caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Para que nos serven as matemáticas?
> Para que nos serven as matemáticas? <

Para que nos serven as matemáticas?

a) Para saber cantos botes debemos comprar cando necesitamos pintar unha habitación

b) Para botar contas dos euros que debemos ingresar cada mes para amortizar unha hipoteca

c) Para calcular que cantidade de cada ingrediente precisamos se queremos convertir unha receita de cociña para catro persoas nunha receita para sete

d) Para aprender despois máis matemáticas

e) O obxectivo de todas as formas do coñecemento, incluídas as matemáticas, debe ser sempre a paz

(Cada resposta acertada será evaluada con tres puntos. As respostas erróneas restarán un ponto cada unha na nota final. As respostas en branco non califican)

2004-02-04, 01:00 | 11 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/15395

Comentarios

1
De: Cesare Fecha: 2004-02-05 01:48

Respecto da pintura, hei de dicir que as matemáticas non son unha cencia exacta: ou quedas sen bote ou poste no problema de que facer cun bote de 5 litros de titán-laranxa.



2
De: Martin Pawley Fecha: 2004-02-05 02:03

Acho que ese é un problema ben suxerente, Cesare.

Mentres tanto, meditemos un pouco levados pola man de Ubi:

"Muito do que ainda restou e que se ensina no modo tradicional, descontextualizado, está lá por mesmice. Ninguém tem coragem de tirar dos programas. A única razão é de natureza histórica – há tempo se ensina isso. E o professor infere: "se me ensinaram é porque era importante, portanto...ensino o que me ensinaram".Ninguém ilustrou melhor essa reflexão que René Thom, um dos mais importantes matemáticos do século, ao divulgar um poema de um sábio chinês, que diz:

"Havia um homem que aprendeu a matar dragões e deu tudo que possuía para se aperfeiçoar na arte. Depois de três anos ele se achava perfeitamente preparado mas, que frustração, não encontrou oportunidades de praticar sua habilidade." (Dschuang Dsi)

"Como resultado ele resolveu ensinar como matar dragões." René Thom



3
De: Vendell Fecha: 2004-02-05 08:40

¿Insinúa vd que as matemáticas lle serven a Aznar para face-las contas do que lle queda de hipoteca e o mesmo tempo para colaborar na percura da paz mundial?

Mesmo él tamén leu O hombre sen atributos de Musil tal e como propoñe o Urbi.



4
De: dorfun Fecha: 2004-02-05 12:12

Xa me tocaches a fibra sensible!!!
Onte daban nos reportaxes da duas un sobre os xogos de azar, casinos e todo iso.
E veume a luz, a famosa familia Pelayo, que se forrou a base de baleirar casinos... coa axuda das matemáticas.
Debe ser o maior beneficio económico directo dun resultado matemático.



5
De: Dorvisou Fecha: 2004-02-05 13:05

As matemáticas serven, máis ou menos:
a)para contar polos dedos.
b)para quedar en ridículo diante dos filhos.
c)para saber cantos días quedan ata primeiros de mes.
d)para facer o amor salvaxemente e dar marcha atrás antes de contar ata tres.
e)para medi-lo tempo,a luz e o espazo, a imbecilidade da xente...

d)



6
De: Indi Fecha: 2004-02-05 22:36

Existe un fomentador ministro que soubo dar resposta a esas e o resto das conxeturas matemáticas: hai que pasar directamente os kilómetros a pesetas, ou se é preciso a euros.
Tenho algún ca outro futurible ministro de fomento entre os meus de 8-9 anos que pretenden facer o mesmo cando resolven o problema.
Xa saben eles da minha resposta: haxa paz, liberté e fraternité.



7
De: EMF Fecha: 2004-02-06 03:27

As matemáticas han servir, pero ao fomentador ministro non lle serviron ou non as viu moito, xa que chegou a dicir de certo maldito barco 'accidentado':

'Nuestra información fue precisa, exhaustiva y sobre parámetros totalmente medibles (22.11.02)'

'El tamaño es este, luego puede ponerse el peso que se quiera porque no hay báscula para pesarlo (22.11.02)'



8
De: Vendell Fecha: 2004-02-06 08:52

Ten razón EMF. Ben emprgadas, as matemáticas dan autoridade e solidez a calquera discurso. Por exemplo: a quinta parte da humanidade vive por baixo do umbral da pobreza ou cun pe a cada lado. Por exemplo: os parámetros macroeconómicos indican que España vai ben. Por exemplo...



9
De: IaRRoVaWo Fecha: 2004-02-06 17:43

As matematicas serven pra:

a)Que chegue unha profesora sustituta e explique á súa maneira...
b)Que volva o profesor e explique cousas faciles
c)Que estudes pouco pra o examen
d)Que no examen, o ------ do profesor poña preguntas moooooiii dificiles
e)Que no examen te rias do "ben" que o fas co compañeiro de acaron tua.
f)Que non queiras saber a nota do examen.



10
De: xas Fecha: 2004-02-06 19:37

eu tiña paixon polas cifras
ata que topei con aquel profe de 2º de BUP



11
De: GO TO LIVE Fecha: 2004-02-17 11:27

a vida e unha traxedia para quen sente i unha comedia para quen pensa.
(matematicas aplicadas)



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 23.20.225.97 (89e00f6a88)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley