caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > And the Oscar goes to...
> And the Oscar goes to... <

Mellor película, mellor director (Peter Jackson), mellor guión adaptado (Peter Jackson, Fran Walsh e Philippa Boyens), mellor música orixinal (Howard Shore), mellor canción, mellores efectos visuais, mellor sonido, mellor dirección artística e decorados, mellor vestiario, mellor maquillaxe e mellor montaxe

Colosal, brillante e dificilmente repetíbel, a última entrega da saga de The Lord of the Rings, The Return of the King, tiña todos os boletos para convertirse na grande triunfadora desta entrega dos Oscars. Ben está o que ben acaba, aínda que un cinéfilo coma min acostumado a levar a contraria sabe que todo canto ten de bon a triloxía pode conseguirse con cartos. Algúns seguimos crendo que o cine, realmente, é outra cousa.

Mellor actor (Sean Penn) e mellor actor de reparto (Tim Robbins)

Clint Eastwood deixa para a historia do cine dúas obras mestras, Unforgiven e Midnight in the garden of good and evil. Aínda non é un director verdadeiramente xenial, pero quizá con outros trinta anos de carreira acabe séndoo. Mystic River é unha película moi sólida, electrizante, das que se ven sen sacar os ollos da pantalla. Ninguén lle podía arrebatar o Oscar a Tim Robbins como actor de reparto, e como protagonista Sean Penn róuballe a Bill Murray o premio que quizá el mesmo merecera máis por 21 grams. Non hai queixa, en todo caso.

Mellor guión orixinal (Sofia Coppola)

Sofia fíxose moi coñecida pola súa nefasta actuación como Mary Corleone en The Godfather, part III. A crítica cebouse nela, non sen razón, aínda que para ser xustos hai que recoñecer que moitos foron os que descargaron contra a filla as iras que non ousaron descargar contra o pai, o auténtico responsábel da enorme necedade que foi toda a película. Despois de semellante presentación en sociedade poñerse detrás das cámaras era o mellor que podía facer. Lost in translation é a confirmación de que estamos ante unha cineasta con verdadeiro talento, intelixente dabondo como para adorar a Wong Kar Wai, feito este que lle garantiza unha parcela permanente no meu corazonciño.

Mellor fotografía e mellor montaxe de sonido

Despois da espantosa experiencia de ver Gladiator e A beautiful mind decidín que durante o próximo século non verei ningunha outra película que leve dentro a Russell Crowe. Non falarei, pois, de Master and Commander, que, dito sexa ao paso, non me interesa o máis mínimo.

Do resto: non tiven tempo aínda de ver Monster, pero alegroume ver a Adrien Brody bicando, máis castamente desta vez, a outra muller esplendorosa. Non fai falta dicir que Charlize Theron, ao igual que Halle Berry, está máis alá das definicións. Tampouco vin Cold mountain, pero imaxino que Renee Zellweger levaría o Oscar á mellor actriz de reparto por abusar dos mesmos tics e xestos de sempre. Finding Nemo é dun infantilismo atroz e Denys Arcand fixo bon con Les invasions barbares o vello dito de que á terceira vai a vencida.

En fin, que houbo anos peores.

dos arquivos estranhos: And the Oscar goes to... (24/03/2003)

2004-03-02, 01:00 | 0 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/16274

Comentarios

Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.198.108.19 (519c7a46e7)
Comentario
¿Cuánto es: mil + uno?









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley