caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Moción Non
> Moción Non <


Praza Irmáns Suárez Picallo de Sada, hoxe ao meiodía

"Esta deslealtad se rompe si los representantes políticos, parlamentarios, concejales, movidos por intereses estrictamente personales, pasan de un grupo político a otro distinto, en un acto de deslealtad absoluta a su formación y a los ciudadanos que con su voto han hecho posible su elección, provocando por ejemplo cambios de mayorías que no se corresponden con la elección democráticamente configurada, fomentando la aparición de sobornos, ofrecimiento de prebendas, etc... Es decir, aparece la corrupción."

Mariano Rajoy, nun seminario sobre a corrupción organizado polo Centro Latinoamericano de Administración para el Desarrollo. Texto íntegro aquí.


Leiras da BloGaliza: mimosita

2004-01-18, 01:00 | 10 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/14659

Comentarios

1
De: Indi Fecha: 2004-01-18 22:55

Aproveito que estou sozinho lendo o blog, cousa que non me fai nada mal, para facer un comentario. Ao que non estou disposto é a indixesta dun texto completo de quen dixo iso de "Soy Rajoy y voy a Raxoi porque tengo una Junta de la Xunta", ou algo parecido, sendo vicepresidente da mesma.
O de Sada como o doutros moitos lugares terá solución. Témos pasado peores momentos esigo a lembrarme dunha cantiga de Zeca Afonso da que tenho o nome esvaído por falta de uso.
Mais escoiteina unha vez en Radio Renascença.
Boa Viaxe



2
De: Martin Pawley Fecha: 2004-01-18 23:09

A cita que puxen de Rajoy leuna onte no acto que tivo lugar na Casa da Cultura de Sada o poeta e editor Miguel Anxo Fernán Vello, quen, por certo, escribiu este artigo hai un par de semanas para ese xornal de cuyo nombre no quiero acordarme. É un texto interesante, do que se deduce que evidentemente o partido que el lidera non terá a máis mínima dúvida en expulsar aos oito concelheiros do PP de Sada. E, de paso, tamén aos de Carral con varios meses de retraso.



3
De: Indi Fecha: 2004-01-18 23:15

Se como rezaba a publicidade doutros tempos "una copa de Mago es mucho", o de "Moncho es mucho"de Sada ten que dar para un cadro clínico.



4
De: Martin Pawley Fecha: 2004-01-18 23:22

Aproveito a ocasión tamén para saúdar máis unha vez á xente da Plataforma Cidadá pola Democracia en Sada, que lideraron as demostracións de cidadanía das últimas semanas na vila corunhesa; e, en especial, aos seus voceiros, Xan Carlos Medal, definitivamente erixido no melhor facedor de manifestos das Marinhas, e Víctor Suárez, xove poeta que protagonizou a máis brilhante intervención no acto do sábado.

Non lhe parece, Vendell, que o Víctor debera facer un blog?



5
De: indi Fecha: 2004-01-18 23:23

"Magno", disculpen, hai tempo que deixei eses espirituosos para banharme no cava acompañado do heno de pravia e o lagarto.



6
De: Martin Pawley Fecha: 2004-01-18 23:28

Eu nunca cheguei a mergulhar de todo no mundo dos espirituosos debido a que descubrín a tempo o licor café.



7
De: Vendell Fecha: 2004-01-18 23:44

Certo que sí, Pawley. Hai que facer o posible por afastar os poetas das revistas de poesía.



8
De: Martin Pawley Fecha: 2004-01-18 23:55

Suponho, a todo isto, que se decatarían de que se pican na foto poden vela un pouco mais grande...

Certo, Vendell. Hai que afastalos das revistas de poesía e dos anuncios do Xacob(r)eo ;-)



9
De: Vendell Fecha: 2004-01-19 00:17

Non, déixeos estar nos anuncios, para que saiba o mundo enteiro que neste pais hai poetas para exportar.



10
De: EMF Fecha: 2004-01-19 04:08

"O pobo é quen máis ordena", así debería ser, sí.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.197.75.83 (ccf77fbda8)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley