CINCO ANOS BLOGUEANDO!
(if you've got a blacklist, I wanna be on it)
Inicio > Historias > Dez razóns que fan grandes ás letras galegas
> Dez razóns que fan grandes ás letras galegas <
Hoxe, dezasete de maio, celébrase o día dos fieis defuntos, oficialmente conhecido como día das letras galegas, que neste 2004 está adicado ao etnógrafo Xaquín Lorenzo "Xocas", o home que adicou á súa vida a estudar e analisar a memoria dunha Galiza xa desaparecida. Hoxe a prensa publica as súas portadas na lingua propria do país, pero tranquilos, non se alarmen, que manhá volven á normalidade. Hoxe é día de saudar ao idioma pobre e de facerlhe oferendas florais, como corresponde a unhas honras fúnebres.
Hoxe é día, tamén, de lembrar dez razóns polas cales as letras galegas son, contodo, algo grande:
A lírica medieval galego-portuguesa, un dos maiores tesouros da literatura universal
Rosalía de Castro
O amor polo ser humano nos textos e debuxos de Castelao De catro a catro, de Manuel Antonio (Fomos ficando sós / o Mar o barco e mais nós)
O alento poético e a imaxinación de Álvaro Cunqueiro Nimbos, de Xosé María Díaz Castro (Un paso adiante e outro atrás, Galiza / e a tea dos teus soños non se move)
A ousadía de A esmorga de Eduardo Blanco Amor Longa noite de pedra, de Celso Emilio Ferreiro
A poesía de Antón Avilés de Taramancos (Imos plantar unha cerdeira nova / Temos que darlle esa alegría ó vento)
As novelas de Xavier Alcalá: A nosa cinza, Alén da desventura ou esa maravilha chamada Cárcere verde
Os Contos por palabras de Agustín Fernández Paz En salvaxe compaña e moitos outros textos de Manuel Rivas
Os versos de Eusebio Lorenzo Baleirón (Só quedará unha palabra a alzarse / nas murallas / como saída do eco dunha frauta fermosa)
Xabier P. Docampo
O que leva escrito e (sobre todo) o que lhe queda por escribir a Xosé Antonio Neira Cruz
Quero morrer de música nunha tarde de pinos
sen sentir o martelo dun recordo no sangue
e caer a modiño na sombra como a lua
enterra as súas cornas tras de Arxán.
Que o sol siga o seu rego deica o mesmo cadullo,
a derradeira rella do tempo en carne viva,
que os paxaros no calen no oco quente da tarde,
que non paren os bois de remoer.
Que o meu carro se entorne cheo de lume e soño
sen axotar as troitas nin as alas dormidas,
e que a Deus me encomenden os ventos vagabundos,
as lebres que se riron do meu can,
os camiños que andiven e as árbores con niños,
os ollos, inda cheos da lus de Deus, dos nenos,
as voces escondidas que teman deste mundo,
as bágoas puras que non ve ninguén,
namentras en falopas cai a imaxe do mundo
e as voces son adeuses da xente no peirao
e eu estrela da noite que se perde no día,
no resplendor do día que busquei.
Nimbos, Xosé María Díaz Castro.
Aposto desde xa polo grande chairego como homenaxeado para o 2005.
O da prensa este día é unha especie de contradicción eterna. Se lles preguntas en público porque non festexan o día das letras todo o ano sempre contestan que porque non hai lectores acostumados á lectura en galego (como para estalo, unha vez ó ano...), como se tivesemos que aprender a interpretar hutu ou arameo dun día para outro.
En privado xa confesan que realmente non lles importa un carallo.
Festivo ou laborable?
Se é festivo, todo o mundo vai á praia, se é laborable non sería moita celebración pero se cadra os libreiros vendían como para facer a caixa do verán.
¡¡¡San Xoán, San Xoán!!!
Ese día demostra como ignoran os que mandan á xente porque non creo que teñamos outra data con máis celebración ca esta, todo o mundo celebra algo, ou se xunta cós amigos...
¡¡¡San Xoán, San Xoán!!!
Como dijo Torrente Ballester, las letras gallegas están esperando que Manuel Rivas escriba "su" Quijote, o "su" Tirant, o "su" Hamlet, o "su" Guerra y Paz,.....Creo que va a ser, mundialmente hablando, uno de los cuatro o cinco escritores de este siglo.
Moebius, é certo que na literatura galega non existe unha gran novela de referencia, a diferencia do que sucede nas letras españolas. Non sucede iso na poesía, por exemplo. Ademais dese tesouro incomparável que é a lírica medieval, temos a figura colosal de Rosalía de Castro que nos deixou obras xeniais nas dúas linguas que manexou. Eu gosto moito, moitísimo, de Manuel Rivas, grande autor de relatos e magnífico articulista, pero empezo a duvidar que sexa el o futuro autor desa gran novela. Pero, por sorte, hai máis vida alén de Rivas. Permítame que insista máis unha vez no nome de Neira Cruz.
ascárida, en Guitiriz tamén ;-)
jorge e opaco, se queren facemos campanha e empezamos a recolher sinaturas...
Casi de acuerdo en lo que dice de Manuel Rivas. Quizá la exagerada precisión y exhuberancia de su prosa sean, paradójicamente, un obstáculo para una obra de largo aliento. Pero confío en que, más temprano que tarde, logrará vencerlo.
Quisiera comunicarme de algùn modo con el escrito Manuel Rivas, a travès de internet.
Soy la nieta de un gran gallego que dejò testimonios escritos de su paso por la isla de san simòn, a travès de las cartas que le escribiò a mi abuela. Estoy escribiendo un libro al respecto y quisiera conectarme con el autor del Làpiz del Carpintero que ha hecho una historia muy parecida a la de mi familia, si alguien me puede ayudar, lo agradecerè infinitamente mi mail es anamejuto@yahoo.com.ar Resido en Argentina. MIL gracias, saludos a todos los hermanos gallegos
O sistema de comentarios está á disposición dos leitores de "días estranhos" exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.
(texto copiado hai anos do Carta aberta, que á súa vez llo agradecía ao Inagaki)