caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Outras Vozes: "O encontro", polo Boss
> Outras Vozes: "O encontro", polo Boss <

Coma un cativo con zapatos novos. Así me atopo hoxe, exultante coa nova sección que arranca no blog e da que me sinto especialmente orgulhoso. A idea é tan brilhante como simples: convidar aos autores de certas bitácoras a que escriban un post para a minha, sobre o tema que eles prefiran, en completa liberdade. Dada a vocación atlántica que caracteriza a estes días estranhos tenho a íntima convicción de que a maior parte dos textos que poderemos ler aquí farannos pasear por unha ou outra beira das augas grandes, felices na companha dunhas voces que sabemos fermosamente próximas.

Excepcionalmente, ao autor desta primeira entrega pedinlhe unha cousa moi concreta. E é que como saberán este martes cinco de maio, ademáis dunha eclipse de lúa que non poderemos ver por mor da fronte fría que nos varrerá pola tarde, xógase tamén o partido de volta da semifinal da Champions League entre o Porto e o Dépor. Eu non lhes son moi futboleiro, pero a estas ocasións especiais é difícil resistirse. Un corunhés coma min non podía atopar a ninguén melhor que a un afeccionado portuense coma o Boss (do Renas e Veados) para falar dun partido que resulta ben simpático pola certeza de que ganhe quen ganhe han ganhar os nosos.

Muito Obrigado, Boss, companheiro, por participares desta iniciativa:

O encontro

O encontro do F. C. Porto e do Corunha nas meias finais da Liga dos Campões foi para mim tão feliz quanto inesperado, a perfeição seria o embate dar-se na final. Azul e branco do Norte ao Sul da Gallaecia, literalmente. No dia seguinte à primeira mão encontrei um graffiti que dizia "Galiza Lusófona" e depois desse encontrei outros, escritos a azul no fundo branco dos tapumes das muitas obras que sangram o Porto. Apesar do bizarro hábito dos jornalistas portugueses entrevistarem os adeptos galegos com sotaque e expressões castelhanas, a verdade é que estes jogos têm o dom de aproximarem galegos e portugueses, especialmente portuenses e corunheses, o que só pode ser considerado como positivo. O futebol tem essa força e magia que consegue fazer mais pela reaproximação destes dois ramos da mesma árvore, que dezenas de congressos ou visitas mútuas de políticos...

E em jogos tão importantes como estes, o adversário é sempre visto com respeito e admiração. Ambos os lados se sentem honrados por se defrontarem. Estar na meia final é por si só uma festa, uma festa galaico-portuguesa neste caso. Espero que neste segundo jogo o comportamento dos adeptos seja tão cordial e simpático como no primeiro, e espero também que o árbitro saiba apitar! Quanto ao resto, a menos de 24 horas do jogo já sinto aquela angústia que antecede os grandes momentos, já estou a imaginar as ruas do Porto amanhã pelo final da tarde com as pessoas a caminhar apressadamente para os transportes, aliás, nestes dias não se caminha, corre-se. Todo o dia a ouvir "é logo" ou "já falta pouco", e depois um assobio, e já não falta nada. Eis começado o jogo. Pois que seja um grande jogo, que ganhe o melhor, e se não for pedir muito, que ganhe o Porto!

Boss, Renas e Veados

hoxe hai un ano: Pois non, non esquecemos

2004-05-04, 01:00 | 23 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/18249

Comentarios

1
De: Martin Pawley Fecha: 2004-05-04 04:13

Provisionalmente púxenlhe de nome a esta sección Outras vozes, pero se a alguén se lhe ocorre algún outro máis atinado (cousa que non será difícil), que mo faga saber, que eu estou aberto a suxerencias.



2
De: Opinioes Fecha: 2004-05-04 04:57

Duas regioes a nivel d'alma muito parecidas - uma competicao entre irm@os!
Parabens 'a equipa branca e azul ;-)



3
De: Anónimo Fecha: 2004-05-04 12:08

¿qué tal HABITANTES DA ATLÁNTIDA OU VOZES ATLANTES?



4
De: ictioscopio Fecha: 2004-05-04 14:13

Pois a min "Outras Vozes" gústame; se cadra "Vozes estranhas", por aquilo dos Días estranhos...



5
De: ictioscopio Fecha: 2004-05-04 14:14

Pois a min "Outras Vozes" gústame; se cadra "Vozes estranhas", por aquilo dos Días estranhos...



6
De: opaco Fecha: 2004-05-04 15:15

Tá bem, o z de vozes ja fala tudo.



7
De: dorvisou Fecha: 2004-05-04 19:00

Pois a min góstame o futbol anque sexa a relixión dos pobres. O "xefe" direilhe que comparto con el -que ganhe o melhor, máis se não for posivel, que ganhe o Porto!

Neste preludio non lhe daría nen auga o enemigo
Deportiiiiiivo....vamos a ganar este partiiiido!!!!!








8
De: dorvisou Fecha: 2004-05-04 22:25

!Noraboa CHAMPIONS!
Perdimos xustamente dun xeito innecesario. O melhor de todos foi o meu querido "Customers"



9
De: deneno Fecha: 2004-05-04 23:13

Unha pena (¿sí?), ben, noraboa ó Porto e a pola Champions!!



10
De: deneno Fecha: 2004-05-04 23:15

Se é un derbi lusófono non terán a mal que algúns galegos fosen co Sur en vez do Norte, non?



11
De: Martin Pawley Fecha: 2004-05-04 23:20

Que lhe imos facer: non puidemos ganhar os do Dépor, tivemos que ganhar os do Porto... ;-)



12
De: Boss Fecha: 2004-05-04 23:25

Pensemo assim: ganharam os azuis e brancos! :):):):)



13
De: Martin Pawley Fecha: 2004-05-04 23:27

Por certo, o Boss xa está empezando a celebralo aquí.



14
De: Vendell Fecha: 2004-05-04 23:28

Fantástica iniciativa esta de permeabilizar os Días Estranhos.



15
De: Martin Pawley Fecha: 2004-05-04 23:36

É tan fantástica que de feito até creo que debera extenderse por outras leiras da blogocousa.



16
De: A. Teki Fecha: 2004-05-04 23:40

Conho, así no se pierde nunca.:)



17
De: Martin Pawley Fecha: 2004-05-04 23:44

Claro, A. Teki, aí reside a graza do asunto. Iso si, que quede ben clarinho que eu do Chelsea ou do Mónaco non son.



18
De: Vendell Fecha: 2004-05-04 23:49

Pois saiba que eu teño unhas gañas horrorosas de ir a Chelsea, cidade que me epatóu dende que a vin nunha desas reportaxes futboleras.



19
De: Leonel Vicente Fecha: 2004-05-04 23:54

O Porto e o "Depor" mostraram que, com trabalho, é possível vencer e estar entre os melhores da Europa.
Acho esta ideia das "Outras vozes" muito interessante...



20
De: Martin Pawley Fecha: 2004-05-05 00:09

Vendell, Chelsea debe ser moi bonito, pero eu case preferiría ir a Arsenal.

Leonel Vicente, é fantástico que atope a idea interesante, aínda que só sexa porque você vai ser un dos convidados a escribir aquí...



21
De: opaco Fecha: 2004-05-05 00:32

...e o mellor, as declaracións post-partido de Mourinho para a RTP mentres tentaba telefonear á súa familia, dixo que gosta muito dos galegos, do Corunha e do Celta. Pena não podermos estar os dois na final :-) Agora sí apoiando todos ao Porto.



22
De: Martin Pawley Fecha: 2004-05-05 00:43

Hehehe, eu de ser Mourinho xa aproveitaba para deixar na oficina do Dépor unhas tarxetinhas co enderezo e o teléfono, por se acaso lhes fan falta algún día.



23
De: Paco Penas de Dorvisou Fecha: 2004-05-05 02:09

Vostedes non están afeitos a opinar de cousas tan intrascendentes como que un ser humán corra detras dunha pelota redonda.
Xa sabemos quen é Mourinho, agora quueremos saber quen é Irureta
A opinióm de Iarrovawo deveria ser imprescindivel neste post.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.92.180.46 (3720b17153)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley