Cóntame dorvisou que vai andar por aquí durante a primeira metade do mes de xunho. Falamos de quedar para compartir vinho e conversa, pero ben pronto xorde unha opción alternativa:
Que tal facermos unha grande xuntanza do blogomilho en Vila de Cruces, xusto no corazón da Galiza, con carácter gastronómico-festivo e ao abeiro da Solaina de Piloño, ese museo e moitas cousas máis creado polo pintor e escultor Paco Lareo?
Esta I Festa do Blogomilho tería lugar por suposto en fin de semana, o 5 ou o 6 de xunho, ou ben a semana seguinte, o 12 ou o 13. Pola minha parte calquera delas váleme, e polo de agora aos nosos anfitrións tamén, así que a todos aos que lhes apeteza sumarse á festa, que vaian avisando aquí ou acolá, e que proponhan cal delas lhes vén melhor.
Ide suxerindo cousas, que todas as ideas serán ben recibidas.
Xa sabedes que a minha botellinha de licor-café e máis eu non habemos faltar -polo menos de momento-, dandonos igual a referencia espacio-temporal que se ponha por diante.
Vamos, que non me venhen mal as datas en cuestión.
A min non me parece mal. Andabamos tamén argallando para este mes unha xuntanza, pero nocturna, en vigo ou en santiago. Mais non son incompatibles en ningún caso, e xa sabedes que eu me apunto a un bombardeo, así que en principio podedes contar comigo. Publicitarei a convocatoria.
opaco, xa que esta é unha convocatoria aberta non tinha intención algunha de convidar un por un a cada un dos blogueiros. Paréceme que anunciándoo aquí e en especial en BloGaliza xa é dabondo, non cre? Ou necesitas unha invitación persoal e intransferível, tipo tarxetón, como a do voda da Leti? ;-)
descalza, non se preocupe, mulher, que eu xa sei ben que vostede escolhe moito as súas saídas...
María, tampouco é mala idea esa dunha xuntanza nocturna, non.
Estou totalmente disposto a unha xuntanza deste tipo.
A idea de xuntanza nocturna que propón María non me parece nada mal, sobre todo se é en Santiago, e se é aberta a todas e todos o blogueiras/os, claro.
O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.