caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Cinco centos
> Cinco centos <



500 é un número como calquera outro, pero eu sinto certo aprezo polas cifras orondas e non podía deixar pasar a ocasión de ponherme endogámico. Mais unha vez.

Co de hoxe, 28 de xulho, son 500 os días que leva este blog aberto neste bairro blogalita.

A pregunta é: ¿para que?

2004-07-27, 01:00 | 27 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/20500

Comentarios

1
De: Boss Fecha: 2004-07-27 23:58

Para quê tantos jornais que nunca leio? Programas de TV que nunca vejo? Rádio que não oiço..

A pergunta vale para tudo. A resposta é para comunicares, e não falta quem te queira ler ;)



2
De: Indi Fecha: 2004-07-27 23:59

Trabucar de mes non é malo, mais ben o contrario. Agora que volver poñer un mapa é xa un desafío.
Pretende vç superar o velho record de post?



3
De: Martin Pawley Fecha: 2004-07-28 00:02

Hehehe, Indi. Agora corrixo a data.



4
De: Martin Pawley Fecha: 2004-07-28 00:05

En canto o do mapa, era inevitável. ¿Algunha outra imaxe podía ser mais representativa destes 500 días?

E, ademais, o que daquela resultou molesto non foi a foto, senón a palavra que a acompanhaba:


Nação



5
De: Indi Fecha: 2004-07-28 00:07

Patria.
Pode, a algúns, resultar insultante, mais recollo a encomenda do raposo de Arteixo: A cagar de campo.



6
De: Indi Fecha: 2004-07-28 00:19

Se tivese tempo pediríalhe que se aproximase á minha web, no apartado de Redondelas'News, Paixóns, para ter unha opinión reconhecida sobre un texto que venho de colgar.



7
De: Martin Pawley Fecha: 2004-07-28 00:28

Lereino con moito gosto, pero ¿a que texto se refire?



8
De: Teki Fecha: 2004-07-28 00:35

Vale la pregunta pero ¿y la respuesta?



9
De: Indi Fecha: 2004-07-28 00:35

Unha versión galega de "Va' pensiero, sull'ali dorate" que un meu grande amigo soñou convertir en canto fraternal.



10
De: Martin Pawley Fecha: 2004-07-28 00:47

The answer, my friend, is blowin' in the wind.



11
De: Indi Fecha: 2004-07-28 00:56

Beautiful. O Roberto andivo pola naçao e Mr Fraga lembrouse dos seus velhos tempos de cando era novo e aproximouse a el e, baixando a testa dixo: "How much time has a man that to travel before prsentarse again to the elections?"
The answer, my friend, is blowin' in the wind.
Os velhos galeguistas nunca morren



12
De: Martin Pawley Fecha: 2004-07-28 01:32

Indi, o texto está inzado de referencias patrióticas (a bandeira que flamea nos castros, a Galicia baril, etc), que seguro farían moi feliz a Pondal pero que a min persoalmente non me interesan nada. Xa dixen algunha vez que eu non me sinto dono da nada, e moito menos da parte da Terra que piso. Non sinto a ninguén mais próximo a min polo feito de ser galego. Eu nacín aquí, formo parte de todo isto, simplesmente. Estou vencelhado culturalmente a unha longa tradición e fago uso da lingua que falaban os meus avós, pero que tamén, eis o milagre, permíteme proxectarme a outros territorios, a outros povos, a outras maneiras de ver o mundo. Cando eu digo "son nacionalista" o que eu quero dicer é "quero mais autogoverno". Quero que se tomen desde aquí o maior número de decisións, e non desde lugares nos que o meu país sempre será visto como unha anécdota simpática. Quero que me respeiten como eu respeito ao resto de habitantes do planeta, que ninguén se pregunte porque eu falo galego ao igual que eu non me pregunto porque os ingleses falan inglés.

Das soflamas decimonónicas, eu paso.



13
De: Martin Pawley Fecha: 2004-07-28 01:54

Imaxino que acabará aparecendo por aquí o amigo Vendell dicindo que o verdadeiro problema é o bon governo. E ten razón, ademais. Pero tendo en conta o lonxe que estamos dese bon governo, e avaliando o interese que amosou a ONU polos ruandeses ou o aznarato polo Prestige, eu prefiro estar a poucos kilómetros de quen decida as cousas. Non porque o vaia facer necesariamente melhor, senón porque, como mínimo, nos levará menos tempo chegar ás manifestacións.



14
De: dorvisou Fecha: 2004-07-28 03:03

Contestar a esa pergunta non é obrigado para alguén, que entra no seu blog antes que no seu própio.
Ademais, perguntar eso despois de recrearse como ó fixo no anterior post, ten toda a libertade para poñerse o endogámico que queira.
Até lle queda ben e todo.



15
De: Mifune Fecha: 2004-07-28 03:29

Felicidades! Debería mirar las efemérides de aquel primer día de estreno para ver qué pasaba. Seguro que ponían un ciclo de Kubrick por allá y no lo confiesa. :P



16
De: Vendell Fecha: 2004-07-28 08:13

Pawley, hai cinco centas razóns. Unha delas e pra poñer o país patas arriba, de xeito tal que se lle vexa o raído do elástico das bragas. Outra pra ensinarmos a ama-lo cine con coñecemento de causa. Máis, pra descubrir por nos blogs que fan posible que lle deamos a volta ao mundo...

E pra discutir tamén. Comparto a súa morna visión da patria e certa apatía polos séus símbolos, pero hai problemas que só poderemos resolver externalizando o poder. E non falo da incapacidade do popular dinosaurio, senón de cuestións que son xa globais e esixen solucións globais.

Un exemplo: se mañá Galicia decide executa-lo protocolo de Kioto, alá van as centrais térmicas de As Pontes e Meirama triquitriqui pra Ponferrada.



17
De: xisbe Fecha: 2004-07-28 14:54

Fago minhas as tuas palabras do comentario nº12, non sabería expresar millor o que sinto/penso sobre o noso país.
Por outra banda, tes unha crise de confianza?. Parece evidente que o teu blog é necesario.



18
De: Snob Neurotico Fecha: 2004-07-28 16:18

A resposta non a sei.
O que está claro é que neste caso os medios xustifican o fin.
Parabéns! ;-)



19
De: Yogurtu Fecha: 2004-07-28 22:34

¿Para que? Para mellor, sempre para mellor. Un gusto.



20
De: Indi Fecha: 2004-07-28 23:44

Pondaliano e decimonónico, así é, que non foi outro o seu significado.
Eu persoalmente son propietario da miña hipoteca que a pesares de ser da caixanova non ma deron más económica polo feito de nacer galego de nación.
Saúdos



21
De: Indi Fecha: 2004-07-28 23:44

Pondaliano e decimonónico, así é, que non foi outro o seu significado.
Eu persoalmente son propietario da miña hipoteca que a pesares de ser da caixanova non ma deron más económica polo feito de nacer galego de nación.
Saúdos



22
De: Martin Pawley Fecha: 2004-07-29 01:19

Vendell, é obvio que hai moitas cuestións que só poden ser resoltas desde unha perspectiva global, pero iso non é incompatível co que eu digo. O único que sucede é que o meu concepto do global empeza no Bierzo e non nos Pirineos, simplesmente.

xisbe, non é unha crise de confianza, nin moito menos. Pero a resposta, melhor, pónhoa en post aparte.



23
De: individua bastante ignorante da politica o seu pesar Fecha: 2004-08-02 13:22

Gustariame saber "exactamente" de que se queixan os Cataláns, Vascos, Andaluces, Aragoneses, Manchegos......Galegos
e sacar algunha conclusión práctica

de que se queixan os Bretóns, Parisinos etc. e tirar mais conclusións prácticas

Resumindo, gustariame que na educación básica obrigatoria a cultura política fose primordial real e exisente, porque considero que é fundamental pra o individuo e por extensión a vida dun barrio, localidade, provincia, comunidade etc. ata chegares o mundo enteiro.

Isto penso que arranxaria tantos problemas de hoxe, que faría tremer os cimentos do sistema e anovalo (supoño e espero que positivamente).

Cun público así, meu Pawley, de seguro que as intervencións sobor Darfur e demais non lle parecian "excasas"



24
De: Jaio la espía Fecha: 2004-08-03 21:36

¿Para abrir las mentes?
¿Para tener un ocio creativo?
¿Para encontrar otros pareceres?
¿Para contaminarnos con los demás?
¿Para divertirnos con las seis da sexta?
¿Para denunciar lo que nos parezca denunciable?

¿Y por qué hay que tener un para qué? ¿También se ha contagiado usted del utilitarismo de los usas?

Felicidades por los 500 medio millar y subiendo.



25
De: Martin Pawley Fecha: 2004-08-03 21:50

Para facer o que Pawley nos suxire.



26
De: cucur Fecha: 2004-08-24 06:55

Aixó mateix em pregunto jo.
Per a qué mantindre un blog en llengua galega si m és de la meitat de la gent que entra açí no coneix eixa llengua? No feas propaganda del castellá en el teu blog? Pos podríes fer example del tema y predicar amb ell.



27
De: Martin Pawley Fecha: 2004-08-24 23:49

Cucur, eu escribo na minha lingua, que é a galega. Tamén escribo en castelán, que é unha lingua que se me dá bastante ben tamén. En calquera das minhas bitácoras os visitantes son moi livres de expresarse na lingua que prefiran: se logo vostede considera que iso é "facer propaganda" é problema seu. A min tanto me ten iso. Eu dou por suposto que a xente fala no idioma que melhor sabe, ou no que lhe peta, e paréceme moi ben.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.92.180.46 (3720b17153)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley