caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Definindo prioridades, 2
> Definindo prioridades, 2 <

Xogos olímpicos de Atenas, 2004: 21500 xornalistas acreditados

Convencións dos partidos demócrata e republicano dos Estados Unidos, 2004: arredor de 15000 xornalistas acreditados

Foro Social Mundial Porto Alegre, 2003: 4094 xornalistas acreditados

Cumio G-8 Génova (Italia), xulho 2001: mais de 4000 xornalistas acreditados

Festival de Cinema de Cannes, 2004: 4000 xornalistas acreditados

Festival de Cinema de Berlín, 2003: 3600 xornalistas acreditados

Mundial de fútbol de Corea-Xapón, 2002: 3600 xornalistas acreditados

2004-10-04, 01:00 | 9 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/21922

Comentarios

1
De: Martin Pawley Fecha: 2004-10-04 22:36

E agora colhan ao chou un xornal calquera, por exemplo La Voz de Galicia, e pregúntense en que acontecementos desa lista soe estar representado.



2
De: Martin Pawley Fecha: 2004-10-05 00:32

E, xa que están polo labor, lean este comentario que puxen onte noutra historia.



3
De: Tequi Fecha: 2004-10-05 18:20

Y yo me pregunto ¿para qué tanto periodista acreditado, si con menos de la mitad ya sobrarían? Claro que a lo mejor no se lo pregunto a la persona adecuada.
Pero lo pienso siempre que veo a las masas de periodistas en las masivas (y controladas) ruedas de prensa. Y ni digamos en la lectura pública de comunicados: bastaría con un cámara y un sonidista.
Bueno, y un conductor/a. Eso, que no falte.



4
De: Martin Pawley Fecha: 2004-10-05 22:47

Eu tamén penso o mesmo en xeral, Tequi. Sempre sobra xente, seguro, pero o que a min me interesa verdadeiramente é observar que hai tantos ou mais xornalistas acreditados en acontecementos serios (como os festivais de cinema ou as xuntanzas sobre globalización) que os que aparecen por un mundial de futebol, co agravante de que estes suceden unha vez cada catro anos. Iso non quere dicer nada, realmente, pero si permite avaliar o concepto do que é prioritario e é noticia para segun que medios: por qué uns están nuns sitios e non noutros. E penso, en particular, nos medios de comunicación galegos, que soen ignorar por completo os eventos desa lista que a min xustamente son os que me atraen.



5
De: Vendell Fecha: 2004-10-06 06:24

Ao mellor o periodista é só un eslabón máis na cadea de produción dese obxeto de consumo que son as noticias.



6
De: Martin Pawley Fecha: 2004-10-06 20:52

Xa, Vendell, e quen define o que é noticia e o que non o é? Os entrenamentos diarios dos equipos de futebol, por exemplo, son noticia?



7
De: Vendell Fecha: 2004-10-06 21:22

En xeral, diría que a definición precisa do que é un obxeto de consumo ou non o é radica no séu potencial de venda, valor de mercado e outros conceptos-zarandaja.



8
De: Martin Pawley Fecha: 2004-10-06 21:26

En efecto, e arredor diso sempre soe asomar o fucinho a permanente confusión capitalista entre valor e prezo.

Que pensará disto Safranski?



9
De: Vendell Fecha: 2004-10-06 21:54

O capitalismo é un recén chegado á loita pola liberdade, supoño.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 23.20.157.174 (f8ae440b99)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley