Na memorável escena do harén de
Otto e mezzo o director Guido Anselmi que encarnaba Marcello Mastroianni imaxínase a si mesmo rodeado de mulheres que atenden solícitas os seus desexos. Todas han de ser novas e fermosas, e por iso unha delas que xa deixou hai moito tempo a mocidade é expulsada do grupo. Trátase dunha xubilación forzosa que a condena ao esquecemento, non sen ter antes un derradeiro instante de atención: un número musical con
riflettore speciale. Resulta pateticamente cómico ese intento triste de adiar o inevitável, o feito de que o tempo pasa e acaba por deixarnos atrás a todos.
Josemari dispuxo hoxe dun
riflettore speciale de longa tradición na España: unha
"tercera" do xornal
ABC. Como calquera outro cidadán do país Josemari ten dereito a expresar a súa persoal visión dos feitos, e mesmo ten dereito a dicir medias verdades, que é o xeito cínico de lhe chamar ás medias mentiras. Pode esbardalhar canto lhe pete, pero para satisfacción nosa o catorce de marzo as súas parvadas deixaron de ser decisivas para se converter en algo absolutamente irrelevante.
Demasiada vaidade para un home tan cativo.
¶