caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > S.O.S.
> S.O.S. <

Nunca entenderei a pouca estima que os políticos senten pola política, até o ponto de que en canto poden, renuncian a ela. Onte Galiza viviu máis unha vez a conmoción das mortes no mar, e os partidos decidiron prescindir, por un día, de facer campanha. Non houbo mitins na Corunha ou en Lugo, pero si en León ou en Murcia, do cal se deduce que a dor dos partidos, que non se estende no tempo máis alá de vintecatro horas, ten tamén unhas fronteiras autonómicas ben definidas. O BNG sumouse á celebración da tristeza transformando os seus actos en recitais poéticos, confiando quizá en que a forza dos versos de Avilés de Taramancos haberá de traernos unha lexislación sobre seguridade marítima máis efectiva da que temos.

A interpretación é clara: cando hai mortos non se pode facer política. Deduzo eu entón que a política é unha cousa suxa e por iso hai que esquecerse dela mentres os cadavres aínda están quentes. Ante eles hai que gardar respeito e non facer cousas feas: non se pode meter o dedo no fucinho nin dicir palabrotas, e tampouco se pode falar de programas eleitorais. Os programas eleitorais son catálogos de mentiras, e non debemos mentir diante dos mortos. Os mortos merecen homenaxe, e a nosa homenaxe consiste en ficar paralisados pola impotencia e a poesía.

Entre tanto verso esdrúxulo e lonxincuo, como se a calidade da lírica se medise en metros lineais, a brevidade intensa de Manuel Antonio sempre soa estranhamente fermosa. As súas palavras na voz de Xosé Manuel Beiras pareceron onte unha advertencia desde o alén: E fomos ficando sós...

Sós.

S.O.S.

hoxe hai un ano: Civilização

2004-06-04, 01:00 | 9 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/19206

Comentarios

1
De: Yogurtu Fecha: 2004-06-04 08:05

Brillante.

En efecto, os políticos fan ben en pedir asistencia para as súas almas (Save Our Souls), pero moito me temo que non haberá ninguén disposto a mandar buzos de elite para buscalas.



2
De: leonor combing Fecha: 2004-06-04 08:29

Como sempre tao atinado, sr. Pawley.
Subscrevo palavra por palavra o seu texto.



3
De: gregal Fecha: 2004-06-04 18:59

Lo peor de todo es que se haga sólo para quedar bien de cara a la galería, porque, claro, si los otros lo hacen, nosotros no vamos a ser menos, etc.



4
De: Vendell Fecha: 2004-06-05 22:50

Si hubieran hecho más poesía y menos política, no habría habido guerra. Lástima que no tengan más momentos de conmoción.



5
De: Mifune Fecha: 2004-06-06 02:35

Leí en algún sitio la trite noticia de que en los últimos diez años han muerto 227 marineros galegos en la mar. Es terrible.



6
De: Uxio Fecha: 2004-06-06 05:18

Perfecto! Estou dacordo co que di Martín. O problema non é facer política senón que e política en minúsculas ao que estamos acostumados, esa que ten interés de partido e non interese por vertebrar un país. Son cousas ben distintas.
Saúde!



7
De: Martin Pawley Fecha: 2004-06-06 20:28

Vendell, ¡pero se George Bush é un mannífico poeta! ¿Ou é que xa esqueceu iso de...

Roses are red,
Violets are blue,
Oh my lump in the bed,
How I've missed you...

Mifune, unha cifra semelhante saeu na Voz de Galicia hai un par de días, pero agora non a atopo na web. De todos xeitos esa media de máis de 200 mortos cada dez anos non é cousa nova. Mire isto, por exemplo.

Uxío, a claridade das súas palavras hónrao a você.



8
De: Boss Fecha: 2004-06-09 23:45

Exactamente, subscrevo este texto na totalidade, e acho que se aplica à actual situação portuguesa, da morte de um dos candidatos.



9
De: Martin Pawley Fecha: 2004-06-10 00:19

Se a morte de Sousa Franco se producise hai dez días, ¿alguén pensaría en suprimir por completo a campanha eleitoral portuguesa? ¿existe realmente democracia sen a formalidade de os partidos difundiren a súa mensaxe?



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.156.90.21 (687e7f7a15)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley