caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > 21-O, 13-N
> 21-O, 13-N <

21-O

Dentro dunhas semanas saberemos quen é a persoa ganhadora do V Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil, pero até que chegue esa data os organizadores do premio prepararon un par de actos cos que entreternos a espera. Para empezar, este próximo xoves 21 de outubro ás 20.30 teremos o privilexio de asistir na Biblioteca da Deputación, no edificio do Teatro Rosalía de Castro, a un acontecemento ben fermoso: a leitura de fragmentos das súas próximas obras por parte de tres escritores que levaron o premio en anteriores edicións, Agustín Fernández Paz, Antonio Reigosa Carreiras e Mario Pereira Fernández. Estarán acompanhados por tres magníficos ilustradores aos que veremos trabalhar ao vivo creando as súas fermosas estampas: Miguelanxo Prado, Xan López Domínguez e o excepcional Xosé Cobas, o outro responsável do livro mais fermoso que apareceu no 2004.

Por se isto non lhes parece dabondo, unha semana despois, o xoves 28 de outubro, Gustavo Martín Garzo lerá no mesmo recinto unha conferencia con certeza imprescindível titulada H. C. Andersen: o que garda un chícharo. Como ben saben os que gozaron de La princesa manca Gustavo Martín Garzo si que é un escritor de verdade, a diferencia do Juan Manuel Beata ese.

Boas deberan ser as súas excusas para non viren a estes dous actos.

13-N

Xa case pasaron dous anos e seguimos onde estabamos, como ben reconhecía o editor da Voz de Galicia nun estupendo artigo hai uns días. Enchéronnos de punta a punta o país de chapapote e a experiencia serviulhes para hoxe disponhermos dos mesmos medios cos que enfrontarnos aos frecuentes desastres no mar que tinhamos daquela. As reivindicacións feitas entón seguen sendo válidas e tamén o son aquelas palavras coas que saímos á rúa tantas veces: Nunca máis. Por iso é que para o vindeiro domingo 13 de novembro, aniversario da traxedia, está convocada unha grande manifestación en Santiago de Compostela, seguida logo por un festival coa colaboración da xente de Burla Negra, porque se algo constatamos a forza de manifeirar é a importancia de non perder xamais o bon humor.

Suponho que por alí andará boa parte do blogomilho, así que se alguén quere aproveitar a ocasión e facer xuntanza, que o diga agora ou que cale para sempre.

2004-10-18, 01:00 | 4 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/22318

Comentarios

1
De: Martin Pawley Fecha: 2004-10-19 00:05

O comisario dos actos do 21 e 28 de outubro é amigo meu, ademais. E o meu mestre e guía espiritual, tamén.



2
De: Martin Pawley Fecha: 2004-10-19 21:22

Esquecera dicir a hora: os actos do Raíña Lupa son ás 20.30. Corrixido queda.



3
De: María Fecha: 2004-10-20 09:49

Eu andarei por alí seguro, non sei se terei moito tempo pero paréceme boa idea o dunha pequena bloquedada. Podemos facer competir o Absolut Licorka das Crechas co do amigo EMF. ;)



4
De: paleón Fecha: 2004-10-22 23:28

Boa idea eso da bloquedada.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 23.20.157.174 (f8ae440b99)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley