caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Estas imaxes poden ferir a súa sensibilidade
> Estas imaxes poden ferir a súa sensibilidade <



A úlcera de Buruli é unha enfermidade da pel causada por unha bacteria da mesma familia que os organismos que provocan a lepra e a tuberculose.



Nos primeiros estadios non produce dor e reconhécese pola aparición duns nódulos debaixo da pel. De non extirparse a tempo acaban derivando nunha gravísima ulceración que mesmo pode destruír os tecidos e os ósos do paciente.



Hai pouca, moi pouca información sobre a úlcera de Buruli. Non hai dados precisos sobre o número de afectados e tampouco se sabe como se comporta a bacteria nin como se transmite, o cal dificulta enormemente o desenho de plans de prevención. Coa búsqueda de antibióticos eficaces dando aínda os seus primeiros pasos, hoxe por hoxe o único xeito de tratar a úlcera é a cirurxía. Se a enfermidade se detecta cedo basta con extirpar os nódulos, operación sinxela que custa apenas vinte euros; mas cando a enfermidade está xa moi estendida cómpre facer intervencións complexas: eliminación de tecidos, enxertos cutáneos e nos casos mais graves a amputación de membros.



Os pacientes deben someterse a curas diarias moi dolorosas durante longos periodos de tempo. O tratamento vólvese entón enormemente custoso e require infraestruturas hospitalarias que non abundan nos países afectados, en especial os da África Ocidental.



Anesvad está desenvolvendo desde hai algunhas semanas un programa específico para sensibilizar á povoación sobre esta doenza terrível e estigmatizante. A web Existe proporciónanos moita información e desde ela difúndese un espléndido documental producido pola OMS, O legado de Buruli, rodado en Benin, Ghana e Togo por Harrikrisna Anenden e ao que pertencen as imaxes que ilustran este post.



Fan falta cartos para promover campanhas de detección prematura que permitan actuar contra a úlcera de Buruli antes de que sexa demasiado tarde.



Fan falta cartos para formar aos profesionais médicos e preparalos para combatila eficazmente.



Fan falta cartos para emprender a única guerra xusta, aquela que nos conduza a acabar coa fame e as enfermidades.


2004-11-17, 01:00 | 13 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/23260

Comentarios

1
De: Martin Pawley Fecha: 2004-11-17 03:51

O documental O legado de Buruli dura uns trece minutos. Ténhoo en DVD, así que aqueles que estean interesados e aos cales eu poida serlhes útil, que mo pidan.



2
De: Anónima Fecha: 2004-11-17 11:22

Lo siento, pero me pasa con tu post como con los folletos de ANESVAD que recibo.
Efectivamente hieren mi sensibilidad.
Y por dos motivos, el primero es evidente y es que me resulta terrible que exista un siufrimietno así.

El segundo es que me molesta profundamente que alguien considere que para entender el problema y contribuir a una causa justa me tengan que enseñar siete fotos terribles. Entiendo el problema incluso sin fotos, todo lo más admitiría que fuese necesario que me enseñaran una.

Así que hoy por hoy prefiero colaborar con organizaciones más acordes con mi sensibilidad como Cruz Roja y Médicos Sin Fronteras.

De todas formas cualquier forma de sensibilidad frente a las desgracias ajenas es mejor que ninguna, por lo que espero que se entienda esta crítica como algo constructivo.



3
De: eledhwen Fecha: 2004-11-17 11:47

Anónima, la cuestión es que hay mucha gente a la que las cifras y el texto ya no le dicen nada.
Son sólo un par de números más.
Y bueno, el titular era claro, quien no quiera ver su sensibilidad herida, que no abra el enlace.



4
De: Anónima Fecha: 2004-11-17 12:31

Eledhwen,

Estoy de acuerdo en que a veces los textos y las cifras no permiten reflejar la realidad adecuadamente. Por eso he dicho que a lo mejor es necesario poner una foto, porque una imagen vale más que mil palabras. Pero las 6 imágenes siguientes no aportan nada adicional, en mi opinión.

Es verdad que es muy discutible cual es la frontera entre mostrar un problema y regodearse en él. Pero los folletos de ANESVAD se prestan a claramente a discusiones polémicas al respecto. Nunca he llegado a escribir a ANESVAD pero me alegro de tener la ocasión de comentárselo a alguien que a lo mejor lo hará, y es que creo sinceramente que su política es demasiado agresiva y le resta apoyos.

PD: la advertencia sería válida si en el título se pusiera algo sobre la úlcera de burulí, pero no siendo así yo pensé que se trataba más bien de un post sobre cine erótico-pornográfico, vaya usted a saber por qué.



5
De: peke Fecha: 2004-11-17 13:11

¡Joder, Pawley!



6
De: Martin Pawley Fecha: 2004-11-17 22:45

Anónima, non podemos facernos á idea dos devastadores efectos dunha enfermidade coma esta sen empregar imaxes. Haberá quen as mire e repare só en que son desagradáveis. Haberá tamén quen mire para elas e vexa a seres humanos, nenos ou adultos, que requiren axuda. E é que a vida non sempre é prácida e fermosa; nela hai dor e miseria até uns extremos que aos afortunados que vivimos lonxe delas nos resulta imposível imaxinar.



7
De: dorvisou Fecha: 2004-11-18 02:09


Roubóume un momento de felicidade para facerme un pouco máis humano.
Estas imaxes si que valen máis de un millón de palabras.



8
De: opaco Fecha: 2004-11-18 12:00

O que máis me sorprendeu foi escoitar onte na radio, falando disto mesmo, a un home a dicir que a úlcera era indolora... e doe só con imaxinar o que están a pasar.



9
De: Jaio la espía Fecha: 2004-11-19 01:48

Pawley, como siempre, metiendo el dedo en la llaga. ¡Sí señor! Hay que herir a unos para que otros puedan ser curados. Lo malo es que est etipo de enfermedades, además, son enfermedaddes de pobreza.



10
De: jonathan Fecha: 2006-04-16 12:44

no instituto puxeronnos un video sobre esta enfermmidade, para coñecela, e saber o que produce. Foi moi desagradábel pero hai que enfrontarse á verdade, hai moitos nenos que a padecen, mentres que nós estamos na nosa casa esperando a hora do almorzo ou da cea. Creo que hai que facer algo por estos nenos e axudalos.



11
De: Anónimo Fecha: 2006-07-17 18:08

Seguir así desgraciadamente no bastan solo las campañas de enseñanaza local, que son muy importantes, los medicamentos disponibles rifampicina y estreptomicina no son útiles si no van juntas, la estreptomicina no la aceptan muchos gurus al ser inyectable y otros medicamentos (moxifloxacino o la nueva R207910 una nueva molécula de las diarioquinolinas no están disponibles por el PRECIO (!)así que solo queda el recurso de la cirugía y Dios nos libre de los avances de la misma en estos paises.



12
De: Steven Ayesa Fecha: 2006-11-13 04:10

Me parece que las fotos publicadas tienen razon de estar ahi. Como medico en formacion me parece importante y tiene un valor educativo tambien prara ver los diferentes lugares y apariciones clínicas en caso de que se me presente un caso. Ademas se dijo al principio quien no quiera no las vea.



13
De: Änonimo Fecha: 2007-02-17 03:23

Viendo estas fotos como madre he quedado horrorizada,y me pregunto si hay tanto dinero para las guerras por que no se puede ayudar a estos paises que desgraciadamente padecen estas enfermedades. Ya se ha perdido el interes de ayudar al projimo sabiendo que esto es nada para lo que vendra no tomamos conciencia al respecto y perdemos el tiempo en vanidades S.O.S AL MUNDO PARA AYUDAR A ESTOS NIÑOS.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.204.234.61 (9da79ec702)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley