caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Hai motivos
> Hai motivos <

Unha conversa nun taxi creada por Joaquín Oristrell. As explicacións dun experto sobre o Plan Hidrolóxico que nos trae Pere Portabella. A sinxela pero brilhante metáfora visual de David Trueba e a estranha mensaxe de Iciar Bollaín. O retrato áspero da soedade dos maiores de José Ángel Rebolledo. As declaracións dos pais que viron como o colexio laico dos seus filhos era adquirido pola temível Lexión de Cristo, recolhidas por Pedro Olea. Un sórdido conto infantil de Juan José Millás narrado por Pilar Bardem, con Yolanda García Serrano detrás das cámaras. José Luis Cuerda e Miguel Ángel Díez demostrando que non hai nada tan demoledor como un bon arquivo de imaxes. O manifesto dos trabalhadores de Antena 3 denunciando a falta de liberdade nos servizos informativos da man de Imanol Uribe. A visión de Juan Diego Botto sobre a dobre moral do governo á hora de decidir que cousas son terrorismo e cales non. A vergonha de Guantánamo, por Daniel Cebrián. El Gran Wyoming dando voz á nai e irmáns de José Couso, o cámara asasinado polo exército americano hai once meses en Bagdad. A ousadía de Vicente Aranda. A montaxe preparada por Julio Médem a partir do material gravado para La pelota vasca. Manuel Rivas recreando a traxedia do Prestige con sorprendente talento fílmico.

Todos estes trabalhos pertencen a Hay Motivo, a visión de 32 cineastas sobre a realidade da España de hoxe. Poden verse todos eles nas webs que prepararon para a ocasión os xornais El País e El Mundo; a película completa vai ser emitida tamén hoxe mércores, ás 23 horas, e o venres 12, ás 15:00, na cadea de emisoras locais de televisión Localia. O conxunto fica lixeiramente coxo, e inclúe cousas cativas (o de Sigfrid Monleón), innecesarias (o de Mireia Lluc), bobas (a ¿homenaxe? a Resnais que se marca Ana Díez) e algunha francamente nefasta (o penoso videoclip perpetrado por Víctor Manuel); pero iso non quita que sexa enormemente recomendável. O melhor de todo, sen dúvida, o magnífico segmento da directora Gracia Querejeta, unha pequena lección de montaxe de imaxes e sons.

É evidente que sobran os motivos.

dos arquivos estranhos: A rede universal (02/10/2003)

2004-03-10, 01:00 | 5 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/16529

Comentarios

1
De: Títalo Fecha: 2004-03-10 22:15

Tamén no Forum da Coruña, mañá xoves as oito e media, fan un pase en "tele grande".



2
De: Martin Pawley Fecha: 2004-03-10 22:20

É bon sabelo, aínda que non vou poder ir.

E quen precise mais motivos, que pique aquí.



3
De: Belatza Fecha: 2004-03-10 23:21

Hay que ver lo rápido que eres, Pawley. :D

De todos los cortos, sin ánimo de trivializar demasiado para lo poco que me prodigo, me gustan especialmente los de Jose Luis Cuerda, Vicente Aranda, Iciar Bolláin (¡qué puntazo!), Pere Portabella, Pedro Olea y el Gran Wyoming.
Algunos, muchos, de ellos son muchos más contenido que forma y en otros se evidencian las prisas y las carencias técnicas del presupuesto 0.. pero en la gran mayoría se impone la voluntad de satisfacerse de esas verdades que en otros sitios no se nos relatan.

Agur t'erdi!



4
De: Martin Pawley Fecha: 2004-03-11 02:07

Venho de ver a película completa pola televisión e reafírmome no que escribín onte despois de velos na pantalhinha da web de El País. Eu creo que malos, malos, o que se di malos, hai moi poucos: o de Víctor Manuel, o de Ana Díez, o de Sigfrid Monleón, o de Isabel Coixet (esta mulher é un misterio para min: por máis que miro non lhe vexo mérito ningún ao que fai)... Non entendo a que vén a curtametraxe de Mireia Lluc, e creo que o tema da inmigración merecía un tratamento melhor. No aspecto formal, e tendo en conta as circunstancias, sigo crendo que o de Gracia Querejeta é moi notável, e tamén o é o de Manuel Rivas, con eses planos de olhos de peixes. E todos os que manexan imaxes de arquivo ou tenhen un carácter abertamente documental (o Yakolev, a Lexión de Cristo, José Couso, as frases de Aznar no debate do 93, o telediario de Urdócil...) son enormemente interesantes. Creo sinceramente que paga a pena achegarse á maior parte destes 32 motivos.

Alégrame velo de novo por aquí, Belatza, e alégrame ver a súa casa aberta, aínda que sexa só un pouco nada máis.



5
De: Nelo Fecha: 2004-03-14 00:42

Tamén está a alternativa de baixalo mediante algún sistema P2P. Na rede edonkey ten a seguinte ligazón:
ed2k://|file|¡Hay_Motivo!_Tres_Minutos__Pelicula_completa_DivX5.avi|718133248|99B1C45376D68DEF8ECD3D50A2814815|/



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.156.67.122 (20fa5e6ad8)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley