caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Comigo que non conten
> Comigo que non conten <

Conseguir representación nas próximas eleicións europeas do mes de xunho convírtese en obxectivo fóra do alcance dunha forza política como o BNG por mor da reducción do número de parlamentarios españois. Resulta lóxico, entón, que vexa a maneira de se presentar en coalición con outros grupos. Tenho para min que o ideal sería que por unha vez todos os partidos nacionalistas democráticos impulsasen unha candidatura conxunta alén das diverxencias ideolóxicas que hai entre eles, co fin de acadar o maior número posível de asentos no parlamento europeo nun momento no que se están xestando un feixe de proxectos decisivos á marxe dos cales non debe ficar a voz dos povos e nacións de Europa, incluídos os de España. Pero estamos falando de políticos, e ese exercizo de xenerosidade e visión de conxunto é pedir de máis.

Se non poden ser todos, terán que ser algúns, pois. E aí é onde o BNG volve optar polo suicidio. O BNG decide ir da man da dereita católica de CiU e o PNV e por boca de Francisco Rodríguez aínda ousa dicir que realmente eses non son partidos de dereitas porque tenhen unha política social moi avanzada, quizá debido ao pequeno detalhe de que se trata de dous países ricos, a anos luz das cavernas nas que nos tenhen sumidos os fragasaurios. Cabe pensar que o núcleo duro do BNG ve máis coincidencias ideolóxicas con CiU, un suponher, que coa Esquerra Republicana de Catalunya ou coa Chunta Aragonesista. Pareceranlhes moi de esquerdas a eles, os da upegá? Calquera sabe o que lhes pasa pola cabeza, se é que algo lhes pasa, que un xa dá en duvidalo.

Empezo a ter claro o que desde sempre foi unha sospeita: o futuro do nacionalismo galego é que desapareza o bloque. Que se constitúan partidos nacionalistas ben diferenciados no ideolóxico, con proxectos socialistas ou liberais en cada caso, pero claramente distinguíveis. Que poidan chegar a acordos pontuais un co outro, e cada un coas forzas de ámbito estatal que lhes resulten máis próximas. Empezar de novo e acabar así dunha vez por todas con esa estranha indefinición na que se moven e que convence cada día a menos xente.

Non sei a quen van mandar desta vez para alá. Imaxino que a alguén que saiba idiomas e que non moleste moito. Tanto me ten, a verdade. Polo meu voto, en xunho, que esperen sentados. Comigo que non conten.

hoxe hai un ano: a proba definitiva

2004-03-31, 01:00 | 16 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/17206

Comentarios

1
De: AdamastoR Fecha: 2004-04-01 11:59

Caro Martín,
Venho dizer-te até breve. Vou dar por terminado o meu blog [Substrato] mas continuarei a bazongar e a espreitar o melhor blog da Galiza.
Um abraço musculado.



2
De: Anónimo Fecha: 2004-04-01 14:01

E verdade é que ten mala pinta.

Pero pasa o que o psoe, hai que goderse eles teñen a franquicia,
nin comen nin dexan comer.

Estará no correcto Carlos Mella que o futuro de Galicia dependerá de que Paco Vázquez vire a chaqueta?



3
De: Anónimo Fecha: 2004-04-01 14:01

E verdade é que ten mala pinta.

Pero pasa o que o psoe, hai que goderse eles teñen a franquicia,
nin comen nin dexan comer.

Estará no correcto Carlos Mella que o futuro de Galicia dependerá de que Paco Vázquez vire a chaqueta?



4
De: Belatza Fecha: 2004-04-01 23:15

Por cierto, y sin ánimo de frivolizar, me confirman que dentro de un par de meses actuaré con una de vuestras embajadoras culturales más reseñables y os agradecería que me enseñárais a decir dos cosas en galego:

1ª) "Hay que estar puntuales en las pruebas de sonido" ;-D

2ª) "¿Cuánto me cobraría tu padre por hacerme una gaita en Do? ¿me haría descuento?"

Es más importante para mí de lo que pueda parecer, eh, Martin? :-D



5
De: Martin Pawley Fecha: 2004-04-02 00:12

Anda, Belatza, ¡así que vai actuar você con S. S.!



6
De: Mc Fecha: 2004-04-02 20:58

Mentres o BNG anda remexendo a ver se se topa.. outros xa están a facer cousas..

http://www.rebelion.org/spain/040402cha.htm

Saudos.



