caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Idiomas pobres, jitanos con navajas e outros mitos do mundo moderno
> Idiomas pobres, jitanos con navajas e outros mitos do mundo moderno <

Pedinlle a un rapaz de 2º de E.S.O. dun colexio privado da Coruña que me escribise un pequeno texto sobre o que el sabía da África:

África es un continente de un tamaño gigante. Está dividido en varios trozos de continente los mas ricos son los del Norte que son árabes llamados países del Magreb. En el Sur se encuentran países bastante pobres, como tribus, ect...
Con el antiguo racismo que tenian que soportar los negros el continente quedo así de pobre, es el continente mas pobre del mundo y en el que mas poblacion negra hay.
Por el norte se habla árabe, frances, español portugues... por el sur los paises hablan con idiomas pobres como el de los jitanos y las tribus.
Por la repartición que se hizo la antigua ONU de varias zonas Africanas, para los paises desenvolvidos quedo esos idiomas.
La zona más pobre es la que esta debajo del "Congo"
Por su bajisimo desenvolvimiento casi no hai sector terciario ni secundario Así que los niños van directos al trabajo y algunos exclavos de los abusos de las grandes multinacionales.

Ao lelo quixen que me explicase un pouco máis o concepto do idioma pobre e a súa visión sobre os xitanos:

Idioma pobre es el que no tiene literatura muy amplia como la del español.

Jitanos: es gente de piel como mulata lo que les hace parecer pobres, y por las ferias, la forma que tienen de vestir, por esos detalles la gente o por lo menos la mayoría piensan que son pobres, se les tiene miedo, se les compara con personas violentas, y que llevan navajas. Son de las mejores personas cantando. Yo pienso que solo hay en españa y sur de America.

É certo que unha anduriña non fai verán. As deficiencias na aprendizaxe dun rapaz determinado non serven para teorizarmos sobre a educación na España, pero si reflicten un feito obvio: o ser humano bota man sempre do que ten, e cando carece dun coñecemento ordeado e rigoroso recorre aos tópicos adquiridos sexa cal sexa a súa orixe. Este texto déixanos ver que vivimos alleos á existencia doutros povos e culturas, e que transmitimos ás xeracións máis novas ese mesmo desinterese e apatía por todo o que non nos resulta próximo. Dito en poucas palavras, cando a educación non elimina prexuízos contribúe a perpetualos marcando claramente barreiras mentais entre o noso e o resto do mundo. O sistema educativo goza coa construcción mítica dunhas nacións que non son entendidas como conxuntos de cidadáns que deciden ordearse polo ben común, senón como entidades eternas que no caso de España e como ben sabe García de Cortazar apareceron apenas uns poucos minutos despois do Big Bang. Aos rapaces impónselles unha visión homoxénea de feitos que non o son; faláselles de cultura, pero só da propria, fabricando a crenza case inconscente de que a única que paga a pena é a de aquí. Todo o que non ten soportes e formas semellantes ao que nas nosas latitudes é habitual non existe. A ciencia, pola súa banda, non asenta os seus alicerces na observación, na experimentación e no pensamento, senón na pura repetición duns modelos que serven unicamente para resolver certos exercizos. Nada de escepticismo e de espírito crítico, nada de educar na dúbida. O futuro escríbese con certezas indiscutíbeis, e a primeira desas certezas é ter claro quen somos nós. Fóra dese nós o que hai é unha amalgama indiferenciada de seres humanos, que falan idiomas pobres e quizá levan navallas ou se matan a paus e machetazos como se supón que fan todas esas tribos que non tiveron a sorte de nacer na parte da Terra á cal nós pertencemos.

De aí a necesidade urxente de mirar ao paxaro.

2004-05-08, 01:00 | 16 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/18410

Comentarios

1
De: Vendell Fecha: 2004-05-08 22:28

Ju-er.



2
De: leonor combing Fecha: 2004-05-09 09:35

minha irma tem um aluno que pensa que hai motores diesesl de gasoil o outros de gasolina. Em esencia e o mesmo pero o de Africa fai menos graça, verdade?



3
De: lgs Fecha: 2004-05-09 12:45

Todo el que usa conceptos tiende a dicotomizar. O me estoy pasando.

La lógica fluida no empapa nuestros idiomas, pero hay otros.

Además de un "es" deberíamos tener un "bastante-es" y un "casi-es".

Porque hay al menos dos aspectos, según me parece: la ignorancia y la generalización.


La ignorancia con información se suple.

¿Y la generalización?



4
De: Vendell Fecha: 2004-05-09 13:09

No sé, no sé, no sé, no sé, la verdad es que no lo sé. ¡Qué gran respuesta!



5
De: peke Fecha: 2004-05-09 14:24

En fin, para iso están os profesionais do ensino, ¿non?, para abrirlles os ollos á realidade que lles queda máis lonxe. Vaia, penso eu.



6
De: opaco Fecha: 2004-05-09 22:18

Vexo tan importante coñecer onde están e cales son as capitais do mundo como chegar a ser unha persoa curiosa e tolerante. Supoño que é cousa de todos, pero a Administración debería investir máis e xestionar mellor os medios que temos... E supoño que se iso o dixo un rapaz de 2º, eu tamén pensaría non mandar aos meus fillos a esa escola.



7
De: Martin Pawley Fecha: 2004-05-09 22:37

Eu vexo infinitamente máis importante fomentar a curiosidade e a tolerancia que aprender listas de topónimos sen apenas prestar atención ao feito de que neses lugares viven persoas. Coas súas linguas, os seus costumes, as súas crenzas e as súas opinións. Persoas. Coma nós.



8
De: jolan Fecha: 2004-05-10 02:09

partiendo del famoso refrán: la ignorancia es la madre de todos los males.

podría ser cuestión de "gusto", ampliar la distancia focal o reducirla
porque podemos globalizar la cuestión partiendo de todo lo que ignoramos y consecuentemente "malenseñamos" todos y cada uno de nosotros o de lo que creemos saber bien y "bienenseñamos"
equilibremos la balanza y autopesémonos
yo no soy capaz



9
De: dorvisou Fecha: 2004-05-10 03:20

A sorte de ter un profesor ou outro.
A sorte de ir a unha escola privada ou pública.
A sorte de ter uns paes comprometidos ou indiferentes.
A sorte de nacer en un país ou outro.
A sorte de ter sorte...
Demasiadas diferencias de oportunidades como para soñar con unha nova xeneración máis tolerante e cosmopolita.



10
De: peke Fecha: 2004-05-10 11:20

O último ano que dei clase levamos rapaces de 1º, 2º e 3º de ESO a unha exposición de Sebastiao Salgado. Os cativos de 1º alucinaron ao ver rapaciños orientais metidos en gaiolas, mulleres afganas tapadas de pés a cabeza e nenos africanos mancos, coxos e tolleitos. Coas súas vociñas preguntaban e dicían que non sabían que iso existise. ¡Meus pobres!
Pois iso, ensinar non se reduce só a soltar "estupideces" nunha aula. Ben, non sei a qué vén isto, pero xa que o escribín, aquí o deixo.



11
De: Mc Fecha: 2004-05-10 12:38

Pawley, unha rapaza de dezaseis anos, colexio privado sempre, aqui en Galiza, sabía que o 25 de xullo era o día de santiago apóstolo pero non sabía que era o día da patria galega.. :((



12
De: Emilio Alcázar Fecha: 2004-05-10 16:52

Eu tenho 21 anos, estiven sempre na ensinanza pública, aquí na Galiza e até fai ben pouco non sabía que o 25 de Julho era o día da patria galega e ademáis tenho tendencia a esquecelo. Senón fose polo festigal non sabería que hai día da patria galega.Bueno, tamén é verdade que tanto o Apóstolo como a patria galega dinme máis ben pouco, pouquísimo.



13
De: Mifune Fecha: 2004-05-10 18:59

Me ha llamado la atención mucho esto:
"Jitanos: es gente de piel como mulata lo que les hace parecer pobres"
Y es que la piel, cuando menos "blanca" más sospechosa en unos casos o "desvalorizada" (:-S) en otros. Qué chungo el problema.



14
De: Mc Fecha: 2004-05-11 12:46

a pena é esa, que a moita xente case nada lle di algo.. xa se nos ve, xa..



15
De: peke Fecha: 2004-05-12 11:20

Non, Martin, a escola non o pode todo. Pero, como di miña nai, un gran non fai graneiro pero axuda ao compañeiro :)



16
De: engelberht berdaguer Fecha: 2006-05-07 01:05

ycho soy jitano . nacido argentina . adio a mi padre ycha que me vendio con unos cristianos.comense aser mi vida alos 11 años solo y ahora ycha tengo 23 años . he cresido y quiesisra encontrar a mi padre alguien me puede aychudar . vivo en los estado unidos mi nonbre sos engelberht vivo en arizona grasias escriveme engelberht@hotmail.com



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.145.118.24 (5dc49f1f81)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley