caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > O conselheiro hilariante
> O conselheiro hilariante <

Xesús Pérez Varela é o Conselheiro de Cultura da Xunta de Galiza, aínda que cultura, o que se di cultura, non ten moita. Hai uns anos fíxose célebre ao dicir que acababa de comprar unhas entradas para o concerto de Carmina Burana, "unha das boas cantantes deste país". É obvio que Don Xesús non conhecía a magnífica creación de Carl Orff, ou quizá é que só a escoita pola parte do Bibit hera, bibit herus e xustamente naquel intre vinha de exercitar eses versos. A principios deste 2004 ofereceunos mais probas da súa involuntaria comicidade revelando os grandes artistas que -"se se punhan a tiro"- encherían os actos xacobeos. Lembran, verdade? David Bovi, Leni Craui, Eros Rama Zoti... Pero non pensen, non, que os números se lhe dan melhor que as letras: Pérez Varela é tamén o autor desta memorável reflexión: O oficio dos outros é facer enquisas. É como o conto do polo, que di que cada español come tres polos; a diferencia é que algún come dous e outros comen un, pero a media é que comemos tres. Está clarísimo. Agora entendo como calculan no seu departamento a cifra dos turistas que nos visitan!

Onte anunciou a lista de ilustres convidados ao Foro Internacional "Camiños de Concordia" que terá lugar o ano que vén. Entre eles, o intelectual palestino Edward Said, a quen infelizmente vailhe ser imposível vir xa que morreu en setembro do 2003. Escoiten, escoiten. É, polo de agora, a súa última ocorrencia, mas sospeito que de aquí a que remate a lexislatura haberá novas ocasións para escachar de risa grazas a el. É imprescindível, o melhor de todos, sen dúvida. Governe quen governe, el debera ser sempre conselheiro. Non lhe suporía ningún problema ideolóxico, ademais: se soubo evolucionar desde a extrema dereita de El Alcázar e El Imparcial, por que non había de adaptarse ao galeguismo soft de Pérez Torito/Touriño?

2004-12-03, 01:00 | 0 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/23950

Comentarios

Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.211.200.222 (4a9aea0649)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley