caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Mariquitas, católicos e ofendidos
> Mariquitas, católicos e ofendidos <

Cóntao hoxe o periódico: Canal Sur Televisión vén de ser condenada a indemnizar con trinta mil euros a un tal Enrique del Pozo porque lhe chamaron "mariquita" nun programa da cadea. Trátase dunha "intromisión ilexítima no seu dereito ao honor", cousa que a min me lembra a aquela historia do Alejandro Sanz que contei no Renas e Veados (e que lhes recomendo vivamente que lean antes de continuar). Certo que mariquita, maricón, panasca ou paneleiro son expresións despectivas ou como pouco vulgares, ditas case sempre con ánimo de amolar a quen as escoita; pero tamén é verdade que, mal gosto aparte, a negatividade que se lhe supón a esas palavras non vén dada precisamente porque sexan feas, senón polo desprezo que aínda hoxe moita xente segue amosando cara os homosexuais. Quen se ofende por ser chamado marica o que está reconhecendo de xeito explícito ou implícito é unha certa aversión por unha orientación sexual lexítima, até o ponto de considerala un insulto tan grave que merece o paso polos tribunais.

Alguén pensará que o concepto do honor é algo moi particular e que cada persoa ten dereito a sentirse insultada cando lhe pareza. E é certo, si, pero iso non implica que logo haxa que darlhe a razón amparando coa lei os prexuízos de cada un. Porque se a min, que son ateu, alguén me chamase católico ¿podería sentirme ofendido e denuncialo nos xulgados? ¿Debería ponherlhe un pleito á ICAR por terme nas súas bases de dados sen o meu consentimento de adulto, por insultarme ao me considerar un ser irracional que cre en milagres, aparicións da Virxe e todas esas trapalhadas? Sendo eu un home escéptico e racionalista ¿non debería considerar unha grave intromisión no meu honor que o arcebispado de Santiago pense que eu tenho fe?

Ou será que os ateus non temos honor?

2004-08-09, 01:00 | 10 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/20721

Comentarios

1
De: Martin Pawley Fecha: 2004-08-09 23:40

Xúrolhes que eu non quería escribir nada até setembro, pero entre os incendios reais e os metafóricos non che hai maneira...



2
De: ylek Fecha: 2004-08-10 01:45

los religiosos, en especial de la iglesia católica, han venido haciendo apología del delito desde que se constituyeron como iglesia, lo novedoso y bueno esta vez es que los denuncian
un abrazo!



3
De: opaco Fecha: 2004-08-10 15:10

Pois seica e asi, o dereito ao honor so e para amparar as liberdades dos brancos catolicos e heteosexuais ;-)



4
De: Princesa Fiona Fecha: 2004-08-11 16:30

O meu honor anda ferido por non poder poñer as tetas ó sol segundo os da capital do reino...



5
De: peke Fecha: 2004-08-11 22:39

O párroco que secunda esa patochada non ten honor nin nada semellante. Aínda que lles ronca moita máis aos seglares que a iniciaron.



6
De: peke Fecha: 2004-08-11 22:40

Refírome ao que alude a Princesa Fiona. Ao mesmo nivel.



7
De: Pedro Lemos Fecha: 2004-08-15 14:17

Aqui no Brasil os tribunais reconhecem o direito à indenização pelo chamado "dano moral", mas dividem em partes: ofensa à imagem, à honra, ao crédito, à estética, e por aí vai.

Acho que tens razão: conceder a indenização sob esse argumento é reconhecer o homossexualismo como algo reprovável. Seria mais coerente condenar o ofensor por atribuir à palavra uma conotação injuriosa, fomentando o preconceito contra os homossexuais. Cumpre de fato aos juízes mediar as questões culturais em prol de uma convivência harmoniosa e plural.

Quanto a nós, ateus, queria que o nosso idealismo não fosse utilizado para tirar vantagens. Uma máxima muito corrente por aqui: "Ele é bom, mas é ateu". :) O Governo do Brasil adotou uma campanha publicitária de valorização do povo brasileiro, calcada numa canção de Raul Seixas que começa assim: "Veja, não diga que a canção está perdida, tenha fé em Deus tenha fé na vida ...".

Fazer o que?



8
De: Cesare Fecha: 2004-08-15 20:39

Por certo que o máis pavero é que o preiteante sexa esta especie de escoria mental, da que non vou dar máis datos non vaia ser que tamén preitee contra min (ou o que é peor, contra Martin Pawley).

Que tipo de lobotomía habería que facer para curar a E.d.P? Ven vostedes o que pasa por ver moitos documentais de Rodríguez de la Fuente?



9
De: Martin Pawley Fecha: 2004-08-15 22:39

Cesare, en casos coma ese é preciso un tratamento de choque: leitura, moita leitura.



10
De: revelde Fecha: 2004-08-17 12:32

Estou dacordo co que pos, pero gustaríame facer unha matización. Que te chamen marica, maricón e un largo etc, non e un insulto que me afecte, de feito o teño moi superado, pero creo que, aínda asi, temos que luitar porque ese insulto pase a ser máis ben un orgullo, e que a sua utilizacion se enmarque nun contexto intimamente cariñoso e claramente homosexual. Explícome, para min non é o mesmo que un dos meus amigos homoxesuais me diga "maricón" a que mo diga un crio de 16 anos porque vou collido da man do meu mozo pola rúa.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 23.20.157.174 (f8ae440b99)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley