As películas e as series de televisión soen amosar unha visión frenética dos hospitais, marcada pola velocidade e a acción. En todo momento están pasando cousas: hai un feixe de persoas que entran e saen e soben e baixan, mesmo aínda que non se saiba ben para que. A miña experiencia hospitalaria, sempre como acompañante e xamais como paciente, é, porén, moi distinta. A maior parte do tempo que pasei nos hospitais transcorreu entre salas de espera e de observación, lugares onde cada instante de tempo multiplica a súa duración por un factor impredecíbel. Miras ao teu redor e decátaste de que hai moita máis apariencia de actividade que actividade en si.
A cafetería do hospital serve sempre de intermedio. A botella de auga e o sandwich 3 en 1 crean unha certa sensación de normalidade, a tranquilidade de espuma dun café con leite que nunca sabe nin a café nin a leite. Alí non se oe a megafonía así que as noticias se toman un descanso. O (im)paciente dilata a súa estancia canto pode, e cando cre levar unha hora lonxe da realidade olla para o reloxio e descobre que só pasaron vinte minutos.
De volta na sala de espera o tempo médese polas chamadas de teléfono da xente. A inquietude nos seus rostros debuxa con claridade que o único que non se cura nos hospitais é o medo.
A culpa, se é que é declarada culpável é dos teléfonos, ou da telefónica, que xa me perdo con tanta tilde. Con cada idade cadaquén ten unha temperanza do tempo que o acompanha, ou debería.
Remato para ex--culparme duns días estranhos que foron sofridos en Redondela e aconteceron por Corme, que motivaron a miña non participación neste parladoiro e que mesmamente fixeron que a minha web estea como está, feita uns farrapos que nin de gaita son.
Saúdos.
Vendell, xusto no momento de postear o texto optei por suprimir este parágrafo (creo que con bon senso):
O quiosco do hospital oferece pouca variedade de prensa. As opcións de leitura redúcense a iso que algúns chaman "revistas femininas", como se as mulheres non puideran entreterse con Le Monde Diplomatique. Non me preocupa demasiado. Xa hai tempo que decidín moverme por todas partes levando comigo un kit de supervivencia: un caderno onde escribir, unha estilográfica coa cal facelo, e un livro. Desta vez tocou ese sobre racismo que lhes recomendei hai uns días.
Hoxe tiven tempo dabondo para acabar de ler ese livro, así que vouno subtituír polo Ulises de Joyce, que me ha de cundir máis.
Non sei se co simple paso por urxencias ou coas estadías curtas se decata un ben, pero en canto a estadía se prolonga algo, cando nela se inclúen noites de exercizo da función de "acompañante", entón uné cando se decata de cal é verdadeiramente o idioma deste país, o único idioma. Os hospitais do SERGAS son o derradeiro refuxio domonolingüismo, porque é o lugar onde non ten cabida o finximento, despréndense as inhibicións coma sobrepostos mal pegados e entón enfermos e familiares, acompañantes e visitas falan como son.
Nin sequera é preciso pasar noites. Mesmo entre o persoal habitualmente castelán-falante, cando ves a súa necesidade de dirixirse aos pacientes dicindo cousas como non me está comendo nada, ten que comer un pouquiño, é posível decatarse de cal é a lingua propria deste país, a da intimidade e a confianza.
Falar de hospitais e SERGAS esta ben, pero ha de levar consigo a critica as fundación publicas que parecen hospitais, e son refuxio de médicos sen dereito ó paro.
Sempre lle tiven medo os médico e as opercións, agora que sei que eles apenas teñen dereitos, que os gastos en sanidade estan tan recortados que van empezar as gasas dúas veces. Agora que somos Neoliberais en sanidade. Tremo ante as consultas dos médicos que arrastran as batas brancas polos pasillos das fundacións publicas que imitan a hospitais de verdade.
O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.