7
De: Martin Pawley Fecha: 2004-04-02 22:31

Moitísimas grazas polo enlace, Mc. Xustamente onte pedía



8
De: Belatza Fecha: 2004-04-02 23:08

Así es, Martin. Con S.S. :)



9
De: Martin Pawley Fecha: 2004-04-03 00:49

Onde?



10
De: IaRRoVaWo Fecha: 2004-04-03 16:05

O ideal (segundo eu) sería que todos os partidos nacionalistas democraticos de nacions sen estado de Europa vaian nunha lista conxunta. Se non pode ser, o mellor seria (segundo eu) que todos os partidos democraticos de nacions sen estado de España vaian nunha lista conxunta. Se non se pode facer, o mellor seria (segundo eu) que todos os partidos democraticos de nacions sen estado e de esquerdas de España vaian nunha lista conxunta. Se non se da o caso, o mellor seria (segundo eu) que todo o galeguismo vaia nuna lista conxunta.

A ver que fai o bloque.



11
De: Martin Pawley Fecha: 2004-04-03 16:20

Tes razón, Iarrovawo. A circunscrición eleitoral para os comicios europeos de xunho é o territorio español ao completo, non as provincias, como nas xerais ou autonómicas. A min pareceríame correcto que fosen todos os partidos nacionalistas democráticos nunha mesma lista dadas as características especiais que tenhen unhas eleicións como esas. De non ser posível, como parece ser o caso, o lóxico sería que fosen na mesma lista aqueles opcións máis próximas ideoloxicamente. Eu supunha que o Bloque era o partido basicamente de esquerdas, co cal o razoável sería ir da man con grupos como ERC ou a Chunta. Se deciden ir xunto a CiU ou PNV, o meu voto, obviamente, non o van recibir. Votarei por unha lista nacionalista de esquerdas, e non necesariamente galega.

O de agrupar a todo o voto nacionalista galego sería unha idea magnífica, pero vexo claro que no BNG botaron contas e asumiron que o resto de forzas galeguistas que puideran sumarse non ian aportar o voto que lhes é preciso para acadar representación.



12
De: elric Fecha: 2004-04-03 17:40

boas, de unha semana para aquí leo medio blogaliza. un día destes teño que facer o mesmo. que conste que pensei en facer o mesmo ca ti -ainda que me da que rematerei votando polos "meus" para variar-. En todo caso, se difundimos a idea de votar a outra lista de esquerda nacionalista -sempre quixen votar ERC e a Labordeta ;)- e conseguimos, via internet, eu que sei, 10.000-20.000 votos para esta lista, ou metemos a papeleta unitaria tachando os nomes de CiU, poderiamos forzar un cambio de liña e mesmo de direccion no Bloque -que conste que non teño carné deste partido-?

Se lanzamos a campaña?
Vota ERC, por un BNG de esquerdas
Q vos parecería?



13
De: Martin Pawley Fecha: 2004-04-03 18:02

Tachar nomes nunha lista non conduce a nada, pois esas papeletas serían contabilizadas como votos nulos, sen maiores especificacións. A min paréceme preciso que o BNG mude de atitude e que se aclare dunha vez. Que nos digan que é o que queren eles, para que nós, os cidadáns, tamen o tenhamos claro.

A minha postura é a de votar pola lista de ERC, antes que polo lote BNG-PNV-CiU sen a máis mínima dúvida. Non sei se serán moitos ou poucos os votantes que opten por esa mesma vía; intúo que a maior parte dos desencantados do Bloque o que farán será ficar na casa. Pero si é certo, Elric, que varios miles de votos na Galiza dirixidos cara outras forzas nacionalistas de esquerdas do estado sería un magnífico xeito de facerlhes evidente a eles, os elfos, que nós non estamos de acordo co que fan, así que a min paréceme estupenda a súa suxerencia.

Anímese, Elric: ¡abra un blog!



14
De: Moebius Fecha: 2004-04-03 18:07

¿Labordeta con Esquerra? no me jodan.



15
De: Martin Pawley Fecha: 2004-04-03 18:58

Moebius, Labordeta non sei, pero a Chunta parece que o ten claro.



16
De: Quique Fecha: 2004-04-09 02:18

Conmigo que tampouco conten. Especialmente pola alianza co PNV. Non olvidemos que o seu fundador tiña un especial agarimo ós galegos, e sobre a súa ideoloxía estableceuse o partido. Non me parece lóxico, pero alá eles.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.198.52.8 (b2f138890d)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley