caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Tinha razón Orwell
> Tinha razón Orwell <

Xa o dixen no post anterior: o Relatório do Desenvolvimento Humano 2004 é unha leitura indispensável. Cifras, cifras, cifras, e detrás delas seres humanos coma nós, coa diferencia de que moitos milhóns deles apenas chegarán a vivir corenta anos.

Porque todos os seres humanos somos iguais, si, pero algúns seguimos sendo mais iguais que outros:

Noruega, posto 1:

Esperanza de vida: 78,9 anos
Taxa de alfabetización de adultos: practicamente o 100%
P.I.B. per cápita: 36600 dólares PPC

España, posto 20:

Esperanza de vida: 79,2 anos
Taxa de alfabetización de adultos: 97,7%
P.I.B. per cápita: 21460 dólares PPC

Portugal, posto 26:

Esperanza de vida: 76,1 anos
Taxa de alfabetización de adultos: 92,5%
P.I.B. per cápita: 18280 dólares PPC

Sudán, posto 139:
(dados baseados en informacións principalmente do norte do país)

Esperanza de vida: 55,5 anos
Taxa de alfabetización de adultos: 59,9%
P.I.B. per cápita: 1820 dólares PPC

Senegal, posto 157:

Esperanza de vida: 52,7 anos
Taxa de alfabetización de adultos: 39,3%
P.I.B. per cápita: 1580 dólares PPC

Ruanda, posto 159:

Esperanza de vida: 38,9 anos
Taxa de alfabetización de adultos: 69,2%
P.I.B. per cápita: 1270 dólares PPC

Moçambique, posto 171:

Esperanza de vida: 38,5 anos
Taxa de alfabetización de adultos: 46,5%
P.I.B. per cápita: 1050 dólares PPC

Guiné-Bissau, posto 172:

Esperanza de vida: 45,2 anos
Taxa de alfabetización de adultos: 39,6%
P.I.B. per cápita: 710 dólares PPC

Serra Leoa, posto 177:

Esperanza de vida: 34,3 anos
Taxa de alfabetización de adultos: 36,0%
P.I.B. per cápita: 520 dólares PPC

hai cousa dun ano: outro mundo ten que ser posível

2004-07-17, 01:00 | 15 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/20272

Comentarios

1
De: Martin Pawley Fecha: 2004-07-17 19:17

O informe está disponível noutros idiomas: español, inglés, francés e tamén en italiano e ruso desde esta páxina. Trátase de ficheiros PDF duns tres megas de tamanho, que poden abrirse co programa Acrobat Reader.



2
De: Vendell Fecha: 2004-07-17 20:32

En Sierra Leoa a mitade dos blogueiros que coñezo xa estarían mortos



3
De: Martin Pawley Fecha: 2004-07-18 01:05

Boa comparación, Vendell. ¿Que tal se repasemos a lista dos países nos que a esperanza de vida é inferior a 50 anos?

Zambia: 32,7
Zimbabue: 33,9
Serra Leoa: 34,3
Suazilandia: 35,7
Lesoto: 36,3
Malawi: 37,8
Moçambique: 38,5
Ruanda: 38,9
Republica Centro-Africana: 39,8
Angola: 40,1
Burundi: 40,8
Costa de Marfim: 41,2
Congo: 41,4
Botswana: 41,4
Tanzania: 43,5
Chad: 44,7
Guiné-Bissau: 45,2
Kenia: 45,2
Namibia: 45,3
Etiopia: 45,5
Uganda: 45,7
Burkina Faso: 45,8
Djibouti: 45,8
Níger: 46
Camerún: 46,8
Congo: 48,3
Mali: 48,5
África do Sul: 48,8
Guiné: 48,9
Guiné Ecuatorial: 49,1
Timor-Leste: 49,3
Haiti: 49,4
Togo: 49,9



4
De: Martin Pawley Fecha: 2004-07-18 01:18

E unha definición:

La Paridad del Poder de Compra (PPC) representa el número de unidades de moneda local requeridas para comprar la misma cantidad de bienes y servicios en el mercado nacional, tal como un dólar lo haría en el mercado de EEUU (tomando a este país como referencia o numerario). De este modo, las mediciones realizadas en PPC involucran, en sus cálculos, tanto al tipo de cambio como a los índices de precios relativos de cada país. El PPC es un factor de conversión que muestra la relación de precios, en moneda nacional, de los mismos bienes y servicios en diferentes países.



5
De: Vendell Fecha: 2004-07-18 18:39

Kapuscinski obrigatorio nas escolas do primeiro mundo.



6
De: Martin Pawley Fecha: 2004-07-18 21:15

Ébano, para empezar. E os Lapidarium.

E o de Fredrickson sobre o Racismo.

Vendell, vostede que non cre en afinidades territoriais, ¿por que cre que a xente fica conmovida por cen mortos en Madrid, pero non por cen mil en Sudán, por exemplo?



7
De: Vendell Fecha: 2004-07-19 00:06

Supoño que os de Madrid somos nós, e os de Sudán son eles. Na revisión dese constructo social que é a identidade non atopamos elementos comúns con esa xente. Ademáis, xeográficamente ocupamos espacios que só conflúen de modo virtual no TD2. E logo temos o prexuizo de que "eles teñen o que merecen, son uns salvaxes incapaces de organizar outra cousa que non sexa unha merenda de negros".

E como cando o meu sobriño descubríu nun documental que as xirafas eran seres reais, non personaxes dun conto. Necesitamos máis Kapuscinski pra descubrir nós tamén que os africanos son algo máis que personaxes dun espacio mitolóxico.



8
De: Martin Pawley Fecha: 2004-07-19 00:18

¿E con razón a que construimos eses "elementos comúns", Vendell? ¿A lingua e a cultura? ¿Quere iso dicir que unha traxedia en Chile nos conmovería mais que o 11-S? ¿A distancia? ¿Quere iso dicir que unha traxedia en Lanzarote nos conmove menos que unha traxedia en Marrocos? ¿A semelhanza cos nosos comportamentos cotiás? ¿Quere iso dicir que os mortos por accidente de tráfico nos conmoven mais que o naufraxio de "O Bahía"?



9
De: Vendell Fecha: 2004-07-19 00:34

E que a construcción da identidade é asunto complexo. Por outra banda, hai máis factores: non é o mesmo a morte cotidiá das estradas que a morte épica nun naufraxio. Non é o mesmo que os mortos sexan de preto que de lonxe, que falen coma nós ou non, que teñan igrexas ou pagodas, que sexan pobres ou ricos, anónimos ou famosos, que sexan novos ou vellos, miserables ou heroes...

Se facemos unha enquisa ao mellor descubrimos que a morte que máis nos toca é a dunha persona xoven, rica, coñecida, con boa fama, culturalmente próxima, socialmente integrada e que se produza nunha situación absurda, individual e especialmente tráxica. E unha enquisa imaxinaria, pero xa me está a dar que pensar.



10
De: Martin Pawley Fecha: 2004-07-19 00:50

Dentro desa contrucción da identidade, ¿os límites territoriais son importantes? É dicir, se desde pequeno se nos educa para que creamos que os que falan español e pagan en pesetas son mais próximos a nós que os demais, ¿é en consecuencia lóxico pensar que a morte dunha persoa en Murcia acabe por conmovernos mais que a dun senegalés, sendo ambos individuos desconhecidos para nós?

¿E que sucede cando a cifra é tan desmesurada como as que vemos habitualmente referidas a África? Como iso de que cada 13 segundos morre de SIDA alguén nese continente, por exemplo... A súa colosal magnitude, ¿non debera superar todas as diferencias de identidade?



11
De: Teki Fecha: 2004-07-19 11:35

¿Me permiten?

Debería, sin duda, Prof.Pawley, pero (como dice el Doc), no lo hace.


Y precisamente porque la identidad "debe" construirse, son tan importantes la escuela (y la "enseñanza" de la historia), la Liga Española de Fútbol, la mili (¿ahora qué), TVE1 y La2, y quizá la agrupación de Tráfico de la Guardia Civil.

Y ya les dejo, que lo hacen rebién Uds. solos.

Por cierto, ¿no sabrían dónde podría publicar un amigo un escrito titulado "Militaricemos la selección"? (resulta un poco largo (1300 palabras) para un post y ya se lo han rechazado en un periódico).



12
De: indi Fecha: 2004-07-19 22:11

Cómo pretenden que yo, que le cuidé de potrillo
clave en su pecho un cuchillo porque el patrón lo ordenó
Déjenlo nomás pastar que yo lo voy a enterrar cuando se muera de viejo.
>Independentemente da súa idade



13
De: indi Fecha: 2004-07-19 22:21

Para Teki.
Sobre o asunto da publicación do texto do seu amigo,aínda que non somos salvat nin anaya, ofrecemos ao mundo todo aquilo que mereza ser ofrecido. Tampoucoi estamos por darlles margaridas aos porcos.
Nós publicamos o que vostede crea convinte en mendiante o envío a indiredo@galeon.com
Nos xa fixemos a mili franquista e sabemos de esquerda, dereita emáis de lado.



14
De: Martin Pawley Fecha: 2004-07-20 00:25

Teki, ten razón no que di, pero todo iso segue sen explicar o feito fundamental da nosa pasividade ante as catástrofes dos que non se parecen demasiado a nós (porque tenhen unha pel mais escura, rezan a outros deuses ou simplesmente viven lonxe).

Nesta lista de correo gostamos dos textos rencorosos e resentidos, os que non soen saír na prensa ;-) Mándemo ao correo que aparece pola columna da dereita e eu redistribúo, se quere

Indi, o comentario 12, ¿podería explicarmo un pouco mais?



15
De: Teki Fecha: 2004-07-21 08:13

Gracias, Pawley. Se lo diré a mi colega.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.225.16.10 (f23115c6d6)
Comentario
¿Cuánto es: mil + uno?









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley