caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > O secuestro
> O secuestro <

Nin o meu nome son quen de poñer. O trebello este no que pouso os meus dedos decidiu morrer e infelizmente o seu suicidio comezou por un botón decisivo. Por iso é que este xoves pensei tempo e tempo nos contos que fixo un xenio de nome Enrique, no libro mítico de Georges Perec e en moitos outros ruidosos e pirotécnicos exercizos de estilo compostos por homes e mulleres que decidiron impoñerse o curioso reto de prescindiren dun certo signo. O choio consiste simplesmente en ir remexendo entre os termos e voces que coñecemos e construír con eles un texto con sentido completo fuxindo dese único símbolo prohíbido. Pode ser un xogo -non sei se divertido- co que entreter noites de insomnio.

Síntoo: eu nin podo, nin quero. Son conscente dos meus límites e non quero seguir enchendo o blog con posts ocos e prescindíbeis. Hoxe, se mo permiten, opto polo silenzo. Proben onde Vendell, que el sempre ten moito que dicir.

2004-10-15, 01:00 | 9 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/22217

Comentarios

1
De: Ethan Edwards Fecha: 2004-10-15 15:51

Nadie es imprecindible, mestizo. Es jugoso que aportes algo, pero si no lo haces... tampoco se acaba el mundo, hombre.



2
De: Javi Fecha: 2004-10-15 16:31

Bueno chico, lo siento, he intentado leer tu último post y no lo he conseguido. Parecía interesante.



3
De: Vendell Fecha: 2004-10-15 17:44

Mecachis, temos sincronizados os silencios



4
De: Teki Fecha: 2004-10-15 20:12

Moito morro es lo que hay. ;)



5
De: Descalza Fecha: 2004-10-15 22:26

Tardo en chegar..e mira ti que pasa..non si....



6
De: Mery Fecha: 2004-10-16 11:42

Uf! Seguindo o xogo, non son quen de introducir neste chisme dos comments o meu nome nin o meu correo nin o meu sitio web. Pero quero dicirlle que me molou moito o seu post. Élle ben divertido isto, si. Non sei que outro comentario lle podo dicir, polo que me retiro por non meter o zoco, que o meu trebello ten todos os signos perfectos, incluíndo ese que vostede non pode e Perec non quixo escribir. :)



7
De: Mery Fecha: 2004-10-16 11:44

Merde! No comment primeiro colouseme un deses signos... vírono?



8
De: Pedro Lemos Fecha: 2004-10-17 04:13

Andas meio melancólico companheiro? Acho que é essa época do ano. Eclipse da Lua para motivar um pouco, quem saber?? Aperta!!



9
De: Pedro Lemos Fecha: 2004-10-26 01:00

Agora entendi .. a questão do "a" .. difícil hein?? :D



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.158.80.117 (3bd2e8136f)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley