Desde aquel día dos haikus non volvemos a convidar aos visitantes deste blog á cousa esta de xogar coas palavras, actividade que a min polo menos me parece ben gozosa. Pero resulta que hoxe recibín carta da Caixa Galicia na cal, ademais dos habituais resumos de operacións, inclúen este luminoso aviso:
Estimado cliente: En su condición de titular de libreta de ahorro a la vista de Caixa Galicia, le informamos que, a partir del próximo día 1 de abril de 2004, se aplicará una comisión de 18,03 euros en concepto de gestión por reclamación de posiciones deudoras vencidas, liquidable y pagadera a su cancelación, por cada reclamación efectiva que se produzca como consecuencia de las disposiciones en descubierto que no hayan sido repuestas conforme a lo dispuesto en el citado contrato de libreta de ahorro a la vista.
Parece evidente despois dunha leitura atenta e repousada do texto que de todos os xeitos que había de explicalo o redactor do mesmo optou polo menos fluido. É frecuente que nos documentos máis ou menos oficiais a xente se decante con decisión e enerxía pola prosa espesa e escura, procurando que calquera cousa sinxela acabe por parecer inintelíxivel. Conscente de que a melhor forma de distinguir o bon do malo é estudar en detalhe o malo, pídolhes hoxe a súa colaboración para que introduzan na sección de comentarios textos saídos da perigosa imaxinación de toda sorte de bancos, xulgados, administracións e particulares con vocación bur(r)ócrata, co fin de que coa súa análise todos entendamos (eu o primeiro) canta sabiduría se agacha ás veces na brevidade.
Pues no crean que las recibidas en catalán son más claras. Lástima que no la tengo ya, pero recibí una con un mensaje parecido y casi tan ininteligible como esa. No podrían decir, simplemente, "Señores primos, a partir de hoy vamos a cobrarles más si se quedan en números rojos"?
O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.