A educación, no fondo, nunca pretendeu formar individuos críticos e livres, que tenhan como obxectivo principal a paz e a xustiza. A educación serve para perpetuar o modelo de pensamento dominante, sexa o que sexa, matizado por un lixeiro verniz de conhecemento neutral só en apariencia. Non elimina prexuízos nin contribúe á consideración do resto de seres humanos como iguais, e o xeito no que presenta aspectos doutras culturas e sociedades vai na linha do tomade e bebede un pouco de multiculturalismo, pero lembrade que o bon é o noso.
A educación, no fondo, é a ferramenta da que nos dotamos para seguir sendo como somos. Por iso, quizá vaia sendo hora de falar menos de educación e algo máis de aprendizaxe.
Educar=dirigir, encaminar, doctrinar. Desarrollar o perfeccionar las facultades intelectuales y morales del niño o del joven por medio de preceptos, ejercicios, ejemplos, etc.
Aprender: adquirir el conocimiento de alguna cosa por medio del estudio o de la experiencia.
Educar aprendendo. Non é un xogo de palavras, é a minha experiencia.
Custosa tarefa, digoo eu que teño un filho de dazasete anos e unha cativa de cinco
Eu diferencio entre instrucción (transmisión de coñecementos) e educación (fomento do desenvolvemento como persoa, incluídos a tolerancia e o sentido crítico, por exemplo)
¿O papel fundamental da escola debería limitarse á instrucción, deixando a educación para o resto de círculos sociais do neno (empezando pola súa casa)?
Tal e como está a papeleta hoxe en día, na casa non se atreven a educar, delegan responsabilidades que dá noxo (falo en xeral; que non se sintan aludidos os que si exercen de pais). Pero si, a aprendizaxe é básica, pero hai que querer aprender.
Por suposto a educación na casa é primordial, pero tamén debemos educar na escola, onde os nenos pasan unha grande parte da súa vida, educar na convivencia, na solidaridade, no respeto... un reto difícil pero estimulante.
O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.