caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Últimas palabras
> Últimas palabras <

Descubro lendo o Cultural a existencia dun suxerente Diccionario de últimas palabras editado por Seix Barral. Teño claro que cando un está nas últimas non soe dispoñer do suficiente tempo e lucidez para pensar frases memorábeis coas cales despedirse do mundo, e así se explica que un tipo listo como Graham Bell se limitase a dicir Non, ou que o grande matemático Leonard Euler anunciase o seu derradeiro suspiro coa precisión e brevidade dun austero Eu morro. Leonard Bernstein, porén, optou por un desacougante What's this?, que non sei ben se é unha grande parvada ou unha frase moi profunda, a formulación mais simples posíbel da nosa perplexidade ante ese enorme misterio que é a morte.

Foi xusto antonte que me contaron un xenial exemplo de últimas palabras. O protagonista é o pai do cantautor español Joaquín Sabina, que durante a súa agonía pasou un bon pedazo de tempo intentando falar, mas non era quen. Cando a súa voz acabou de se encher dun sopro final de claridade, o que escoitou a súa familia foi algo absolutamente inesperado, unha única pregunta á cal ninguén lle saberá dar xamais unha resposta verdadeiramente satisfactoria:

-¿Y de donde sacarán tanto dinero las diputaciones?


The night of the hunter: Melinda e Melinda

2004-10-29, 01:00 | 0 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/22663

Comentarios

Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.162.136.26 (0935b18b09)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley