Pawley, moito prometeras acerca de hunter.blogalia.com e posteas menos nela que o carallo. Prometes e prometes e non cumples nada de nada e tes ese blogue mais abandoado que...
Deberían castigarnos... Cómo podemos ser tan necios? Tengo que hacer algo, no sé, he de comprar al menos unos cuatro kilos de libros en galaxia! ¡qué coño! Así me sentiré un poco mas cerca de esa divina élite de maravillosos escritores ...
A maioría dos escritores debe saber "venderse", no sentido de ir a firmas de libros, facerse ver, participar en todo canto acto público haxa...; se non o fas non te coñecen, aínda que escribas ben.
Está todo tan mercantilizado que en vez de vender libros parece que están vendendo cebolas. E non todo o mundo vale para iso.
Bestar, vostede sabe ben que unha cousa é ler, así en xeral, e outra cousa é ler unha literatura en particular. Do que se lamenta Alfredo Conde, realmente, non é de que os galegos non lean a Zweig ou a Schnitzler, por exemplo, senón que non se lancen en masa a comprar a súa biografía do lobishome. Esa é a atitude. A mesma que ten Fernán Vello cando se queixa de que as cousas non lhe van ben a "Espiral Maior".
Ao melhor resulta que a culpa é deles, en vez de ser dos leitores.
Ola. Coido que aquí hai dous temas ben distintos. É certo o que di Peke. Non todos os escritores saben venderse ou están dispostos a aturar as esixencias dunha promoción (penso no pequeno espazo sobre libros ao final do Telexornal. Sospeito que non sae todos os días porque non teñen escritores dabondo dispostos a encher o espazo)
Logo está o tema dos lectores. Vou á biblioteca cada dez días, máis ou menos. Á entrada da biblio hai uns andeis nos que se expoñen as novidades. Normalmente collo de aí os libros que vou levar, e sempre quedo cobizando algún outro (só podo levar tres libros). Pois ben, dez días despois, o libro que quedara con gana de levar segue alí, na exposición. E iso pásame nove de cada dez veces. Na sala de préstamo pasa outro tanto, no andel das novidades están sempre os mesmos libros. É que non hai galegolectores na Coruña :( ?
No tocante á boa ou mala literatura, xa é cuestión de gustos. O que non entendo é que libros como o último de Cid Cabido pasen directamente aos andeis de préstamo e non teñan un recunchiño nos de novidades, mentres que o libro de Iolanda (por moito que vaia pola segunda edición, de novidade non ten nada) non se move do andel-dos-libros-supostamente-caralludos. Quen carallo fai a selección do que hai que poñer nos expositores e, aínda máis, baseándose en qué?
En galica esiste un mercado do libro moi fecunto en canto a titulos e autores. O problema, a división marcada entre os lectores e a literatura ocorre cando só se vende si es coñecido e recoñecido nos medios.
A calidade literaría dun fulanito de tal non creo que sexa distinta a de Rivas ou Suso, así, mentras un se rompe os codos intentado gañar un premio para ver publicada a súa obra, outros venden dezasete edición dunha antoloxía, ou calquera cousa simplemente por ser posidor dun nome máis propio co de Fulanito de Tal
O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.