caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > La culpa ajena
> La culpa ajena <

O próximo sábado entregaranse os Premios Goya do cine español, que desta vez recompensarán o trabalho de Icíar Bollaín en Te doy mis ojos. A película ten todo para ganhar: é suficientemente digna como para que calquera espectador saia satisfeito, e suficientemente mediocre como para non inspirar agresivos sentimentos de envexa entre os votantes dos galardóns. Xa se sabe que a xenialidade (lean Erice, Redford, Scorsese, Tavernier...) raras veces anda presente polo palmarés dos diferentes certames cinematográficos, que soen preferir froitos conxunturais facilmente esquecíveis. Te doy mis ojos destaca tan só pola súa estupenda parelha protagonista, Laia Marull e Luis Tosar; tenho a sospeita de que o galego Tosar vai pasar os próximos anos recolhendo premios, un tras doutro.

Nada relevante entre o resto de candidatas aos Goya deste ano, tendo en conta que David é aínda peor que Fernando, e que Mi vida sin mí de Isabel A Que Huelen Las Nubes Coixet non pasa de ter a profundidade emocional e intelectual dun anuncio de compresas. O morbo estará en saber se os académicos ousarán premiar no apartado documental a espléndida Pelota Vasca de Julio Médem, ou ben tratarán de portarse ben até que se fagan realidade os anunciados 28 milhóns de euros para o Fondo de Protección da Cinematografía.

En El Cultural festexan os Goya cun artigo do sempre lúcido Miguel Marías. Excelente tirón de orelhas o que el fai cara unha ¿industria? ciclotímica e con excesiva tendencia a mirar para o proprio embigo. Eu, desde logo, non o sabería dicir melhor.


Leiras da BloGaliza: catuxa

2004-01-29, 01:00 | 11 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/15089

Comentarios

1
De: Martin Pawley Fecha: 2004-01-30 00:34

Non se perdan no mesmo Cultural o pequeno texto escrito polo ex-conselheiro paranoico.

Ai, Jasús, Jasús!



2
De: ander Fecha: 2004-01-30 02:56

Morboa baino gehiago polemika da izango dena Goya sarietan. Bestela ikusi zer montatuko duten AVT-ko "lagunak":

Begira, begira ...



3
De: Martin Pawley Fecha: 2004-01-30 03:54

ander, moi pronto terei na casa algún material sobre o euskera, dicionario incluído, co cal o meu nível na lingua melhorará consideravelmente. Desconcértame iso das cousas maravilhosas tendo en conta que o enlace nos conduce á SinRazón... Os da AVT tenhen todo o dereito a manifestarse como lhes pete, por suposto; o mesmo que eu tenho para dicir que a súa atitude contra Médem é profundamente absurda. Que chamen a Savater para que lhes faga palmas, xa postos.



4
De: Vendell Fecha: 2004-01-30 09:00

Falando só de filmes, pregunta sen malicia: imaxine unha película X, e dicir, unha película calquera dirixida por un director Y. Vai a ver a película e resulta que non lle gusta. ¿Cómo o expresaría sen descalificar nin ao filme X nin ferir a dignidade do director Y?



5
De: Vendell Fecha: 2004-01-30 09:02

As declaracións sobre os efectos do Nadal nas vidas deses escritores son antolóxicas. Ay os artistas XDDDDD



6
De: ElPez Fecha: 2004-01-30 09:04

Y ya puestos con la cinematografía española... ¿qué me dicen de la "campaña" de promoción del cine español a base de niño, no digas caracoles ni te embargues con el beisbol que eso no es de nuestras raíces?

Podría ser simplemente penoso. Pero es peor.



7
De: ander Fecha: 2004-01-30 13:02

Los de la "Sin Razón" no tienen permanlink. Así que el link que puse antes ahora nos lleva a otra noticia.

Antes solo decía que más que morbo lo que habrá será polémica. Que miraseis lo que van a montar los de la AVT.

Extraigo algunas partes de la noticia:

"convocatoria de la Asociación de Víctimas del Terrorismo, que quiere reunir el sábado a sus miembros a la entrada al Palacio de Congresos y Exposiciones del Campo de las Naciones, donde se celebrará la gala de los Premios Goya, para protestar por la candidatura del filme de Julio Medem «La piel contra la piedra. La pelota vasca» en la categoría de Mejor Documental. El lema de esta convocatoria será «Víctimas del terrorismo contra el pelota vasco, la nuca contra la bala»."
(...)
"Por su parte, la AVT explicó a LA sinRAZÓN algún detalle más sobre la concentración silenciosa del sábado, en la que, además de encenderse 936 velas en memoria de las víctimas del terrorismo (817 de ellas de ETA), se repartirán dos clases de pegatinas: unas 1.500 con el lema «ETA No» y unas 500 en las que podrá leerse «No al Medem», en referencia al «No a la guerra» del año pasado."
(...)
"Por su parte, el secretario General de la Unión de Actores y de la Federación de Actores del Estado Español, Jorge Bosso, manifestó a Ep su «más sincera adhesión» a la víctimas del terrorismo de todo el mundo y advirtió de que, al convocar esta movilización «se quiere ir contra un sector para dividirlo, o peor, para hacerle pagar lo que no agradó al poder», las protestas contra la guerra de Iraq en la entrega de los Goya el año pasado. «La Unión de Actores está en contra de la violencia terrorista de ETA. Puedo decir que estamos en contra de toda violencia y de todo terrorismo. Del terrorismo de Estado también. Los actores en general, incluso más allá de la Unión, se han manifestado en contra del terrorismo, y algunos personajes destacados de nuestro sector han asumido riesgos personales», recuerda Bosso en un comunicado. En la nota, subraya que los actores, «como el resto de toda la ciudadanía», son «libres de manifestarse defendiendo una idea». Pero añade: «Me parece que se pierden las medidas, y se corre el riesgo de que haya reacciones en contra de parte del sector»."



8
De: Cesare Fecha: 2004-01-30 20:18

Vaia, señor Pawley.
Discrepamos desta volta.
Ou non, porque eu véxolle bastante fondura intelectual e emocional aos anuncios de compresas.
Ou ao mellor son amigo da frivolidade e a lixeireza, que tamén pode ser.



9
De: xastellas Fecha: 2004-01-31 00:11

A mín gustoume "Cosas que nunca te dije" Things I never told?. Non vin as outras.

Os anuncios de compresas, aparte do divertido do tema, algo deben ter, que insisten na liña decomunicación



10
De: Jueves Addams Fecha: 2004-01-31 12:29

Como de costumbre, concuerdo con sus opiniones, y más aún con las del señor Marías (que nunca me ha sido simpático precisamente): cuando una película española consiga simplemente interesarme o entretenerme, y no tenga la sensación de que me han robado, puede que vuelva a ver otra. Entretanto, no pienso volver a frecuentar al cine español. La vida es breve, mi economía floja, y prefiero no llevarme malos ratos.
Saludos



11
De: María Fecha: 2004-02-01 16:04

Sr. Pawley, ben que concordamos nalgunhas cousas, pero ben pouco cinematograficamente. Tanto Trueba (mellor David ca Fernando, anque Opera Prima é unha das películas españolas máis divertidas e brillantes de todos os tempos) como Coixet son cineastas honestos e talentosos que contan historias sinxelas e cóntanas ben, e a min polo menos conseguen emocionarme.
O tema das compresas daría para moito máis... se cadra fago un post.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.225.16.10 (f23115c6d6)
Comentario
¿Cuánto es: mil + uno?









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley