caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Porno-homofobia
> Porno-homofobia <

Un dos melhores blogs portugueses, os tempos que correm do xenial Miguel Vale de Almeida, leva recibindo durante os últimos días a visita dun comentarista cheo de odio e ao mesmo tempo involuntariamente divertido. O individuo este, que asina MMG ou co seu nome completo, Manuel Maria Grainer, exibe unha paranoia delirante contra os cidadás LGBT, feito este que en principio non o diferencia de tantos outros imbéciles como hai polo mundo adiante. O insólito do caso é que para manifestar o seu desprezo acaba por reproducir todos os tópicos da pornografía de serie z (minúscula), inzando o seu patético discurso de cuartos escuros, sexo en grupo, felacións múltiples e prácticas sadomaso:

...sentem-se orgulhosos, passeiam-se no Chiado, têm amigos modernaços que se dão com eles porque é "cool". Vão aos quartos escuros, comem-se todos uns aos outros e adoram ir a Amsterdão ser sodomizados por negróides avantajados vestidos de "sado-batman". Ora ora Miguel, já é tempo de dizer as coisas como elas são (e até admito que te possas sentir orgulhoso disso): mas não passas de um paneleiro instruído com maneirismos de escritor. Sim, tomei os comprimidos daqueles tu dás ao teu namorado para ele te rebentar essas entranhas. É verdade Miguel, diz-me uma coisa, és o passivo ou o activo?

Non me digan que iso dos negróides avantajados vestidos de "sado-batman" non ten o seu encanto. O tipo, ademais de homófobo, demostra ser tamén un racista repugnante, pero non deixa de chamar a atención o seu gosto pola fantasía hard-core mais casposa. Represión, moita represión é o que hai. Reparen, por exemplo, nisto que lhe adica ao amigo Boss:

meu caro Boss, ser o namoradinho passivo do MVA, esse candidato a presidente da indizível rabetagem portuguesa, elogiar o Zapatero dizendo que ele é giro, ou outras alarvidades de paneleiro como o textinho patético que escrivinhaste em cima, só confirma o entendimento de que a panascagem, mais tarde ou mais cedo, começa a resvalar no estigma de ser um diminuido social. Conta lá Miguel, os papás apoiaram-te na tua escolha ou foram maus para ti e expulsaram-te de casa? E no Natal, passas mal quando as tuas tias não deixam os sobrinhos falar com o "panilas" da famelga? Já te trataram muito mal em restaurantes, bares e discotecas? Chamaram-te nomes esse heterosexuais que andam para aí?...

Este clase de delirios podería mesmo até ser simpática, de puro absurda; o froito dunha cabeza que require medidas urxentes: tratamento psiquiátrico ou sexo (ou quizá ambas cousas). Outras frases súas xa non tenhen tanta graza e coinciden coa visión do mundo dos grupúsculos fascistas mais perigosos:

Percebo como a "comunidade" homossexual é uma verdadeira degeneração das sociedades modernas. O que antes eram homens doentes isolados são agora, unidos pela devassidão humana, "grupos organizados" com o único intuito de promoverem a degradação da sociedade... Querem que liberdade sexual signifique libertinagem. Querem que democracia signifique igualdade de direitos entre cidadãos normais e pervertidos que se passeiam em paradas gays, vestidos de mulheres horrendas. Querem que amor signifique concupiscência e poligamia sem critérios.

Penoso. Noxento. Ridículo. Por fortuna, xente coma el hai moi pouca.

Porque hai moi pouca, ¿non si?

P.S.: un útil dicionario on-line da lingua portuguesa, por se precisan del, aínda que é fácil intuír polo contexto o que significan palavras como panasca ou paneleiro...

hoxe hai un ano: dez grandes temas da Penguin Cafe Orchestra

2004-07-20, 01:00 | 21 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/20342

Comentarios

1
De: Vendell Fecha: 2004-07-20 22:54

Non sí

Non, son moitos. Algúns incluso levan mitra pra que os poidamos recoñecer.



2
De: Akin Fecha: 2004-07-20 22:59

Bueno, teño discursos similares pero en inglés se alguén os precisa.

E sí, son moitos, na enquisa do foro no que estou eu son o 25%



3
De: Martin Pawley Fecha: 2004-07-20 23:01

Certo, Vendell. Aínda que din por aí que algo se move no seo dos men in black...



4
De: Vendell Fecha: 2004-07-20 23:16

Por non mencionar aos guardiáns da ortodoxia musulmana, ainda máis aficionados ao bondage polo pescozo.



5
De: Martin Pawley Fecha: 2004-07-20 23:20

Sobre todo en Sudán.



6
De: Martin Pawley Fecha: 2004-07-20 23:35

Akin, please, se non son moi longos, pónhaos aquí mesmo, ou faga unha pequena selección.



7
De: peke Fecha: 2004-07-20 23:59

Teñen que ser poucos, por favor, teñen que ser poucos. Se non, estamos todos perdidos (permítanme este arrouto desesperado).



8
De: Uxio Fecha: 2004-07-21 01:21

Eu estou con peke. Teñen que ser poucos. Alomenos relativamente, comparados co resto da sociedade.

Pawley, creo que ese tipiño necesita ademási do que você cita tamén un pouco de cultura...

Bicos e non se me desanimen :)



9
De: Martin Pawley Fecha: 2004-07-21 01:26

¿Só un pouco? ;-)



10
De: dorvisou Fecha: 2004-07-21 02:39

Os blogs aínda non están infectados mais nos foros e comunidades pululan que da gusto. Non é cultura. E máis ben unha cuestión de hixiene mental( non ten nada que ver con Fungueiriño, eh).



11
De: Akin Fecha: 2004-07-21 09:56

Pois complicado atopar, son en torno ás 50 páxinas de opinións sobre o tema e paso de repasalas todas, velaí algunhas:

I am a bible believing christian so, it is a choice to be a homosexual and it is immoral. Don't get me wrong though I do not hate Homosexuals I pray for them just like I pray for anyone else. If you are (or at least claim to be) a christian and see nothing wrong with it them you may wanna read(or hopefully reread) 1 Corinthians 6:9. Also Romans 1:24 is a good verse.

Outra:

he Bible remarks Man was made in God's image. It also states in a chapter or two following that Man fell into sin and that image was lost. The image that was left was corrupted. And that corrupted image was the one that was passed from generation to generation. It can only be made right by grace, through faith in Jesus Christ who offers complete forgiveness of sins and eternal life.

It does away with the falsehood that harmful and addicting behaviors such as same-sex activity need to be accepted by as "just as one is" or that that one needs to be self-hating because they have struggles they contend with.

The same God who condemns Homosexual behavior just as He condemns all sin, also shows offers the complete forgiveness of sins.
e...

gays should be doused in kerosene and lit on fire

e...

Gay marriages is simply a case of man's misuse of freedom - a kind of imposition of human wisdom. I think this is a kind of spiritual aberration.

Alguén que se inventa realidades alternativas dun xeito repulsivo...

This is not the point. A child grownth in a gay ambient, will at 90% become gay, even if he is straight.
In nature, there are case of homosexuality (obviously) but no "gay" animals (and man is) have offspring, oe puppies to educate...

Iste é dos meus favoritos, unha argumentación poderosa:

Homosexuality/Lesbianism is so WRONG!!!!!! It is totally un-natural! America is a nation founded on Godly principles, you know, 'In God We Trust' Isn't that part of your crest?

Well, guess what? God is totally against it!!!!! If you do not know the Book (Bible), READ IT!!!!!!!

Iste en cambio é comprensivo, pobriños gays...

I don't believe two men/women can love each other, I think that they can be sexually attracted to one another because of a genetic defect. That is why I don't believe in gay marriage, but that doesn't mean that I wish to stop them from getting married. If they want to, let them, they aren't hurting anyone. I don't believe in gay pride too. Homosexuality is a genetic defect, not something to be proud of. You don't see mentally handicapped saying how proud they are to have such a terrible thing happen to them.

E déixoo co máis claro dos comentaristas...
no.
NO. IT IS ABSOLUTELY ANTI-BIBLICAL. Homosexuality is a SIN.


Esto polo páxina cuarta da revisión, como digo son unhas 50 e sei dalgunhas máis divertidas en páxinas posteriores, pero é demasiado para ler de novo.

O que máis me gustabe era un que viña a preguntar que sería o seguinte, se matrimonios múltiples ou matrimonios zoofílicos...



12
De: Ferran Fecha: 2004-07-21 10:53

Desgraciadamente no son pocos, algunos llevan mitra (como decía Vendell) y otros gobiernan (o han gobernado).

Los estereotipos de MMG son sólo eso, pero a estos individuos no les conviene reconocer que no todos los homosexuales frecuentan cuartos oscuros o se visten de "mulheres horrendas". Así pueden convertirnos en algo anormal, en algo aparte de la sociedad, en algo peligroso, en algo que debe ser suprimido.

Y no hay que olvidar que en las cámaras de gas nazis no sólo murieron judíos, comunistas y gitanos, sino también un buen número de homosexuales sólo por ser lo que eran.



13
De: dot Fecha: 2004-07-21 11:36

As airadas reaccións conservadoras son tan vellas coma o mundo... e como as ideas progresistas afortunadamente!
Sustituindo a palabra gai por mulleres ou negros os argumentos son os mesmos que hai un século.
En canto ao que escribe este individuo, atopoo tan conseguido, que sospeito que reflicte os seus (tristes) pensamentos e inquedanzas reais. As imitacións retranqueiras nesta liña non acostuman acadar cotas tan altas de calidade humorística.
Os que non me fan tanta gracia son as declaracións dos seus líderes espirituais: será porque se teñen que moderar. Non parecería moi cristián falar así. ;)



14
De: Mifune Fecha: 2004-07-21 13:43

Los homófobos se sienten alentados por los "men in black" que citas. Estos últimos sí que se pasan media vida en cuartos oscuros.. :-S



15
De: Rogério da Costa Pereira Fecha: 2004-07-21 16:07

É certo que são comum esses tipo de manifestações homofóbicas em Portugal.
Porém, sinceramente, penso que elas se auto-contestam, tal a estupidez enxertada no raciocinio.
Acho quem quem proclama esse discurso tem aqlguma disfunção mental que Freud, por certo, explicaria.



16
De: peke Fecha: 2004-07-21 16:58

¿Tan difícil é practicar o "vive e deixa vivir"?



17
De: Boss Fecha: 2004-07-21 18:31

Tal como dorvisou acho que os blogs ainda são uma zona priveligiada da internet, algo "elitista". Os comentários que o akin cita tb se vêem em fórum portugueses, brasileiros e certamente espanhóis tb...



18
De: Martin Pawley Fecha: 2004-07-25 01:01

Mais uma do MMG:

A fidelidade é apenas uma das bases estruturantes do casamento que os homossexuais não conseguem corresponder. É um dado adquirido que uma larga maioria de homossexuais tem uma propensão patológica para a promiscuidade sexual e sentimental. Isso está patente no cinema, na literatura e, inclusivamente, em estudos sociológicos. Afirmar o contrário baseando-se numa pequena franja da "comunidade" é querer não ver a realidade. E é triste ver que essa minúscula elite reivindique direitos em nome da maioria homossexual, constituída de depravados, transsexuais e "bichas histéricas".



19
De: Martin Pawley Fecha: 2004-07-25 16:33

(El matrimonio) es esencialmente heterosexual y base ineludible de la familia, cuya quiebra supone la quiebra de la sociedad haciéndola vulnerable a intereses que nada tienen que ver con el bien común.

Julian Barrio, Arcebispo de Santiago, durante a oferenda ao Apóstolo de hoxe, 25 de xulho, Día de Galiza.



20
De: Jueves Addams Fecha: 2004-07-25 22:21

me pregunto porqué les asusta tanto el matrimonio libre (no creo que comprendan el concepto "libre")
Saludos



21
De: O levantador de minas Fecha: 2006-06-28 08:41

Algúns, felizmente, desde os cinco anos xa ven isto doutro xeito. Lémbrovos o post de 15 de novembro de 2005 d'O blog dos pelachos.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.225.54.120 (0f9f8a5c91)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley