caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > A única norma (Emerxencia - 3)
> A única norma (Emerxencia - 3) <

Ruanda, 1994

Durante esa temporada das matanzas madrugabamos mais que de costume, para comer moita carne; e iamos cara o campo de futebol a iso das nove ou as dez. Os xefes botaban a bronca aos que chegaban tarde e logo marchabamos para atacar. A norma número un era matar. Norma número dous non había. Era unha organización sen complicacións.
O primeiro día un representante do concelheiro pasou polas casas para dizer que fosemos enseguida a un mitin. E nese mitin o concelheiro comunicounos que o motivo da reunión era matar a todos os tutsis sen excepción. Díxoo de xeito moi simples e era moi simples entendelo. Así que o único que preguntamos en voz alta foron detalhes da organización. Por exemplo, como e cando había que empezar, porque non estabamos acostumados a ese labor; e tamén por onde empezabamos, porque os tutsis escaparan por todas partes. Houbo até quen preguntou se había preferencias. O concelheiro contestou con severidade: "Non fai falta preguntar por onde se empeza: a única organización que se precisa é botar a andar polo mato e agora mesmo, sen perder mais tempo en preguntas".

Declaracións de Pancrace no livro Una temporada de machetes, de Jean Hatzfeld, Editorial Anagrama.

Darfur, Sudán, 2004



Dias depois da visita de Kofi Annan e Colin Powell à região de Darfur, no Sudão, milhares de refugiados continuam a ser perseguidos pelas milícias árabes rebeldes.

O secretário-geral da ONU deu garantias aos sudaneses que não serão forçados a abandonar os campos de apoio (apesar do PAM alertar para a falta de meios) até existirem condições de segurança para o seu regresso a casa.

Postongo de Horrendo AdamastoR no bazonga da kilumba.

Médicos sen Fronteiras
Human Rights Watch

2004-07-07, 01:00 | 2 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/20050

Comentarios

1
De: Martin Pawley Fecha: 2004-07-07 03:26

Velaí van as anteriores referencias ao xenocidio de Darfur neste mesmo blog, roubadas nos dous casos ao bazonga:

Emerxencia

Emerxencia - 2



2
De: Vendell Fecha: 2004-07-07 17:52

Ese parece ser o problema. O que debería asumirse coma unha emerxencia pola comunidade política internacional acaba por convertirse nun problema burocrático que terá que resolverse só. Estas situacións son coma o ébola: remiten cando xa non queda a quen matar.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.211.200.222 (4a9aea0649)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley