Xentileza do barnabé, unha causa xustísima á cal me sumo co fervor que me caracteriza. Pola liberdade, contra o fanatismo. Sempre.
dois
M.P., ou sexa, eu, segue co sorriso de felicidade colgado de orelha a orelha despois de estar hoxe xunto a M.P., ou sexa, ela, a mulher telúrica. Entendan que despois diso un non está como para escribir nada moi asisado, así que farán ben en marchar de aquí e ir ler a magnífica bitácora dunha boa amiga. Confesábame ela hai uns días que non sabía ben cara onde levar o blog, o cal quere dicir que descubriu en apenas quince días algo que moitos tardan miles de posts en adivinhar. Niso consiste a sabiduría, en ver antes aquilo que está máis lonxe.
Perdoen un momento... Dixen sabiduría?
sabiduría: especie de ignorancia que padecen as razas civilizadas, en oposición á ignorancia, que é a especie de saber que é propria dos salvaxes (The Devil's Dictionary, Ambrose Bierce).
Nao podo mais que ruborizar-me polo seu comentario que, ainda que exagerado, desdorda bondade. Obrigada pois.
By the way. Porque cre voce que o dicionario do diabo e tao actual depois de 100 anos? porque e demasiado puco tempo para as cousas mudarem ou o suficiente para terem mudado e regressado ao mesmo lugar?
En relación a 'um', sabía que a coitada da Lucía de Jesus estivo presa en Tui. Mirei por aí e estivo 23 anos nada menos. Que a Xustiza actúe tamén aquí!
Vaya, Martin, me has quitado las ganas que recientemente me estaban entrando de meterme trapense.
Bueno, el Jinja Shinto simpre ha sido una segunda opción para mí.
Leonor, eu creo que no esencial as cousas apenas mudaron nin mudarán, e xustamente dos fundamentos é do que falan, con humor e cinismo, esas entradas do Dicionário do Diabo que você nos está oferecendo en magníficas traduccións.
Mifune, nin se lhe ocorra meterse nunha cela a meditar antes de termos ocasión de tomar unha cervexa.
O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.