caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > O manifesto estranho, 3
> O manifesto estranho, 3 <

Pola metade da década dos trinta na vida de Bette Davis reapareceu William Wyler, un dos mais grandes directores da historia do cine. Viviron varios anos fermosos e intensos e rodaron xuntos tres obras mestras inesquecíveis, Jezebel, The letter e The little foxes. Eles dous xa mantiveran unha relación algún tempo atrás; ao se reencontrar, Bette Davis non duvidou en facerlhe un feixe de reproches e lembrar o moito que sufrira pola súa culpa. William Wyler desarmouna cunha única frase, I'm nicer now. Son mais simpático agora.

I'm nicer now. Eu quixera poder dicir que son mais simpático e melhor persoa que hai un mes, cando publiquei este texto anunciando un pequeno parón que aproveitaría para reflexionar un pouco sobre a lingua e os contidos deste blog. Infelizmente non é así. Nin sequera me volvín mais sabio ou mais escéptico. Son o mesmo que era en agosto, apenas un mes mais velho.

O que si aprendín é que non hai razón algunha para renunciar ao humor e á alegría, mesmo se do que se trata é de facer a elexía dun mundo que se vai. Vivimos días estranhos, mas confiamos na capacidade transformadora da palavra e iso é suficiente para seguir tendo esperanza.

Benvidos sexan todos. Vémonos en Donostia.

2004-09-14, 01:00 | 7 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/21424

Comentarios

1
De: peke Fecha: 2004-09-14 23:57

¡Gócea, Pawley! :):):)



2
De: Martin Pawley Fecha: 2004-09-15 00:03

E procuren manterse ben informados.



3
De: Mifune Fecha: 2004-09-15 00:32

No sabes hasta qué punto estoy de acuerdo con este post, Pawley. :)



4
De: Teki Fecha: 2004-09-15 18:48

Un poco de sentido del humor tampoco es mal bagaje
Por cierto, que a las monjas de Eiris hubo que dejarles la encomienda en un contestador que empezaba:
--Ave Maria Purísima.

Si no me cree, lo prueba.
Me costó horrores no contestar:
-Sin pecado concebida.
Ahora, sólo resta esperar que funcione.



5
De: Vendell Fecha: 2004-09-15 19:12

Caramba Teki, ¿y Vd qué tratos tiene con las monjas de Eirís?



6
De: pinacle Fecha: 2004-09-15 19:57

Pawley, que grande es: "Elexía dun mundo que se vai..."

Outro dicía "eu só amo os que só saben vivir afundíndose no seu ocaso" (ou algo así) e que só creería nun deus que soubese bailar.

É o que nos queda: danzar sobre o abismo.



7
De: Teki Fecha: 2004-09-16 11:09

Pawley me dio el chivatazo, porque había pendientes en la familia unos "ejercicios" no precisamente espirituales.
Que lo mismo por eso me ha metido Ud. por medio en lo de la materia espiritual, que servidora no abrió el pico por no saber ni qué decir. Que ya es raro que me pase eso.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.92.180.46 (3720b17153)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley