caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Dez frases para alegrar o día (sabiduría e reloxios de sol)
> Dez frases para alegrar o día (sabiduría e reloxios de sol) <

É habitual que nos reloxios de sol aparezan lendas que reflicten a visión do seu autor sobre o paso do tempo. Nesta páxina recólhese unha extensa lista desas frases froito do esforzo de Jesús de la Calle, membro da Asociación de Amigos dos Reloxios de Sol. Dela aliméntase unha lista, a de hoxe, especialmente filosófica e que quizá nos sirva para reflexionar un pouco sobre a fugacidade da vida e esas parvadas coas que os humanos perdemos o tempo que deberamos adicar a procurar ser felices.

Amicis qualibet hora (para os amigos, calquera hora)
Breves sunt, sint utiles (son breves, que sexan útiles)
Dubia cunctis ultima multis (non sabes que esta é a última para moitos)
Dies fugit sicut umbra (o día foxe como unha sombra)
Dum numeras amittis (mentres as contas, pérdelas)
Felicibus brevis, miseris hora longa (a hora é curta para os felices, longa para os aflixidos)
Laedunt omnes, ultima necat (todas firen, a derradeira mata)
Lucet demostrat hora (a sombra amosa a luz)
Memento mori (lembra que has de morrer)
Me ortum, forsan non occasum (víchesme saír, quizá non vexas o ocaso)
Mors certa, sed hora incerta (a morte é segura, pero a súa hora é incerta)
Nulla fluat cuius non meminisse velis (que non pase ningunha que non desexes lembrar)
Senescis aspiciendo (faste velho mentres miras)

hoxe hai un ano: if...

2004-04-19, 01:00 | 5 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/17732

Comentarios

1
De: Martin Pawley Fecha: 2004-04-19 02:20

Por certo, puxen o Me ortum, forsan non occasum como mensaxe de benvida do meu teléfono móvil.

Debería preocuparme?



2
De: Moebius Fecha: 2004-04-19 10:45

Suena como el principio de "Causas y azares" de Silvio Rodríguez.
"Cuando Pedro asomó a su ventana,
no sabía, mi amor, no sabía
que la luz de esa clara mañana,
era luz de su último día"
(Más o menos era algo así)



3
De: Picodaguia Fecha: 2004-04-19 22:59

Déixeme, Mr Pawley, que lle escriba uns anacos duns textos latinos que son ouro. Todos eles pertencen ás Cartas a Lucilio de Lucio Anneo Séneca.
Esta primeira para esconxurar esa mensaxe de benvida do seu teléfono móbil: Nemo nisi su die moritur (Ninguén morre se non é no seu día)
E agora unhas poucas a vulto:
Non est beatus esse se qui non putat (Non é feliz quen pensa que non o é)
Tam miser est quisque quan credit (Cada un é tan desgrazado como cre selo)
Omnis ars naturae imitaio est (Toda arte é imitación da natureza)
Nulli sapere casu obtigit (Ninguén chegou a sabio por casualidade)
Alit lectio ingenium et studio fatigatum reficit (A lectura alimenta o espírito e dálle repouso cando está fatigado polo esforzo)
En fin, abonda xa que non quero cansar... Pero lembre vostede que a lectura das Cartas a Lucilio é unha boa lectura.



4
De: Martin Pawley Fecha: 2004-04-20 01:11

Vale, deixe esas "Cartas" no choio do Suso un día destes.



5
De: dorvisou Fecha: 2004-04-21 00:45

¡Cantas cousas se poden decir con poucas palavras!
Dez frases para encadrar, gracias.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.81.154.223 (32e738f560)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley