deu de si o cine este ano, o que tivo de bon e de malo. E o domingo seguinte, 19, unha listinha cos DVDs, livros e discos que Pawley desexaría ter canto antes (por se alguén ten interese en sabelo).

Avisados quedan.



2
De: Angela Fecha: 2004-12-08 21:34

Aínda me dura a conmoción por 2046.
Esa sensación de fraxilidade que me queda no corpo(,e na alma)
O mesmo aconteceu cando leín o libro das ilusións.
Coincido por tanto con eses dous galardóns, máis descoñezo o resto(o que inclúe bolboretas)



3
De: joía Jaio Fecha: 2004-12-08 23:58

Coincido con usted, sultán, en cuatro de las 8 ¿adivina cuáles?



4
De: Martin Pawley Fecha: 2004-12-09 00:21

Mmm, Jaio... Bolboretas, The book of illusions, Bowling for Columbine, e o cuarto non son capaz de adivinhalo.

Ángela, ese desconhecemento seu ten solución ben fácil.



5
De: Vendell Fecha: 2004-12-10 00:38

¿E a enchenta do ano? ¿O polvo do ano? ¿A borracheira do ano? ¿A verbena do ano?

¡¡Pawley, pra 2005 menos Shopenhauer e máis festa!!



6
De: Martin Pawley Fecha: 2004-12-10 00:49

Vendell, você é dos que alardea dos polvos? Servidor, por outra parte, nunca se emborracha, cousa esa non queda nada fina. E enchentas, ningunha, que eu lembre. Un nunca debe facer nada até fartar: debe parar media hora antes, como mínimo.

Ademais, aquí o que presume de ler livros espesos (safransquis deses) é vostede, que eu saiba. Eu só me intereso polas cousas bonitas.



7
De: Vendell Fecha: 2004-12-10 00:58

Saiba vostede que xamáis fixen alarde dun foguete, pero non llo recriminaría a ninguén que o fixera con bo gusto. E ten razón no das cheas e as enchentas, que só se lembran polas consecuencias, en xeral negativas.

Da beleza das cousas non digo nada.



8
De: Martin Pawley Fecha: 2004-12-10 01:08

O das borracheiras dígoo en serio: nunca bebín tanto que non acordase, o cal non sei se se debe a que tenho moita resistencia ou a que non tenho a sede necesaria. E o dos polvos, penso que non debe ser fácil contalos ben e con bon gosto; a min, desde logo, non se me ocorre ningún caso claro. En cine, por exemplo, o sexo acaba tendo a maior parte das veces un caracter ou ben morboso ou ben acrobático que lhe resta verosimilitude e credibilidade.



9
De: Martin Pawley Fecha: 2004-12-10 01:21

Falando de cousas espesas, esta fin de semana botan no Fórum Metropolitano Blow up de ¡glups! Michelangelo Antonioni.



10
De: Jaio la espía Fecha: 2004-12-10 03:03

Será que yo no tengo sentido de la medida, pero yo sí he comido hasta reventar, bebido hasta arrepentirme, y otros excesos de menores consecuencias aunque de mayores agujetas.

Y sin que sirva de precedente, estaría bien algo menos de intelectualidad y algo más de sensualidad, juer.



11
De: María Fecha: 2004-12-10 16:54

Pawley, e logo Cesare? Quen conta mellor os polvos ca el? Propoño escoller entre todos o mellor polvo de Cesare do ano. Creo que temos información abonda... :D



12
De: Martin Pawley Fecha: 2004-12-10 21:20

Si, María, pero Cesare non conta os seus polvos. Conta que os houbo, mas non entra en grandes detalhes.

Jaio, para sensualidade, o seu blog, que rebosa de erotismo por doquier.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.211.200.222 (4a9aea0649)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley