caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Seis afirmacións (obvias)
> Seis afirmacións (obvias) <

1: Wong Kar Wai é o mais grande director artista aparecido nas dúas últimas décadas. Chunking Express, Happy together ou In the mood for love son probas ben contundentes dunha afirmación atrevida mas absolutamente incontestável. 2: Estes días está exibíndose na capital do país 2046, a última xoia do mestre chinés, e Pawley está bastante fodido porque os limitados pases da mesma impedirán que poida disfrutar dela até a súa estrea definitiva, o próximo 26 de novembro, se non hai cambios. 3: Pawley sente profunda envexa do Snob Neurótico e do Cesare, que acaban de vela con moito proveito, aínda que tamén se alegra de que os seus amigos se deixen de caralhadas e opten por fin polas películas de verdade. 4: Pawley vai ir manifeirar este sábado a Santiago por aquilo do segundo cabodano daquel buque derrelicto que nos deixou a costa toda pingando con hilillos en estiramiento vertical. 5: Pawley desexa (con ansiedade crecente) ter noticias de Mifune e do cinema oriental. 6: Hai días que era melhor que Pawley non subira ningún texto ao blog.

the night of the hunter: Nine songs

2004-11-11, 01:00 | 5 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/23057

Comentarios

1
De: Martin Pawley Fecha: 2004-11-11 04:51

A este tipo xenial tamén lhe encantou 2046, por certo.



2
De: Vendell Fecha: 2004-11-11 08:45

¿Tan algunha cousa de Wai en DVD? ¿Dise Wai ou Kar Wai?



3
De: Martin Pawley Fecha: 2004-11-11 19:20

En DVD, non. Tenho as tres citadas en DivX, en versión orixinal con subtítulos en inglés. Poden verse con calidade mais que digna en calquera reproductor decente. Das tres, a que mais lhe ha de interesar a vostede é In the mood for love, coa cal 2046 comparte personaxes e intencións.

Dise Kar-Wai, que é o apelido, seica. De feito, habería que dicir mais ben Kar-Wai Wong, ao estilo oriental, aínda que desas cousas o que sabe moito é o Mifune.



4
De: Mifune Fecha: 2004-11-12 02:12

la 5: Los viernes son días óptimos para tener noticias de Mifune. Permanezca atento a su televisor :D!



5
De: Arnoso Fecha: 2004-11-13 00:08

Dou fe que In the mood for love é unha película extraordinaria, dun lirismo pouco usual, dunha tensión narrativa que te invade sen te decatar até que te fas consciente da túa propia emoción asolagándote. E quen a mire que preste atención ao vestiario, que é un elemento narrativo dunha gradísima importancia. Como 2046 sexa a metade, xa lle pode chegar.
Por certo, eu vina con calidade aceptábel en DivX por xentileza de Pawley... e os meus problemas co inglés ficaron superados ao tratarse de textos escritos... eu estaba na gloria bendita.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.156.92.243 (ad14e44e47)
Comentario
¿Cuánto es: mil + uno?









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley