CINCO ANOS BLOGUEANDO!
(if you've got a blacklist, I wanna be on it)
Inicio > Historias > Dez grandes textos de Xabier P. Docampo
> Dez grandes textos de Xabier P. Docampo <
Todo canto eu levo escrito, que non é moito nin relevante, pero tamén todo canto eu chegue algún día a escribir, débollo a el. Ao que lle levo lido e escoitado. Ás súas palabras e aos seus silenzos. Á súa actitude comprometida pero tamén á súa permanente disposición a descubrir e sorprenderse. Os que temos o privilexio da súa amizade sabemos que alén de ser un escritor excepcional, dos que se contan cos dedos da man, Xabier é un home xeneroso, dono de infinidade de historias e anécdotas das que podemos sempre tirar algunha aprendizaxe.
En Bolboretas, a súa última obra, fálanos do amor. Do amor que nace como un xogo compartido, que se descobre e se transmite ao ser amado que nos leva da man na procura da felicidade. Porque a felicidade é ter milleiros de bolboretas a voar dentro de nós.
O texto de Xabier é fermoso e delicado, como os bos recordos, pero o que acaba de convertir un relato magnífico nun libro único é o traballo de Xosé Cobas como ilustrador. Cobas posúe a técnica e a imaxinación precisa para xogar cos conceptos visuais, desfácendoos e volvéndoos a facer, xerando nos lectores atentos multitude de sensacións. Crea imaxes enormemente expresivas, moitas veces desde a pura abstracción, facendo da cor un elemento cheo de forza narrativa. O labor de Cobas, sempre espléndido, benefíciase desta vez dunha edición que o presenta como se merece.
O lanzamento de Bolboretas é unha ocasión idónea para recuperar despois de varias semanas a tradición das listas dominicais. Ocúpome hoxe, e cun especial entusiasmo, de dez grandes textos de Xabier P. Docampo, que é tanto como dicir dez boas razóns para a leitura:
Que bien lo ató el gallego calvo y sanguinario. En época de elecciones, Pawley hablando de mariposas y la historia más comentada de Blogalia trata sobre los premios del Imperio, ¡¡hay que joderse!!. Vamos a más.
Xa ve, Moebius, escapismo tamén neste blog. Por sorte fican individuos coma você, exercendo de heroico vixía e sacudíndonos un pouco de cando en cando.
Contra, se hai veces que até penso que entende o galego, e todo.
Este texto usareino nos cursos de creación literaria como exemplo de hipérbole. Até agora vinha usando as famosas "Contas do Gran Capitán" que, nas dúas primeiras entradas do Descargo din:
"Doscientos mil setecientos treinta y seis ducados y nueve reales en frailes, monjas y pobres para que rogasen a Dios por la properidad de las Armas Españolas.
Cien millones en picos, palas y azadones".
Tamén é un bo exemplo de dirambo, e pode substituír ao Famoso Ditirambo de Píndaro, que comeza:
"Para los atenienses
¡Acá venid a la danza, Olímpicos dioses,
y enviad vuestra gracia gloriosa..."
En fin, que estas cousas, por sorte, din máis da xeneroridade do caorazón do que as escribe que da obra do loubado.
Fe de erratas do comentario anterior:
properidad = prosperidad
dirambo = ditirambo
Famoso = famoso
caorazón = corazón
e mesmo onde di loubado, debera dicir loado, para evitar ese hiperenxebrismo que me contaminou aló na miña alta dolescencia xunto con plantexar, coido que, etc.
En fin errare humanum est.
O sistema de comentarios está á disposición dos leitores de "días estranhos" exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.
(texto copiado hai anos do Carta aberta, que á súa vez llo agradecía ao Inagaki)