caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Minha vez de sorrir
> Minha vez de sorrir <

Como (case) sempre, Vendell ten razón. Os resultados eleitorais non deberían ser nunca un fin, senón tan só un principio, a marca de xiz que uns cidadáns lhes ponhemos a outros prestándolhes o poder coa intención de que o administren ben. O noso labor, por suposto, non remata aquí; pero despois destes anos de asfixia, é razoável tomarse unha noite para respirar:

MINHA VEZ DE SORRIR
Paulinho da Viola, 1971

Se eu voltar aos teus braços
Vou repetir meus fracassos
Tudo aquilo que passou
Eu sinto-me tão alegre
É justo que eu não me entregue
Aos teus caprichos amor

Muito consultei meu coração
E cheguei à conclusão
Você pra mim morreu

Minha vez de sorrir chegou agora
Quem perde é quem chora
E você perdeu, perdeu.

dos arquivos estranhos: Waiting for the great leap forwards (6/12/2003)

2004-03-14, 01:00 | 13 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/16718

Comentarios

1
De: xas Fecha: 2004-03-15 00:50

e seguimos a traballar para o inglés, pero polo menos xa non están os que estaban, o mundo pode cambiar nunhas poucas horas se a xente o quere.
Hai futuro, ou non?



2
De: Martin Pawley Fecha: 2004-03-15 01:04

Hai, claro que hai.

Pero, seguindo con textos do grande Nicanor Parra:

Ojo: peligro a cero metros

Por se acaso, sigamos atentos. Xa lhes dixen que ía ser unha lexislatura moi divertida. A fin de contas, iso foi o único no que acertei, aínda que sospeito que os que noutras condicións me reprocharían o erro no prognóstico non han de pasar polo blog estes días...



3
De: dorvisou Fecha: 2004-03-15 01:30

¿Que lle sorprendeu máis, a derrota do PP ou a victoria do PSOE,amigo Pawley?.



4
De: Martin Pawley Fecha: 2004-03-15 02:05

Eu escribín hai uns días que en España é imposível perder unhas eleicións. Os partidos instálanse no poder e de seguido crean unha rede de intereses mutuos eficacísima para perpetuarse nel (Galiza, Castilla-La Mancha, Extremadura, Andalucía, Euskadi... a Catalunya de CiU durante un feixe de anos, o governo de Felipe González). Vencer iso é imposivel, así que só queda agardar a que os excesos de confianza derivados dese xeito de entender o poder (corrupción e autoritarismo) acaben por resultar tan desmesurados que resulten inaceptáveis para a cidadanía. Trátase de suicidios políticos, como os cometidos polo PSOE entre o 93 e o 96, enmerdados até as orelhas por escándalos de toda condición, ou este que acabamos de vivir nas últimás horas, cun PP entregado ás máis baixas das mentiras e as manipulacións, mentres a xente, pasado o impacto inicial da masacre, erguíase esixindo a verdade. O PP perdeu as eleicións na tarde-noite do sábado 13 de marzo, unha tarde-noite emocionante e estranha, case clandestina, que eu vivín coa sensación de estar participando dun acontecimento histórico. A realidade, 24 horas despois, superou todas as expectativas.

E que non volvan nunca máis, por favor.



5
De: Martin Pawley Fecha: 2004-03-15 02:38

Repito aquí un comentario que deixei no moi recomendável blog de deneno:

Curiosamente o voto útil non perxudicou de todo a EU-IU na Galiza, que pasou dos 21.127 votos do 2000 aos 30.894 de onte. A que se debe o feito de que, con todo en contra e coa certeza de que non tinhan posibilidade de obter escanos nestas provincias, EU-IU melhore os seus resultados, e o BNG, porén, perda a un de cada tres votantes? Non será tempo xa de que no Bloque alguén faga algo de autocrítica, ou seguirán apostando a que para a próxima todo lhes vai ir melhor? Cada vez que corre algo de vento, o BNG colhe pulmonía.



6
De: Martin Pawley Fecha: 2004-03-15 02:44

E, por certo, aínda tenho unha predicción pendente de se cumprir...



7
De: Vendell Fecha: 2004-03-15 08:58

Vaia deseñando un menú de multiculturalidade ibérica pra ese encontro de análise e eintercambio de presentes que temos pendente.



8
De: Moebius Fecha: 2004-03-15 09:26

Vaya éxito para el del zapato (no me refiero a ZP). Que siga así por muchos años.



9
De: Martin Pawley Fecha: 2004-03-15 22:18

O do zapato debe ser Beiras, pero tenho entendido que o líder do BNG agora é un tal Anxo Quintana. Perderon un de cada tres votos, pero seguen pasando dos 200 mil. Sospeito, Moebius, que o que a vostede lhe fai dar botes de ledicia é o espectacular aumento de ERC e o afianzamento do PNV como primeira forza política en Euskadi, e imaxino que tamén toleará co entusiasmo ao ver ao nacionalismo tamén presente desde Navarra.



10
De: Martin Pawley Fecha: 2004-03-15 22:20

Será un pracer, Vendell. Creo que vai tocar un menú ben mediterráneo, cun achegamento ao mundo árabe da man da cocinha de Marrocos para quen se atreva.



11
De: Pippa Fecha: 2004-03-15 23:20

Pawley, ya ha leído el artículo de Barreiro de hoy en La voz? otra vez vuelve a no cortarse un pelo :-)



12
De: Martin Pawley Fecha: 2004-03-15 23:27

Lin, lin. Magnífico, ademáis.

Eu recoméndolhe que lea tamén este, pero procure preparar antes unha infusión, por se se lhe revolve o estómago...



13
De: Yabba Fecha: 2004-03-15 23:58

Non lle fixen caso, Pawley ... e coma sempre fixen mal. Ai, que falla me fai nestes momentos esa infusión que recomendaba e que non tomei... arrgggg.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 23.20.157.174 (f8ae440b99)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley