Servidor tende a ser un pouco desmedido cos seus afectos: gosto moito das cousas das que gosto, e manifesto un colosal desprezo cara aquelas que non me inspiran o menor interese. Digo isto para situar no seu xusto lugar a frase que vou escribir a continuación: a melhor exposición que poderemos ver ao longo deste 2004 amósase agora mesmo no salón de actos da Casa das Ciencias da Corunha, e responde ao nome de Obxectos Sonoros. Trátase dun conxunto de esculturas feitas con toda sorte de materiais que algún día foron considerados lixo por alguén, e cos cales un xenio chamado Joâo Ricardo de Barros Oliveira é quen de crear sons inimaxináveis, capaces de xerar en nós multitude de sensacións. Por se isto non fose dabondo o João resulta ser un home encantador, a clase de persoa coa cal un vai de boa gana a tomar unhas cervexas disfrutando dunha conversa na que hai humor e creatividade a partes iguais.
Desde a certeza de que eu hei de volver varias veces por alí para contemplar con olhos extasiados os froitos do inxenio do João, non me queda mais remedio que convidarlhes a vostedes a que constrúan as súas axendas do verán co fin de ver esta maravilha que eu vin hoxe. Permítanme que faga explícita a minha recomendación aos meus admirados Jaio e Mifune, aínda que, ben pensado, a exibición da obra deste magnífico artista portugués sería unha excusa perfeita para que algúns dos blogueiros de alén Minho se decidisen a descubrir todo o que se coce aquí polo norte.
Nota ao pé: se non queren facerme caso a min, fáganlhe caso a Vendell ¶
Eso, vaian pero non hoxe, que está pechado. Vexan horario en :
"Esta exposición se puede visitar en el Salón de Actos de la Casa de las Ciencias en horario de 12:00 a 14:00 y de 17:00 a 20:00 horas, todos los días excepto los lunes."
Vi a Joâo Ricardo de Barros en la televisión hace poco con motivo de la inauguración de esta exposición y me pareció un tipo singular. Mi madre, que ama la pintura, dijo que le recordaba a Dalí en sus expresiones. :)
Como ya sabes, es harto probable que los acontecimientos me lleven hasta allí y espero que pueda ser antes de que clausuren la muestra en la Casa das Ciencas.
P.D. = Se me olvidó decirle que estuve, casi sorpresivamente, con S.S. :D
Vendell, grazas por indicar expresamente o horario da exposición. Como saberá, é posível que Madame Jaio pase pola city where nobody is foreign a finais desta mesma semana. Pídome unhas cervexas a varias bandas (Você-João-Jaio), nalgún deses locais con moito visón e pouca televisión. Por certo, sigo apostando por incluír unha tecla do seu portátil no museo de reliquias literarias que promove desde o seu blog. Aínda que me borre os comentarios. ;-)
caladinha, vaia, vaia. E por se non estou por alí, non esqueza que tamén podo facer por pasar. ¿Marchando unha mini-quedada blogueiro-obxectual?
Teki, o mes de agosto será unha época magnífica para vir por aquí. Na segunda quincena seica o João ten previsto facer unha workshop con rapaces que pode resultar ben suxerente.
Mifune, venha para acá, home, aínda que non sexa levado polos acontecementos, que estas esculturas sonoras hai que velas. E conte algo do seu encontro con S.S., porfa.
Fueron unos 10 minutos, llevaba calzado de ese tipo boxeador (o clown, todo hay que decirlo) que le quitaba todo el glamour, no vi a su padre que es quien realmente me interesaba y al día siguiente fue la persona encargada de hacernos entrega del asunto.
O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.