Case un 80% da povoación deste país maior de 50 anos fala única ou maioritariamente en lingua galega. No grupo de idades entre os 30 e os 49 anos a cifra baixa até o 57%, e entre os xoves de 5 a 29 anos é a lingua castelá a que se volve maioritaria ao ser empregada por un 56% dos falantes. Ou sexa, as políticas de normalización lingüística da Xunta están sendo un completo éxito, conseguindo que unha lingua hexemónica en situacións políticas bastante mais adversas estea xustamente agora cedendo terreo de xeito alarmante entre os falantes novos, que son os que seguirán vivos dentro de meio século e que daquela educarán aos seus filhos e netos no idioma que para eles é o habitual, o español. Un verdadeiro triunfo, sen dúvida. Acaso non era iso o que pretendían?
Os nenos da Galiza van a escolas nas que unicamente tenhen aseguradas unhas poucas aulas en lingua galega, e en lugares como a minha cidade, A Corunha, esa presenza será na maior parte dos centros unha pura anécdota. A práctica totalidade das empresas de comunicación exprésanse nunha lingua distinta da do país, excluíndo por suposto a televisión e a radio públicas (sometidas ambas á vontade ppopular), a aqueles que xogan a dar un paso adiante e outro atrás por se o velho perde, e esa feliz excepción que asoma por Internet. No Museo Guggenheim de Bilbao o visitante dispón de folhetos en lingua galega, mas iso, cousa curiosa, non sucede en numerosos e ben diferentes museos da Galiza. E o reconto podería seguir e seguir.
E aínda así os galegofalantes, un 60% da povoación, somos hoxe maioría. É un feito. Outro, ben evidente, é que a eterna atitude choromicas do non nos entenden, non non é moi útil que digamos, e que non serven de nada as palavras dos editores protestando porque non venden livros cando non fan ningún esforzo por conseguilo, como se os leitores estivesen obrigados a mercalos por razóns patrióticas. Sempre se queixan os mesmos e do mesmo, eses que cren que todo se arranxaría a forza de xogos florais. O que precisamos é un bon dicionario inglés-galego e unha boa enciclopedia que estea completa antes do 2046; precisamos tradutores e corretores automáticos que funcionen e versións galegas dos programas de ordenador mais empregados. Precisamos moita e boa rede na lingua que é nosa, alén do esforzo xeneroso dun feixe de internautas que lhe dan vida propria a un medio que outros seguen ignorando. Precisamos que os xornais que presumen de ser a voz dos galegos falen tamén coa voz dos galegos.
E precisamos que a Xunta cambie de mans, claro, mas para iso xa só falta un ano.
¶
Ese 80% da povoación son seres humanos que viven nas súas casas, paréceme. Ou váiseme ponher vostede en plan Lodares, diferenciando entre rústicos e universitarios?
Ese outro 20% tamén son seres humanos, mas por eles non se preocupou tanto o Xosé Ramón: non parece interesado en saber se viven en la aldea o en la capital. :-)
El Guggy lo financió el Gobierno Vasco, la Diputación y el Ayuntamiento, sin que el ministerio de cultura pusiera un duro. Claro, que luego para rematarla, van e invitan al rey a la inauguración. Por lo menos, se esfuerzan en editar las guías en los idiomas autonómicos.
Ás maiores polémicas e malentendidos sempre se dan na mesma lingoa. E curioso porque debería ser cando maior entendemento tería que haber, non?. A palabra, o diálogo, a tolerancia...non sei, ós humanos gústanos demasiado pitirrar, eso é, pitirrar.
Sobre este tema eu xa non sei qué pensar.
En canto aos editores, non só parecen pretender que se merquen libros por patriotismo, senón tamén que se escriban para facer patria. É algo que me irrita no máis fondo. Pero sería moi longo de explicar e, probablemente, non me faría comprender.
Es que es importante saber si son de medio rural o urbano, teniendo en cuenta que las grandes ciudades los gallegos-parlantes son minoría.
Por cierto, según leí hoy en el periódico (uno de esos tantos) en tu ciudad, Pawley, se va a optar por la cooficialidad de "A Coruña"/"La Coruña". Estarás contento, ¿no?.
Menos mal que en Vigo no tenemos esas polémicas :P
Xosé Ramón, impórtame ben pouco se a povoación é rural, urbana ou rurbana, a verdade: os dados que eu estou dando son absolutos, referidos á totalidade dos galegos, que é do que estou falando. O de que os galegofalantes nas cidades somos minoría habería que probalo, claro. Pasa iso en todos os grupos de idade? Os dados serían os mesmos en Lugo que na Corunha, en Ourense que en Vigo? As posíveis diferencias entre o medio rural e o urbano, non serán mais ben un caso particular do fenómeno xeral que describen as cifras coas que arrancaba o meu post (a porcentaxe de xente nova no rural é menor que nas cidades)...?
En canto ao tema da cooficialidade, confeso que eu me alegro moitísimo: o alcalde, Paco Vázquez, deixará por fin de malgastar cartos públicos en preitos (sempre perdidos) presentados ante os tribunais superior, supremo e constitucional, por mor do famoso "L", e poderá empregalos en dotar a esta cidade de moiitas das cousas das que aínda carece.
Sr. Pawley, se para a xente nova podo mirar no meu arredor, xúrolle que os rapaces que coñezo adoran o Xavarín Club e odian as clases de galego e os libros que nelas os obrigan a ler (entre os que hai algúns nada malos, pero xa os len como imposición).
Non digo que sexa sinificativo, pero é o que eu vivín e vivo. Se iso é o habitual, de certo que as cousas non se están a facer ben.
É bastante natural que detesten as clases de galego en xeral (coa súa paranoia delirante pola pureza ortográfica) e os livros de texto en particular. O das leituras recomendadas tamén ten o seu aquel: coa cantidade de bons autores de literatura infantil e xuvenil que aquí hai non vexo necesidade de someter aos estudantes á obra de narradores e poetas que non están en condicións de aprezar e de disfrutar (e que quizá tampouco merezan tanto aprezo, para que vou negalo) e que ademais a maior parte das veces falan de temas que aos adolescentes lhes resultan extremadamente alheos. Por suposto que é significativo.
Pues hoy sin ir más lejos he visto un cartel que ponía A-5 A Coruña, aquí en los madriles. Yo creía que ese era el nombre oficial, tanto en gallego como en castellano. Me parecía un poco cachondo, más o menos como decir me voy a London, pero también respetable, como que Pekín ahora sea Beijing.
¿lo de que es cooficial obliga a poner los dos nombres como lo de Vitoria-Gasteiz? Eso si que va a hacer raro en el caso de una diferencia tan pequeña:
O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.