caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > A melhor exposição do 2004 (2)
> A melhor exposição do 2004 (2) <



Catorce de xullo, quarta feira. Volvo cervexear co João Ricardo, un fenómeno. Visitamos xuntos algúns dos lugares imprescindíbveis da miña cidade: o mural de Leopoldo Nóvoa da canteira de Santa Margarita, o Jazz Filloa, o Parrote pola noite, coroado polo triángulo do verán, a Cova Folk... Mágoa que houbera moita xente en A Nova Pataca; deixámolo para outra vez, xunto á Librería Lume e un columpio/baloiço que hai polas Xubias. O caso é que acabou dándonos a madrugada, falando de arte, política e temas así de intensos, como corresponde a persoas intelixentes que saben que a seriedade nunca é incompatíbel co humor.

Xa lles dixen que a súa é a melhor exposición do 2004, ¿verdade?


Esta, malia ser a peza mais simples, é a miña favorita.


A verdade é que antonte estaba especialmente inspirado e sacou moito proveito dalgunhas esculturas. Desta, por exemplo.


Aínda que non o crean iso en tempos foi unha lavadora.


Aquí asoman varios dos seus obxectos sonoros; entre eles, un saxofón-aspirador que faría feliz ao Ornette Coleman.


Os instrumentos con cordas son particularmente suxerentes.


Este tamén é o meu favorito. A fin de contas, se as miñas listas dominicais de dez cousas inclúen sempre quince ou vinte, pensaban que ía conformarme con escoller aquí uma só?

2004-07-16, 01:00 | 1 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/20244

Comentarios

1
De: Vendell Fecha: 2004-07-16 17:46

Muito memorabel. Seica na derradeira semana de agosto va a dirixir un workshop pra nenos.

¡Temblade pais, nais e electrodomésticos!



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.158.80.117 (3bd2e8136f)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley