caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Compartir
> Compartir <

O maior aliciente de pertencer a unha agrupación como Io é vivir xornadas como a de hoxe. Mentres algúns dos seus membros (co presidente á cabeza) perseguían o Sol por Galiza adiante, retransmitindo pola rede o tránsito de Venus ao vivo, outros ficabamos na Casa das Ciencias, colaborando cos seus xefes de akelarres no labor de achegarlle á xente o encontro entre o planeta e a estrela. As cinco mil visitas que recibiu en poucas horas a nosa web e o agradecemento sincero de todos cantos ficaron encantados ao contemplar proxectado nunha cartolina branca un ponto que resultaba ser Venus reflicten con claridade o éxito dunha convocatoria que descrebe ademais moi ben as razóns polas que naceu a agrupación: para compartir.

Porque así debera ser sempre en todas partes. Fuxindo de comportamentos elitistas e de tecnicismos que só serven para engordar o ego de quen os pronuncia. Intentando que os cidadáns perdan o medo ao coñecemento, que se sintan tranquilos e cómodos como para formular toda clase de cuestións, tendo sempre presente o vello dito de que non hai preguntas estúpidas, senón respostas estúpidas. Asumindo que o que se fai non ten porque ser perfeito, basta con que sexa bon. E coa certeza sempre de que a xente corresponde con amabilidade cando se sinte ben atendida e manifesta con entusiasmo a súa gratitude.

Unha mestura equilibrada de organización e informalidade, de seriedade e humor, e por riba de todo unha maravillosa ausencia de tristeza. Iso é o que caracteriza á nosa agrupación. E hoxe, e perdoen a parte que me corresponde de autobombo, tocábame dicilo. Porque me peta.

hoxe hai un ano: Haiku #9

2004-06-08, 01:00 | 4 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/19336

Comentarios

1
De: Martin Pawley Fecha: 2004-06-09 01:00

Conta o Pedro Lemos que a combinación de bon humor e astronomía tamén se leva moito en Florianopolis.



2
De: Pedro Lemos Fecha: 2004-06-09 02:46

Que bonito texto, Martin! Acho que é bem isso. O evento serviu mesmo para unir as pessoas, acender curiosidades e, principalmente, divertir. Até porque de que valeria tanto esforço se não fosse para compartilhar com os amigos, disprendidos de grandes interesses, senão o de testemunhar o deslizar de um planeta por um manto vermelho? :)



3
De: Pedro Lemos Fecha: 2004-06-09 02:49

Algumas fotos do trânsito, registradas aqui em Florianópolis, estão no link abaixo. Como o meu relógio não despertou, acabei perdendo o evento. Mas acompanhei pela internet e pude matar a curiosidade. Observe que tivemos pouco mais de 40 minutos para ver o trânsito .. e mesmo assim, foi espetacular!

http://ssw.th.com.br/gea/transitovenus20040608/



4
De: peke Fecha: 2004-06-09 11:43

Encántame o texto; dicir as cousas clariñas, sen pedanterías absurdas nin palabras revirichadas ou técnicas en exceso é o que deberían aprender certos colectivos. Claro que ocorre o de sempre: divinas palabras.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.156.32.65 (d3893ad4e6)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley