caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > No meio do caminho
> No meio do caminho <

Chamámolos inmigrantes, aínda que realmente se chamen Ibu ou Ahmed. Cada un deles ten a súa propria familia, os seus proprios amigos, as súas proprias crenzas e a súa propria lingua. Pertencen a un colectivo amplo e complexo, pero nos resulta máis cómodo identificalos como un grupo homoxéneo de seres indistinguíveis, xente á cal nunca veremos nuns grandes almacéns canxeando corticoles.

Cruzámonos con eles a diario polas rúas. Vémolos ás veces nas noticias, detidos pola Garda Civil nada máis pousar pé en terra. A moitos dos que afogan tamén os vemos na prensa, cando o mar devolve ás praias os seus corpos hinchados. Sabemos de onde venhen e sabemos a onde chegan, pero ignorámolo todo do caminho que fixeron, do arriscado éxodo que os leva da nada á nada. Ninguén baixou dabondo para contárnolo.

Pregúntome até que ponto o desconhecemento conscente é unha forma de desprezo.


Leiras da BloGaliza: cotidiania en fotos

2004-02-02, 01:00 | 7 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/15261

Comentarios

1
De: Dorvisou Fecha: 2004-02-03 04:26

Só cando o negro di que é americano, parece que é menos negro. Somos unha sociedade que vivimos de espalda cara a realidade. A indiferencia é brutal.
Eu, seino moi ben porque cada manhan os meus olhos baten con eses SERES HUMANOS que deambulan sin GPS, polas ruas do meu povo.
¿Cómo lhe podría expricar a minha filha que os nenos de Africa son nenos como ela?, si ela, xa sabe que non.



2
De: Yabba Fecha: 2004-02-03 16:02

E o mais triste é que esta sociedade que rexeita ós inmigrantes, que pensa que mellor que quedaran no seu país (ainda que alí morran de fame) e que os persegue ata con violéncia, é a mesma sociedade que en tempos non tan remotos foi a meirande fábrica de emigrantes do mundo.
Como fillo de emigrante, nado fora de Galicia, fáiseme totalmente paradóxico ver un galego xenófobo. Eso debería ser un oxímoron por dereito propio. Os dous conceptos non casan.



3
De: xastellas Fecha: 2004-02-03 21:28

ha uma pedra
no meio do caminho



4
De: xastellas Fecha: 2004-02-03 21:28

ha uma pedra
no meio do caminho



5
De: Indi Fecha: 2004-02-03 23:56

Pawley e cortés nas formas. Chamámolos indocumentados ou ilegais, cando non negros, sudacas, mouros, mortos de fame e outras lindezas do noso moi variado e xenófobo vocabulario. Tampouco é que sexamos os máis malvados do mundo, noutros lugares fan o mesmo: sempre buscas a quen esmagar mentres non lambes o sul corporal dos poderosos.
Se me permitides recomendo a lectura seguinte:
http://www.amis.monde-diplomatique.fr/article.php3?id_article=249



6
De: peke Fecha: 2004-02-04 12:01

Máis que de desprezo, de ignorancia, que é a nai de todos os males.



7
De: Anónimo Fecha: 2004-02-05 12:11


A acción é sempre a mesma sexa o tema que sexa...



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.198.118.102 (1dcd232d5d)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley