caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Tres escritores, tres ilustradores, seis leccións
> Tres escritores, tres ilustradores, seis leccións <

Onte no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. Un verdadeiro luxo.


Neses anuncios chamados "de relax" pero que non tratan precisamente de balnearios atopou o autor dos inesquecíbeis "Contos por palabras", Agustín Fernández Paz, a inspiración para o seu conto, cun mestre algo trosma que decide usalos como ferramenta didáctica nas súas clases de lingua. Infelizmente para el a directora do (beatísimo) centro escolar non é moi partidaria das súas innovacións. Miguelanxo Prado soubo debuxar perfeitamente a mirada de ferreiro da temíbel muller.


Mario Pereira, o maior descubrimento da noite, ceibou imaxinación e humor por ferrados no seu maravilloso relato cun lobo rebentado pola sede e outro morto de sono por culpa de tres pesadísimos porcos que ten por veciños. O que agachan os contos de sempre cando os desfacemos polas costuras vólvese alta literatura pola forza arrebatadora da linguaxe en mans dun autor ao que lle hai que prestar moitísima atención. Xan López Domínguez foi quen a sacarlle fóra a lingua ao lobo.


Antonio Reigosa sitúa no Museo Provincial de Lugo unha historia que el advertiu tráxica, aínda que nela, como en todo o que é bon, tamén está presente o humor. Anécdotas inventadas e outras que non o son tanto arredor dos cadros que alí se exiben enchen un relato no que a fronteira entre o real e o fantástico acaba por esvaecer. O excepcional manexo da cor e a desacougante capacidade que ten Xosé Cobas para crear imaxes maxistrais a partir dun número mínimo de elementos asoman na súa fermosísima ilustración.


2004-10-22, 01:00 | 3 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/22434

Comentarios

1
De: Goretti Fiaño Fecha: 2005-11-19 11:17


Eu quero un debuxo deses.



2
De: Martin Pawley Fecha: 2005-11-20 20:40

Goretti, pique sobre as fotos ;-)



3
De: Goretti Fecha: 2005-11-25 12:16

O, grazas, xa teño un "salvapantallas" ben bonito.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.167.215.35 (f09bef978c)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley