Rajoy non terá maioría absoluta, pero andará moi preto, un chisco por debaixo dos 170 deputados, suficiente, de todos xeitos, para formar governo co apoio incondicional dunha Coalición Canaria á baixa e unha só aparente indiferencia por parte de
Comenencia i Unió, algo aterrorizada polo subidón de ERC e os seus 6 deputados. Zapatero terá unha derrota digna, superando os 140 escanos, e IU ficará onde estaba, como cuarta forza do Parlamento. O BNG manterá polos pelos os seus tres escanos e o PNV seguirá ocupando a posición que ocupa desde hai vinte anos.
Xa verán que divertida vai ser esta lexislatura.
dos arquivos estranhos: repartos eleitorais (27/05/2003)
¶