Non hai lazo xurídico nin límite institucional que una aos que non se queren. Días estranhos estes nos que dicir o que debera ser obvio vólvese excepción admirábel. O galego 1034 recoméndame a leitura do último libro de Suso de Toro, Españois todos. Escrito con paixón, con prosa contundente e brava, Españois todos é unha defensa enérxica da xenuína democracia, lonxe da parodia vagamente franquista na que fica hoxe convertida. Unha aposta valente e libre pola construción dun verdadeiro espazo común para todos os cidadáns asentado no recoñecemento das diferenzas:
Españois somos todos, mesmo aqueles que, con todo dereito, queren deixar de selo. Cada un o é ao seu xeito, con paixón ou con desdén, con afecto ou con xenreira, pero todas as persoas que temos un número de DNI o somos. Aínda que para uns sexa a nación que lle proporciona abeiro e identidade, para outros un edificio onde ocupan espazo e para outros unha nación-cárcere opresora. Así que todos os que temos un número asignado por este Estado xogamos á baralla española, temos o dereito, e o deber, de dicir en alto o que é para nós España. Sen temor. ¶
O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.